Actividades do centro, Educación Física, Infantil, Primaria, Educación Musical, The English Corner
Almorzos saudables
Enviado por Anónimo o Ven, 24/03/2017 - 15:04Esta mañá, grazas ao Concello de Vigo o alumnado de 3º, 4º e 5º de Primaria puido gozar dunha charla, baixo a temática "Almorzos Saudables". Aprenderon unha morea de cousas sobre a importancia de comezar o día cun almorzo san e completo, que favoreza o seu desenvolvemento e rendemento escolar. E para rematar, como non podía ser de outra forma, que mellor maneira de aprender que experimentalo directamente. Sen dúbida, un obradoiro moi saboroso.
Un planetario no cole!
Enviado por Anónimo o Ven, 24/03/2017 - 14:50Esta semana grazas a Obra Social "La Caixa", o alumnado do cole puido gozar dunha experiencia estelar. No ximnasio do cole montouse un fabuloso planetario móbil. Trátase dunha instalación ideal para a aprendizaxe e a divulgación da astronomía; para achegar o ceo aos nenos que aínda o descoñecen, e aos adultos que o esqueceron. O planetario constaba de 4 programas baixo o título "O ceo das estacións" e unha pequena curtametraxe titulada "A nena que sabía camiñar do revés". Sen dúbida unha forma lúdica e motivadora de coñecer o universo. Aquí deixamos un pequeno vídeo do moito que gozaron os mais cativos do cole con esta experiencia.
Os Guerreiros de Terracota
Enviado por admin o Mér, 08/03/2017 - 05:32O pasado mes de febreiro visitamos a exposición dos Guerreiros de Terracota.
O alumnado fixo unha viaxe no tempo e no espazo para trasladarse ata o gran Imperio Chino, atopándose con reproducións dos orixinais do exército de Xi´an e tamén con reproducións de ferramentas, xoias, armas, cabalos,...
Se premedes na imaxe veredes o atentos que estiveron.
Festa da auga
Enviado por Anónimo o Dom, 26/06/2016 - 16:14No CEIP O Sello despedimos este curso escolar pasados por auga e cheos de escuma.
Mirade como o pasamos de ben!
Día da Poesía
Enviado por admin o Ven, 17/04/2015 - 03:58O pasado 21 de marzo celebramos na Biblioteca o Día da Poesía. Cada clase leu o poema que traballara na clase a tódolos seus compañeiros, e así gozamos dunha boa experiencia poética todos xuntos.