Iniciar sesión: Acceso

Actividades do centro, Educación Física, Infantil, Primaria, Educación Musical, The English Corner

Plan Proxecta 19-20

Este cuso participamos no Plan Proxecta e realizamos diferentes actividades:

  •  "O Sabor da Aventura está no mar"

Realizamos un obradoiro no centro no que o noso alumnado aprendeu moito dunha maneira divertidísima!. Tamén fixemos unha visita ao mercado de Bueu, na que os nenos asistiron a poxa de peixe, aprenderon sobre a arte da pesca e por suposto degustaron alimentos do mar.

  •  “Ponlle as pilas ao teu bocata”.

Ademais de pasalo xenial, aprenderon a facer bocatas  con distintos produtos saudables como leituga, atún ou tomate.

Premede aquí para ver fotos das actividades.

Hip-hop o Sello

A Escola de Baile Pasos visitou o noso centro para dar unha masterclass de hip hop aos nosos alumnos.

O hip-hop​ é unha cultura e movemento artístico orixinado no Sur do Bronx e Harlem, na cidade de Nueva York, entre os xoves afroamericanos e hispanos durante a década de 1970.​ O término hip hop úsase a miúdo para referirse ao estilo musical (tamén coñecido como rap), considerase que o hip hop non soamente se reduce ao ámbito musical e polo contrario consta de catro elementos: rap (oral: recitar ou cantar), turntablism o "DJing" (auditiva ou musical), breaking (físico: baile) e graffiti (visual: pintura).

A continuación podemos ver uns vídeos do traballo realizado, moitas grazas pola visita!

 

 

Artistas CEIP O Sello

Durante o mes de novembro o centro tivo a sorte de participar no proxecto do Concello de Vigo chamado "Vigo cidade de cor", polo que a artista Iria Prol pintou un mural precioso no noso centro, e ademais Lorena Arévalo fixo un taller de creación artístico cos maiores. Esperamos volver a formar parte deste proxecto nos vindeiros anos!!!!!!!


Visita A.D Carballal

Como todos os anos, os adestradores do equipo A. D. Carballal visitáronnos co obxectivo de que o noso alumnado coñeza un pouco mais o seu club.

Como sempre foi un pracer e o pasamos xenial.

O sabor da aventura está no mar

En setembro iniciamos as saídas escolares cunha visita ao Porto de Canido e ao Museo de Mar, grazas ao Plan Proxecta-Aliméntate Ben, na súa modalidade O Sabor da aventura está no Mar. No Porto de Canido viron o funcionamento da lonxa, e no Museo fixeron unha degustación dos produtos do mar. Premendo na foto podedes comprobar o ben que o pasamos.

Distribuir contido

Séguenos no Instagram!

Sen timbre na escola

Aquí podes escoitar os temazos que soan cada semana!

En que andamos no Sello?

Estes son algúns dos proxectos nos que participa o noso cole. Clica neles para gozar de cousiñas: