Skip to Content

Blogues

Admisión alumnado curso 23-24

Todo o alumnado que solicitou praza no CEIP O AREAL de Camariñas, resultou ADMITIDO para o vindeiro curso escolar.

O prazo para formalizar a matrícula abrangue desde o 20 ao 30 de xuño.

Axudas para o alumnado con NEAE

 

Aprende a través do surfing

Esta semana o alumnado de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria tivo a oportunidade de introducirse no surf. Para iso, a través do programa de "Aprende a través do surfing" desprazáronse ata a praia de Arou para coller as súas primeiras ondas. 

Ata o xornal de La Voz de Galicia se fixo eco desta actividade.

 

Navega con Rumbo

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, participou na actividade de Navega con Rumbo. Esta ten como obxectivo favorecer o uso responsable de internet e as redes sociais.

Mirade que atentos estaban e canto aprenderon!

Eu son inspectora urbanística. Coida do teu territorio, coido do teu

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou nun taller chamado "Eu son inspectora urbanística. Coida do teu territorio, coido do teu". O taller trataba da paisaxe galega, vendo como se organiza o territorio (zonas de cultivo, chairas, montes, poboacións), centrándose logo na paisaxe da zona de Camariñas. Ademais diso, abordaron como coidar a paisaxe vendo por exemplo a problematica das construcións ilegais.

Finalmente, realizaron unha actividade dinámica na que tiñan que ir colocando campos de cultivo, minas, fábricas, poboados... tendo en conta o traballado anteriormente.

 

Visita á Asociación Mar de Fábula

O alumnado de Educación Infantil visitou as instalacións da Asociación Mar de Fábula. Traballaron a importancia de non contaminar e a reutilización deses refugallos que atopamos nas nosas praias.

Esta actividade encádrase dentro do "PDI. Coidemos o medioambiente" do centro e dos diferentes Plans Proxecta que se están a levar a cabo este curso.

Día non lectivo

Talleres Asociación Íntegro

O martes 25 contamos coa visita da Asociación Íntegro. Grazas a eles e elas, o alumnado de 6º de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, a través de contos e talleres traballaron o tema da inclusión e a diversidade das persoas.

Moitas grazas por vir!

 

Mercado de libros

Seguimos traballando e concienciándonos sobre a reciclaxe e a reutilización, por iso, nesta ocasión e con motivo do Día Internacional do Libro fixemos un "Mercado de libros". Para iso, cada quen aportou libros que posteriormente puido intercambiar cos cedidos por outra persoa.

Mirade que forma máis divertida de ter novas lecturas! Gran idea do equipo da biblioteca.

 

Listaxe provisional de solicitudes de admisión

Todas as solicitudes de admisión presentadas no centro para o vindeiro curso 23-24, están provisionalmente ADMITIDAS.

A listaxe definitiva farase pública o vindeiro 15 de maio.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut