Skip to Content

Blogues

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

Outra das actividades que se realizaron para conmemorar o Día Escolar da Non Violencia e a Paz o pasado 30 de xaneiro, foi o traballo co conto de Wangari e as árbores da paz. Con este, entre todo o alumnado do centro creouse este vídeo no que se relata dita historia. Queredes coñecela? 

Bo Entroido!

Percorrido Entroido

O 17 de febreiro celebraremos o Entroido e sairemos ás rúas sobre ás 10:30 horas para realizar o percorrido que se ve sinalado no mapa. 

Xornadas de Seguridade no mar e Coidado do medio mariño

O pasado día 10 de febreiro, a ANPA do CEIP O AREAL organizou unha xornada de concienciación do coidado do medio mariño e unha demostración da seguridade no mar. Por unha banda, o alumnado recibiu unha charla e, por outra, tiveron a oportunidade de visitar a lancha de salvamento marítimo. Para todo iso, contamos coa colaboración da tripulación de Salvamar Altair aos que lles damos as grazas.

O xornal fíxose eco desta actividade, mirade a noticia.

Mandatos do MECO

Para a semana comeza o Entroido no CEIP O AREAL e, por suposto, os mandatos do meco debemos respectar. 

Mirade o que nos pide este ano!

Animádevos a participar!

Xoguetes reciclados

O pasado mes de novembro conmemorouse o Día Internacional dos Dereitos dos Nenos e, un destes deles é o dereito a xogar. Por iso, nós festexámolo creando xoguetes con materiais de refugallo que agora nos serven para divertirnos e xogar entre todos.

Esta actividade encádrase dentro dos Plans Proxecta (Recíclate con Sogama, Naturézate e Escola Verde), así como no PDI do centro sobre o Coidado do Medioambiente.

 

Maqueta de Camariñas

O alumnado de 2º de Educación Primaria traballou a localidade. E que mellor maneira de entender este concepto que creando unha maqueta da vila de Camariñas.

Para a súa elaboración, empregraron material de refugallo co cal crearon os recunchos máis característicos da vila: o porto, o faro, as rúas...

Esta actividade encádrase dentro dos Plans Proxecta (Recíclate con Sogama, Naturézate e Escola Verde), así como no PDI do centro sobre o Coidado do Medioambiente.

Talleres APIARIO

O pasado venres 3 de febreiro, o alumnado de Infantil e de 5º e 6º de Educación Primaria participou nuns talleres organizados por APIARIO.

Para Infantil o taller escollido foi "Branco non pinta". Neste traballaron as diferentes emocións que espertan as cores abordadas desde un xeito poético. Mentres que o alumnado de 5º e 6º de Primaria realizaron o taller de "Quen ten medo á poesía?" no cal debatiron sobre os seus propios medos e como poden ser vencidos a través da creación artística.

Mirade que ben o pasaron!

Esta actividade encádrase dentro do Contrato-Programa de EMOCIÓNA-T.

 

Maquetas Cambio Climático

O alumnado de 6º estudou o cambio climático e todas as implicacións que iso supón no noso día a día. Uns coñecementos que plasmaron nas maquetas que podedes ver a continuación. Todas elas están elaboradas usando material de refugallo.

Esta actividade encádrase dentro dos Plans Proxecta (Recíclate con Sogama, Naturézate e Escola Verde), así como no PDI do centro sobre o Coidado do Medioambiente.

Día da Paz

O luns 30 conmemorouse o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Desde o centro, realizaronse varias actividades. Unha delas está encadrada dentro do Programa Reto e tiña como obxectivo crear un campo de papopulas no que se reflectisen tanto aquelas cousas que nos fan félices coma aqueloutras que nos preocupan.

Velaquí un vídeo no que aparecen todos os centros que participamos neste programa.

Despois diso, leuse o Decálogo da Paz no que participou alumnado de todos os cursos.

Aquí vos deixamos algunhas imaxes.

Distribuir contido


by Dr. Radut