Skip to Content

Blogues

Listaxe provisional de solicitudes de admisión

Todas as solicitudes de admisión presentadas no centro para o vindeiro curso 23-24, están provisionalmente ADMITIDAS.

A listaxe definitiva farase pública o vindeiro 15 de maio.

 

Plantado árbores con pinceis

O xoves 20 realizaouse no centro un mural que representa a nosa vila, Camariñas. Isto foi posible grazas a A Fundación e a súa actividade de "Plantando árbores con pinceis". Un proxecto escolar a prol da sostibilidade e coidado do medioambiente mediante o uso de pinturas fotocalíticas anticontaminación, que absorben e depuran os contaminantes que hai no aire.

Mirade como comezou e como rematou. O alumnado de 5º e 6º foi o encargado de darlle cor ao mural elaborado polo artista.

RESULTADO FINAL

Por outra banda, os máis pequenos participaron no "Taller de pintado de bolsas de tea" con pinturas que non deixan pegada no medioambiente.

Esta actividade encádrase dentro dos Plans Proxecta (Escola Verde, Naturézate e Recíclate con Sogama).

Recollida de lixo en Area da Vila

Durante esta mañá, o alumnado de 6º de educación infantil e 6º de educación primaria, recolleu o lixo que había na praia de Area da Vila. 

Actividade Día do Libro

Proposta de actividade para o Día do Libro.

Feira matemática

O sábado 15, o alumnado que así o desexou, participou na XVI Feira Matemática organizada por AGAPEMA (Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática) en A Coruña, acompañados por algúns mestres/as do centro.

Velaquí algunhas imaxes.

 

Talleres de Mindfulness

Ao longo desta semana, todo o alumnado do centro (infantil e primaria) tivo a oportunidade de pór en práctica o mindfulness e, introducirse no mindful eating. 

Velaquí algunhas fotografías.

Esta actividade encádrase dentro do Contrato-Programa de EMOCIÓNA-T.

Talleres de Educación Vial

Antes de irnos de vacacións, o alumnado de Educación Primaria participou nuns talleres de Educación Vial. 

Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

O día 2 de abril conmemórase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e, no noso centro, dentro do Programa Reto, traballamos arredor deste tema e fixemos o símbolo do infinito no patio entre todos e todas.

Tamén podedes ver o vídeo que recolle os "infinitos" de todos os colexios que participamos neste programa.

Esta actividade encádrade dentro do Contrato-Programa de EMOCIÓNA-T

Vacacións de Semana Santa

CARTEIS CONCURSO SOGAMA

Enmarcado dentro do Plan Proxecta de Recíclate con Sogama, o alumnado elaborou uns carteis animándonos a todos e todas a reciclar. 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut