Skip to Content

Blogues

CHARLAS VELA

Nas próximas semanas comeza a actividade de vela para 5º e 6º de Educación Primaria e, por iso, o venres recibiron a primeira sesión formativa dentro da escola.

Estamos desexando comezar!

 

SESIÓNS DE IOGA

Durante dous días, todo o alumnado do centro participou nuns talleres de ioga. Neles aprenderon a relaxarse e tomar conciencia do seu propio corpo.

Velaquí algunhas imaxes.

Moitas grazas a Isabel!

Esta actividade encádrase dentro do Contrato-Programa de EMOCIÓNA-T.

Charla para as familias

O luns as familias tiveron a oportunidade de coñecer un pouco máis sobre o risco das novas tecnoloxías e o acoso escolar da man de Sergio, cabo da Garda Civil. 

Moitas grazas a Sergio e ás familias.

APRENDEMOS A RECICLAR

O alumnado de 5º de Educación Primaria foi o encargado de ensinar aos demais cursos a reciclar. Para iso, prepararon unha exposición con material teórico que, posteriormente, acompañaron dunha práctica. Finalmente, deixaron en cada aula tres bolsas para que poñamos en practica todo o que nos ensinaron.

 

Esta actividade encádrase dentro do Plan Proxecta de Recíclate con Sogama e dentro do PDI do centro.

DOCUMENTACIÓN ADMISIÓN 23-24

Anéxase información relativa ao proceso de ADMISIÓN DO CURSO 23-24.

VISITA ANXO MOURE

Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de Anxo Moure que nos veu contar a súa historia do Carballo con Botas. Son historias que defenden os bosques de carballos, teixos e bidueiras, interpretadas con monicreques e que se soben a un vello PAZtinete.

Esta actividade encádrase dentro do PDI do centro e dos diferentes Plans Proxectas. 

Resumo do Entroido

Xa rematou o Entroido e queremos compartir con todos vós como o festexamos na escola. Comezamos a semana seguindo os Mandatos do Meco, o xoves tivemos uns obradoiros de creación de máscaras e, o venres, disfrazámonos e saímos polas rúas de Camariñas. Todos os nosos disfraces están vencellados co PDI sobre o coidado do medioambiente.

Mirade que ben o pasamos!

Moitas grazas a toda a comunidade educativa pola implicación!

Admisión e matrícula 2023-2024

Publicación definitiva da solicitude de reserva de praza en centros adscritos (curso 2023-2024)

Xa está publicada, no taboleiro interior do centro, a relación definitida de alumnado admitido en relación á solicitude de reserva de praza para cursar 1º curso de Educación Secundaria Obrigatoria no cuso 2023-2024 no centro adscrito (IES PLURILINGÜE PEDRA DA AGUIA). Todo o alumnado deste centro resultou admitido.

 

Cambiando o conto

Pouco a pouco achégase o 8M (Día Internacional da Muller Traballadora) e nalgúns cursos xa empezaron a traballar sobre ese tema. O pasado 14 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, participou nun taller chamado "Cambiando o conto" impartido pola Asociación Visibles. 

Trátase dunha charla inicial sobre como nos educa a sociedade en relación aos estereotipos de xénero. Puideron comprobar que nos transmiten os contos populares: chicas guapas, delgadas, brancas... papeles diferenciados das mulleres e dos homes nos contos. E, despois desta reflexión, crean o seu conto popular dándolle a volta aos temas tratados.

Distribuir contido


by Dr. Radut