Skip to Content

Blogues

Recreación de portadas de contos

Enmarcado dentro do PDI deste curso, o alumnado fixo unha recreación de portadas de contos empregando materiais de refugallo. 

Os nosos nenos e nenas son uns verdadeiros artistas.

Conmemoración 25N

Para conmemorar esta data tan especial, ademais dos "talleres de Anxo Fariñas" e o "Pleno Infantil en Igualdade" celebrado no Concello, desde o colexio creamos unha serie de bandas con mensaxes que loitan contra a violencia machista.

Visita de Anxo Fariñas

O pasado 23 de novembro tivemos a visita de Anxo Fariñas. Todo o alumnado de primaria realizou diferentes talleres nos que se abordaron temas referentes á igualdade e á eliminación da violencia contra as mulleres.

Mirade que ben o pasaron!

Pleno Infantil en Igualdade

Participación do alumnado de 6º de Primaria na celebración do Pleno Infantil en Igualdade que tivo lugar no concello de Camariñas.

Mes da Ciencia en Galego

O pasado 17 de novembro celebramos no cole o Mes da Ciencia en Galego. Por iso, cada clase preparou un experimento que, posteriomente, mostrou aos demais nunha xornada na biblioteca. Mirade que cousas tan incribles descubriron. 

Contratos-Programa

Este curso 23-24 fomos seleccionados para participar nos seguintes Contratos-Programa.

Magosto

O pasado 10 de novembro festexamos o magosto. Para iso, comemos castañas e gozamos de xogos tradicionais. Que ben o pasamos!

Recreación de portadas de contos

Distribuir contido


by Dr. Radut