Skip to Content

Blogues

Rosalía de Castro

Este 23 de febreiro celebramos o día de Rosalía de Castro. Únete á nosa celebración premendo en cada un dos poemas e escoitándoos a través das palabras do alumnado do CEIP O Areal!

 

Mirade ademais outros dos traballos realizados polo noso alumnado.

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e no CEIP O AREAL empregamos o material de #poloscreativos para coñecer a figuras importantes neste campo.

Resumo Entroido!

Celebrando a maxia do entroido xuntos e xuntas!!

Descanso Entroido

Leite na escola

Día Mundial da Lectura en Voz Alta

Día máxico de lectura en voz alta e apadriñamentos lectores na nosa escola! Grandes e pequenos/as compartiron historias, creando lazos especiais entre nós. Esta actividade encádrase dentro do PDI. #DíaDaLectura #ComunidadeLectora #MomentosMáxicos  

Mandados do Meco

A próxima semana festexaremos o Entroido e durante toda a semana teremos que ir cumprindo os mandados do Meco. Mirade os retos que nos propoñen este ano.

Día Escolar da Non Violencia e a Paz

O pasado martes, 30 de xaneiro, o alumnado do CEIP O AREAL uniuse para promover a paz a través de mensaxes inspiradoras. Xuntos/as, estamos a construír un mundo máis amable e solidario. #XuntosPolaPAZ 

O alumnado de 5º e 6º elaborou unhas bandeiras. Mirade que ben lles quedaron!

 

Formación do profesorado en impresión 3D

Onte o noso profesorado recibiu formación en impresión 3D. Esta formación está encadrada dentro do PFPP anual. 

Tutoría entre iguais

Non hai mellor maneira de aprender que entre os iguais. Por iso, o alumnado de máis idade do centro traballou cos máis pequenos a lectura e a orientación espacial. Despois, tiveron tempo para desenvolver toda a súa creatividade no patio do centro pintando o chan con tiza.

Que xornada tan divertida!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut