Skip to Content

Blogues

Pim Pam Experimenta

Xa está dispoñible o programa da TVG no que participou o alumnado de 5º e 6º o curso pasado: PIM PAM EXPERIMENTA. Mirade que ben o pasaron e canto aprenderon!

Visita Asociación Íntegro

Este pasado xoves tivemos a visita da Asociación Íntegro que achegou ao noso alumnado de infantil e primaria a diversidade e a inclusión a través do xogo e o entretemento. 

No caso do alumnado de 6º de educación infantil, a xornada de sensibilización consistiu na lectura dun “contacontos guiado” coa finalidade de traballar os conceptos de Discapacidade e Inclusión. Ademais, realizáronse outras actividades lúdicas arredor desta temática a través da técnica do “muralismo” para intercambiar ideas e afianzar conceptos. Pola súa banda, nas aulas de 2º de primaria tamén houbo tempo para achegarse á diversidade a través do relato de “Súper Lucía”.

Datas importantes

XOGADE - Carreira de Cross

Hoxe o noso alumando participou xunto a un millar de escolares no cros de Cee. Pasádevos a ver as fotos na páxina do centro.

E aquí máis vídeos.

Patrullas de limpeza

Sabiades que os nenos e nenas do CEIP O Areal son os encargados de manter o noso patio escolar impecable? as patrullas de limpeza están a ensinar o valor do coidado persoal e colectivo.

Reserva de praza

Ata 2024!

Bo Nadal

Desde o CEIP O AREAL desexámosvos un Bo Nadal e que mellor maneira de felicitalo que cun fermoso baile. Mirade ata o final! 

Decoración de Nadal

Consellos para mercar regalos

Distribuir contido


by Dr. Radut