Skip to Content

Monthly archive

XOGOS OLÍMPICOS

Xogos Olímpicos de Inverno 2014
Sochi Rusia
do 7 ao 23 de Febreiro de 2014

Do 7 ao 23 de Febreiro estanse a levar a cabo os Xogos Olímpicos de Inverno, na cidade Rusa de Sochi. España conta con 20 participantes nestes xogos olímpicos, en deportes tan arriscados como: o Hockey sobre Xeo, Patinaxe, Esqui Alpino, Curling, Bobsleigh….
Podedes seguilo por teledeporte todos os días da semana o una web.

www.sochi2014.com



NATACIÓN CON ALETAS

As nenas e nenos do CEIP Plurilingüe e Abalar Nº 2 de Tui

practican natación con aletas

 

     Os/as alumnos/as Raúl de 5ºB, Debora e Sonia de 3ºA do noso colexio, practican deporte con moita ilusión. Deixámosvos aquí unhas fotos na piscina de Valença coas súas aletas, coas que practican natación cada semana.

     Gracias por compartilas con nós.

 

EDUCACIÓN IGUAL PARA TODOS

     Os nenos de 6º traballaron no aula sobre “A educación igual para todos”. 

Ao remataren, unha nena e dous nenos, Ana, Pablo e Daniel,  foron a Santiago onde ó Valedor do Pobo para  pedirlle  “que traballe para que todos os nenos do mundo teñan acceso a unha  educación  sen importar os impedimentos que teñan ou de que país sexan”.

 

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN

Diego Rodríguez  de 4ºC Campeón Galego de Duatlón

O pasado fin de semana 10-11 de Maio, tivo lugar o Campionato Galego de Duatlón, na modalidade de Darling. O alumno de 4º C, Diego Rodríguez, participou co seu equipo do Club Atletismo Porriño, na proba do Campionato Galego, na Categoría Benxamín Masculino.

Como podemos ver na foto o equipo subiu ao máis alto do pódium proclamándose Campións Galegos.

Noraboa! A este gran atleta e deportista, a todo o equipo  e por suposto ao seu clube polo gran traballo.

FÚTBOL TYDE

O equipo alevín do Tyde disputou a pasada fin de semana O Torneo de Fútbol de Versmold xunto a equipos alemáns, polacos e serbios

 

O equipo alevín do Tyde F.C. do que forman parte varios alumnos do Ceip Nº2 de Tui, Alejandro Areal, Itzan Nuñez, Nico Alvarez, Gonzalo Alonso e Borja Salvado, viaxaron o pasado xoves á localidade de Versmold, en Alemaña, onde de venres a domingo disputaron o Torneo U11 Champions Cup xunto a equipos alemáns, polacos e serbios. A participación do equipo tudense nesta competición xurdiu  do irmanamento entre Tui e Versmold.

Despois de varios e intensos partidos durante todo o fin de semana, o equipo tudense conseguía un destacado 6º posto. Isto supuxo toda unha experiencia para toda expedición tudense.

Noraboa a toda a expedición e ao clube polo seu bo facer.

http://www.goear.com/listen/778e7d5/programa-70-tyde-escoita-deporte-rmt

 

 

 

Xornada de Promoción de Balonmán

O martes 12 de Setembro, os/as nenos/as de primaria do Ceip Nº2 de Tui, tivemos a visita de Oscar, Marta e Miguel. Tres grandes xogadores e adestradores do Clube Balonmán Tui, que nos convidaron a participar na actividade de Balonmán. Esta actividade é gratuita e lévase a cabo no Pavillón Novo de Tui, en colaboración co Ceip Nº2 de Tui, a Federación Galega de Balonmán e a Deputación Provincial de Pontevedra.

Nik Wallenda, o funambulista dos récords

II Xornada de Volei

II Xornada de Volei

O Mércores 26 de Novembro de 2014, tivemos a II Xornada de Volei no pavillón de Randufe. Participamos 3 equipos Benxamíns e 3 equipos Alevíns. Disfrutamos de unha tarde de Volei e clasificámos para as finais que terán lugar o vindeiro mércores día 3 de Decembro de 2014 como, podedes ver a continuación:

 

Podedes atopar máis fotos e videos da xornada en www.agrudebam.es

 



by Dr. Radut