Skip to Content

Monthly archive

VISITA DE LÚA

UNHA BIBLIOTECA DE CINE
CON TODOS VÓS…
¡¡¡LÚA!!!
PARA INAUGURAR A BIBLIOTECA DO COLE RECIBIMOS A VISITA DE LÚA, A MASCOTA DA BIBLIOTECA, ACOMPAÑADA DA SÚA INSEPARABLE MELI E DE LIBRA QUE ESTÁ ENAMORADA DOS LIBROS.
NESTA OCASIÓN TROUXOERON ALGO MOI ESPECIAL, UN CORTO DE CINE PROTAGONIZADO POR LÚA, MIRADE, MIRADE QUE BEN O PASAMOS…

HORARIO VOLEI DEPORTE ESCOLAR.

 DEPORTE ESCOLAR.

Horario Volei Curso 14-15

Mércores 19 de Novembro

O mércores día 19 de Novembro, dará comezo a competición escolar de volei, a 1ª xornada terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:00h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se tiveran e chandal do mesmo. Os/as nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:15h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web:http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Rally Eurocidade 2014

Rally Eurocidade


Valença Tui


Sábado 7 e Domingo 8 de Novembro de 2014


A fin de semana pasada tivo lugar o Rally Eurocidade en Tui,  en Valença e o sábado pola tarde en Tui.


Moitos/as nenos/as de Tui disfrutamos coas nosas familias, de este fin de semana de motor.


Aquí vos deixamos algunhas fotos que nos facilitou Claudia de 4ºA do piloto de este coche, Pedro, o seu tío.


 

Rally Eurocidade 2014

Rally Eurocidade


Valença Tui


Sábado 7 e Domingo 8 de Novembro de 2014


A fin de semana pasada tivo lugar o Rally Eurocidade en Tui,  en Valença e o sábado pola tarde en Tui.


Moitos/as nenos/as de Tui disfrutamos coas nosas familias, de este fin de semana de motor.


Aquí vos deixamos algunhas fotos que nos facilitou Claudia de 4ºA do piloto de este coche, Pedro, o seu tío.


 

O equipo Alevín do C.B. Tui xogau esta fin de semana o segundo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 15 de Novembro de 2014, tivo lugar o segundo encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB, que gañaron contundentemente aos seus contrincantes do equipo de San Jose de A Guía 22-73.
Tamén tivo lugar esta fin de semana o encontro do equipo alevín mixto do Club, no que xogan: Laura Castiñeira e Diego Carballo de 5ºA e Paula Russel de 4ºC. Este equipo tivo un dificil debut e rematou perdendo contra o equipo de Carmelitas.
Aquí vos deixamos unhas fotos que nos achegou como cada xornada Cristiano Artur de 5ºB

 

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu sexto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 15 de Novembro de 2014, tivo lugar o sexto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores recibiron na casa o equipo do Goián. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando 3-2.

Noraboa Campeóns.

Campionato Escolar de Campo a Través

Campionato Escolar de Campo a Través

Instalacións Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño

Sábado de Novembro de 2014

O vindeiro Sábado  día 22 de Novembro, en horario de mañá, terá lugar a proba de Campo a Través, que organiza a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño en colaboración co Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra. A proba será en horario de 10:00h a 13:00h. Terá lugar  nas instalacións do Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño . Os/as alumnos/as poderán desprazarse á competición coa súa familia ou no autobús escolar para dita competición. O bus sairá do cole ás 9:15h e a volta será a carón das 13:00h ou 14:00h.Todos os/as participantes deberán levar o chandal e a equipación do cole se a tiveran.

HORARIO DA PROBA.

Ata as 10:00 h.              Chegada dos participantes

10:00 – 10:20 h.             Dorsais e documentación

10:30 h                          Saída Benxamín Feminino

10:45 h                          Saída Benxamín Masculino

11:00 h                          Saída Alevín Feminino  

11:15 h                           Saída Alevín Masculino

11:35 h                          Saída Infantil Feminino

11:55 h                          Saída Infantil Masculino

12:20 h                          Saída Cadete Feminino e Masculino

12:45 h                          Remate das carreiras

13:00 h                          Entrega de trofeos e despedida

13:30 h                          Remate da xornada.

Circuito

Se queredes ver a as animacións de cada carreira podedes contactar en www.agrudebam.es

Descarga a nota dos horarios aquí

SAMAÍN

MEDO E RISA NO SAMAÍN
OS NENOS E NENAS DE INFANTIL DISFRUTARON DUNHA XORNADA CON UN POUQUIÑO DE MEDO E MOITA RISA. O COLE ESTABA PREPARADO PARA A OCASIÓN, TODOS DISFRAZADOS PASAMOS POLO PASADIZO CON BRUXAS, PANTASMAS E ESQUELETOS E CANDO CHEGAMOS AO FINAL ESPERÁBANNOS DÚAS BRUXAS MOI SIMPÁTICAS PARA CONTARNOS A HISTORIA DA BRUXA BRUNILDA E O SEU GATO NEGRO, AO QUE COA SÚA MAXIA CAMBIARON DE COR, VERDE, AZUL, DE CORES E FINALMENTE DECIDIRON QUE O GATO ERA MÁIS FELIZ SENDO DA SÚA COR, DE COR NEGRO.
DESPOIS VOLTAMOS A CLASE, MERENDAS TERRORÍFICAS, BAILES E CONXUROS PARA COMPLETAR UNHA SESIÓN TERRORÍFICAMENTE DIVERTIDA.

     
     
     
     

CROSS ZONAL EN TOMIÑO

O pasado sábado 22 de outubro celebrouse en Tomiño o Cross Zonal. A proba desenrolouse nos arredores da zona deportiva Da Carballa, e a pesares das prediccións do tempo, non choveu ata as 2 últimas probas. A participación dos nenos e nenas do noso centro foi moi alta, e dos resultados..... xa nin falamos, tanto individual como por equipos. Poñemos algunha foto da carreira pero recordámosvos que na páxina de Agrudebam temos unha galeria de fotos y videos.

   
   

Podedes pinchar neste enlace para ver as clasificacións, as fotos e os videos: www.agrudebam.es

I Xornada de Volei

I Xornada de Volei

O mércores 19 de Novembro tivemos a I Xornada de Volei no pavillón de Randufe. Participamos 3 equipos Benxamíns e 3 equipos Alevíns. Disfrutamos de unha tarde de Volei como podedes ver a continuación:

   


by Dr. Radut