Skip to Content

Monthly archive

CLUB DE PATINAXE

     O club de Patinaxe Ribex de Tui,

clasificado para o campionato de Europa

 

         O Club de patinaxe Ribex de Tui, que ven de participar o pasado fin de semana 1 e 2 de Marzo no Campionato de España, acadou a Clasificación para participar no vindeiro Campionato de Europa, que terá lugar en Italia o vindeiro 26 e 27 de Xuño.

    Un gran éxito das patinadoras tudenses que ven acadado o seu soño de participar nuns campionatos europeos. Os nosos parabéns ao equipo e especialmente a aquelas que foron alumnas do noso centro.

     Deixámosvos o enlace ao programa de Escoita Deporte, onde Justi Peixoto entrevista a súa adestradora Carolina Figueroa.

 

Programa 40.- Entrevista a Carolina Figueroa, adestradora do Club Patinaxe Ribex de Tui que veñen de logar a clasificación para o Campionato de Europa.

 

http://www.goear.com/listen/5c07da4/programa-40-carolina-figueroa-escoita-deporte-rmt

 

 

 

 

 

 

 

 

CAMPAMENTOS URBANOS 2014

 

          COÑECE AS CONDICIÓNS XERAIS PREMENDO aquí.

          SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

 

RESUMO LOMCE

     A Editorial Santillana preséntanos esta publicación, en formato de libro dixital, na que nos mostra os elementos máis significativos da nova Lei: estruturación das etapas educativas, calendario de implantación, áreas, avaliación...

Resumen LOMCE 2014

Campeonato Escolar de Campo a Través Tomiño

Campionato Escolar de Campo a Través

Instalacións Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño

Sábado de Novembro de 2014

O vindeiro Sábado  día 22 de Novembro, en horario de mañá, terá lugar a proba de Campo a Través, que organiza a Agrupación Deportiva de Deporte Base do Baixo Miño en colaboración co Servizo de Deportes da Provincia de Pontevedra. A proba será en horario de 10:00h a 13:00h. Terá lugar  nas instalacións do Campo de Fútbol de A Carballa en Tomiño . Para participar en dita xornada o prazo de inscripción rematará o  vindeiro venres día 14 de Novembro, todos os participantes deberán entregar a folla de inscripción debidamente cuberta e asinada ás profes responsables do deporte escolar do cole. Os/as alumnos/as poderán desprazarse á competición coa súa familia ou no autobús escolar para dita competición.

Tamén podedes atopar máis información sobre os circuitos e a proba en: www.agrudebam.es

Para descargar a folla de inscripción pincha aquí

 

QUE VIVA O MAGOSTO!

XOGOS TRADICIONAIS, CANCIÓNS, CASTAÑAS ASADAS E O QUE NON PODE FALTAR EN NINGÚN MAGOSTO, CARAS PINTADAS COA CINZA DAS FOGUEIRAS, PASÁMOLO XENIAL!!!
PRIMEIRO FIXEMOS UN PERCORRIDO POR ESES XOGOS QUE PERDURAN NO TEMPO, OS XOGOS POPULARES:
                      

COMECASTAÑAS 
  CHAPAS 
CARREIRA DE SACOS  
CASTELOS CON CAROZOS 
 
CARREIRA CON CULLER  
A CASTAÑA POR DETRÁS  
AROS
 
BOLOS 
 
PARACAÍDAS
 

                                                                    
                                                                                                                                       
A CONTINUACIÓN TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLE CANTAMOS UNHA CANCIÓN      

                  



DESPOIS DE TANTO XOGAR E CANTAR TEMOS UNHA FAME…ASÍ QUE A COMER CASTAÑAS LUCINDO O PRECIOSO RECIPIENTE QUE OS NENOS FIXERON NAS AULAS

 



COA BARRIGA CHEA XA TEMOS OUTRA VEZ GANAS DE XOGOAR, CORRE, CORRE QUE TE PILLO, PINTAMOS A CARA, ESTAMOS GUAPÍSIMOS


XA VOS AVISAMOS QUE NO COLE PASÁMOLO XENIAL

PATINAXE

     As alumnas de 5º do Ceip Nº2 de Tui, Alba, Sofia e María, e membros do Club Ribex de Tui de Patinaxe, móstrannos as súas medallas conseguidas no Torneo de Nadal 2013 de Patinaxe, celebrado en Tui, este Nadal.

    Noraboa patinadoras!!.

TENIS DE MESA

1ª Xornada de Tenis de Mesa

Mércores 25 de Marzo

Pav. Ceip Sobrada Tomiño

  No día de onte tivo lugar a 1ª Xornada da Competición escolar de Tenis de Mesa. Dita xornada foi clasificatoria e participaron na mesma 25 alumnos/as do noso centro. Foi unha xornada divertida onde todos os participaron deste deporte.

 

   Aquí vos deixamos algunhas fotos dos mellores momentos da xornada.



by Dr. Radut