Skip to Content

Monthly archive

Trilhos Eurocidade. Andaina Santa Tegra

O domingo 26 de Outubro terá lugar outra das Andainas Saudables da Eurocidade, esta será a de Santa Tegra. Aquí tedes máis información para poder disfrutar da mesma. Animádevos a participar.

Trilhos Eurocidade. Andaina Santa Tegra

O alumno Pablo Fernández de 6ºA, nos fixo chegar esta información interesante, para que todos/as nenos/as do cole poidades participar coas vosas familias.

O Vindeiro domingo 26 de Outubro, terá lugar unha nova Andaina da Eurocidade. Neste caso a de Santa Tegra. Animádevos a participar e a disfrutar de este fermoso lugar.

 

Ven disfrutar do Adestramento da Selección Española de Balonmán a Cangas

VEN DISFRUTAR DO ADESTRAMENTO DA SELECCIÓN ESPAÑOLA DE BALONMÁN EN CANGAS

Luns 27 de Outubro de 18:00 a 20:00h

A Federación Galega de Balonmán convida a todos/as nenos/as do Baixo Miño e as súas familias a disfrutar do adestramento, que  a  Selección Española de Balonmán levará a cabo mañá Luns, no pav do Gatañal en Cangas, en horario de 18:00h a 20:00h. O autobús sairá dende o Pav Novo de Tui ás 17:00h e o regreso será a carón das 21:00h aprox. Esta actividade será gratuita para todos os participantes. Todos os nenos/as e familias que queiran participar, dada a premura da actividade, deberán reservar praza para o bus, ao longo do día de hoxe, enviando un correo electrónico ao correo a:beaagrudebam@gmail.com ou  chamando, vía mensaxe ou whasap ao Tlfno:650602161. Así mesmo, todos os participantes menores de idade, deberán entregar asinado o seguinte impreso:  

Pincha aquí.

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu terceiro encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 25 de Outubro de 2014, tivo lugar o terceiro encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores visitaron as instalación do Futbol Club Tomiño. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando contundentemente:  0-9.

Os nosos parabéns e desexarlles que sigan tendo resultados favorables durante a liga.

 

TRASTORNO POR TDAH

     O TDAH ou Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade está caracterizado por unha dificultade de manter a atención voluntaria fronte ás actividades, tanto académicas como cotiás levando engadido unha falta de control dos impulsos.

      A sintomatoloxía pódese manifestar de forma diferente segundo a idade dos pequenos e débese desenvolver en dous ou máis ambientes (como na casa e no colexio).

      Segundo as características que se manifesten podemos atopar:

      Déficit de atención

  • A miúdo non presta atención suficiente para os detalles e comete erros por descoido tanto nas tarefas escolares coma en outras actividades.
  • A miúdo ten dificultades para manter a atención nas tarefas.
  • A miúdo ten dificultades para organizar tarefas e actividades.
  • A miúdo evita tarefas que requiren esforzo mental sostido.
  • A miúdo non é quen de seguir as instrucións que se lle indican.
  • A miúdo parece non escoitar cando se lle fala directamente.
  • A miúdo perde as cousas necesarias para a realización das tarefas.
  • A miúdo descoida e esquece algunhas actividades diarias.
  • Distráese facilmente por estímulos irrelevantes.
  • A miúdo ten dificultades para prestar atención a dous estímulos simultáneos.

     Hiperactividade

  • A miúdo move en exceso mans e pés e retórcese no asento.
  • A miúdo cóstalle estar sentado cando o debe facer.
  • A miúdo corre ou trepa en situacións inapropiadas.
  • A miúdo actúa como se tivese dentro un motor.
  • A miúdo fala en exceso. 
  • A miúdo expresa as emocións con maior intensidade.
  • Cóstalle esperar o seu turno.
  • Vai dun lado para outro sen motivo aparente.

     Impulsividade

  • A miúdo actúa sen pensar.
  • A miúdo fala en momentos pouco oprtunos ou responde sen terminar de escoitar a pregunta.
  • A miúdo interrompe en xogos e explicacións.
  • A miúdo non é quen de planificar.
  • A miúdo sente irritabilidade.
  • A miúdo perde ou estraga as súas propias cousas ou as dos outros.

     

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

O equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), leva varias xornadas xogando a liga federada que organiza a Federación Galega de Balonmán.

Levan xogadas 8 xornadas, das cales gañaron 7 partidos e soamente perderon 1. Isto fai que estean no máis alto da táboa clasificatoria.

Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

E tamén vos deixamos unhas fotos dos mellores momentos de eses partidos.

Os nenos/as do Ceip Nº2 de Tui disfrutamos coa Selección Española de Balonmán

Disfrutamos coa Selección Masculina Española de Balonmán

Luns 27 de Outubro de 2014

Pav do Gatañal Cangas

A federación de Balonmán en colaboración co Clube Balonmán Tui, convidou aos nenos/as do Ceip Plurilingüe e Abalar Nº2 de Tui, a disfrutar do adestramento que a Selección Española de Balonmán fixo no Pav do Gatañal en Cangas.

Ata alí, fomos moitos nenos/as coas nosas profes e as nosas familias, disfrutamos do mellor balonmán do Mundo. Alí estaban eles "Os Hispanos" Arpad Sterbik (Vardar) e Gonzalo Pérez de Vargas (Fútbol Club Barcelona) na portería;Carlos Ruesga (MKB Veszprém) e Raúl Entrerríos (Fútbol Club Barcelona) de centrais; Eduardo Gurbindo (Fútbol Club Barcelona) e Jorge Maqueda (HBC Nantes) no lateral dereito; Joan Cañellas (THW Kiel), Mikel Aguirrezabalaga (Abanca Ademar) e Viran Morros (Fútbol Club Barcelona) no lateral esquerdo; Albert Rocas (Naturhouse La Rioja) e Víctor Tomás (Fútbol Club Barcelona) no extremo dereito;Cristian Ugalde (MKB Veszprém) e Valero Rivera (HBC Nantes) no extremo esquerdo; Gedeón Guardiola (Rhein-Neckar Löwen), Juan Andreu (TSV Hannover-Burgodorf) e Julen Aginagalde (Vive Targi Kielce) de pivotes.

Con eles disfrutamos de unha tarde para o recordo, vendo como xogaban e o momento máis esperado chegou cando, nos firmaron autógrafos e nos puidemos facer fotos con eles.

 

     
     
     

 

Recordámosvos a todos que podedes ver o mércores día 29 de Outubro ás 20:30h o partido España-Austria en directo no Pav do Gatañal en Cangas, ou por teledeporte.

Aquí vos deixamos uns enlaces interesantes dos Hispanos:

http://www.rfebm.net/

https://www.youtube.com/watch?v=Ld2IPUh5WFE

https://www.youtube.com/watch?v=HKBElXWRZus

I Campeonato Galego de Horseball en Tui

I Campeonato Galego de Horseball Tui

Lugar: Instalacións Equigalia Pexegueiro Tui

Sábado 1 e Domingo 2 de Novembro de 2014

Esta fin de semana as instalacións hípicas de Equigalia, situadas na parroquia de Pexegueiro en Tui, e ás  que se pode acceder dende a carretera Tui-Gondomar, acollen o I Campeonato Galego de Horseball. Na proba competirán os seguintes clubes:  La Muralla, La Muralla Atlético, Cabaleiros do Salnés y Haras de Compostela. O horario será:o sábado día 1 de novembro, de 16.30 a 18.30 horas, coas probas eliminatorias e o domingo día 2, de 11 a 13.30 horas, coas finales.

Este deporte descoñecido para moitos, poderíamos decir que é como xogar a baloncesto pero a cabalo. O xogo consiste en introducir unha pelota nunhas canastas, e se enfrontan dous equipos, os cales teñen que conseguir pasarse a pelota e recollela do chan sen desmontar.

Aquí vos deixamos máis información da proba e convidamos a todos os/as nenos/as do colexio a disfrutar da mesma.

 

http://equigaliahipica.com/

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu cuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día1 de Novembro de 2014, tivo lugar o cuarto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Itzam de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores recibiron no campo Alvarez Durán o equipo de Salceda B. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando contundentemente:  3-1.

Os nosos parabéns e desexarlles que sigan tendo resultados favorables durante a liga.

Tamén  aproveitaron a ocasión para enviarnos unha foto coa súa mascota.



by Dr. Radut