Skip to Content

Monthly archive

Gustavo Rodríguez acada o sexto posto no Campionato do Mundo de Triatlón de Longa Distancia

O triatleta tudense, e antigo alumno do Ceip Nº2 de Tui, Gustavo Rodríguez acadou a pasada fin de semana o sexto posto no Campionato do Mundo de Triatlón de longa distancia, disputado na localidade china de Weihai.

Gustavo Rodríguez, que participaba neste campionato por primeira vez, tivo que percorrer catro quilómetros nadando, cento vinte quilómetros en bicicleta e vinte quilómetros de carreira a pé, demostrando que está a un altísimo nivel e rematando entre os mellores da élite mundial. O seu tempo final foi de cinco horas, vinte e un minutos e cincuenta e tres segundos.

Noraboa Tavo!!

AUTOESTIMA

8 CONSELLOS PARA  A MELLORA DA AUTOESTIMA

   Ter un nivel axeitado de autoestima é un requisito indispensable para poder aprender.

    Azucena Caballero e Mireia Long, no seu blog PEDAGOGÍA BLANCA, mostrannos interesantes consellos para mellorar a autoestima das nosas fillas e dos nosos fillos.

A VOLTA ESPAÑA 2014 PASA POR TUI

A Volta Ciclista a España 2014 en Tui

O pasado Venres día 12 de Setembro, os/as nenos/as do Ceip Nº2 de Tui disfrutamos da antepenúltima etapa da Edición 2014 da Volta a Ciclista a España. Preparámos pancartas para animar aos nosos ciclistas favoritos e disfrutamos moito ao velos pasar a carón do colexio. Case todos animamos a Alberto Contador, que finalmente se convertiría no gañador de esta edición na Praza do Obradoiro en Santiago de Compostela o pasado Domingo 14 de Setembro.

Se queredes saber máis sobre a volta: www.lavuelta.com

 

 
   

 

 

TOD@S A FACER ATLETISMO

 

PROPOSTA DE ACTIVIDADE DEPORTIVA EXTRAESCOLAR DIRIXIDA A TODOS OS ALUMNOS DE PRIMARIA DO CONCELLO DE TUI

 

ENTIDADE ORGANIZADORA: CLUB ATLETISMO TUI

DIAS DAS ACTIVIDADES: MARTES E XOVES.

HORARIO: 18,30 A 20,30.

 

LUGAR:INSTALACÍON DE A MACOCA QUE CONTA CON VESTIARIOS, DUCHAS AUGA QUENTE, PAVILLÓN PECHADO QUE SE USARÁ EN CASO DE CHUVIA, PISTAS EXTERIORES E TODO ISO NO MARCO INCOMPARABLE DO MONTE ALOIA.

 

RESPONSABLE TÉCNICO: DANIEL MOURIÑO QUE CONTA CUNHA AMPLA EXPERIENCIA TANTO A NIVEL DOCENTE COMO TÉCNICA XA QUE É LICENCIADO EN EDUCACIÓN FÍSICA E AO MESMO TEMPO POSÚE O TITULO DE ADESTRADOR NACIONAL DE ATLETISMO. CONTA TAMÉN CUNHA AMPLA EXPERIENCIA NA PRÁCTICA XA QUE DESDE FAI MOITOS ANOS ADESTRA A DISTINTOS CLUBES DO NOSO ENTORNO.

 

CUOTA: 50 EUROS ANUAIS. O PAGO PÓDESE FACER ATA FINAIS DE NOVEMBRO

 

COMEZO ACTIVIDADE: A PARTIRES DO MES DE SETEMBRO.

 

QUEREMOS PEDIR A VOSA COLABORACIÓN NA DIFUSIÓN DESTA INFORMACIÓN ENTRE E VOSO ALUMNADO POR SE ACASO HOUBERA ALGÚN INTERESADO EN INSCRIBIRSE NESTA ACTIVIDADE.

AGRADECEMOS A VOSA COLABORACIÓN. GRACIÑAS

Para inscribirte podes ver aquí

ANOTATE PARA FACER ATLETISMO EN TUI

INSCRIPCIÓN DE ATLETISMO.

CEIP Nº2 DE TUI. CURSO 14/15.

 

    

1. DATOS DO/A SOLICITANTE

Nome/ Apelidos:

D.N.I:

Enderezo:

 

Data de Nac:

Localidade

Telefono1:

C.P.

E-mail

Curso:

2. DATOS PAI, NAI OU TITOR

Nome/ Apelidos:

D.N.I:

Enderezo:

 

Data de Nac:

Localidade

Telefono1:

C.P.

E-mail

5º primaria

Os nen@s de 5º iremos a ver ET

Noticia 3

noticia 3

Promoción de Montañismo no Ceip Nº2 de Tui

Federación Galega de Montañismo.

Mércores 24 de Setembro de 2014

 O pasado mércores día 24 de Setembro tivo lugar unha Xornada de Promoción de Escalada, na que disfrutamos das actividades no medio natural da man de Xosé Manuel Pérez Prego. Contounos moitas cousas das actividades de montaña e tamén nos truxo moito material deportivo que estivemos probando.

Aquí vos deixamos unhas fotos de esta xornada e un documento que vos a animar a practicar estas actividades.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Sorry, flash is not available.

Refuxo de Montaña

Aquí vos deixamos algúns refuxios de Montaña que podedes visitar coas vosas familias.

Campeonato Galego de Escalada en Tui

Campeonato Galego de Escalada

Tui 11 Octubre 14

Tui acolle este fin de semana o Campeonato Galego de Escala, que terá lugar mañá sábado no Pav da A Macoca en Pazos de Reis, de 10:00h a 20:00h. Daranse cita os mellores escaladores galegos e portugueses, e será unha oportunidade excepcional para disfrutar deste deporte na nosa cidade. Despois da Xornada de Promoción de Escalada que levamos a cabo na escola a pasada semana, convidamos a todas as familias do centro a vivir este evento deportivo.

 http://fgmontanismo.es/



by Dr. Radut