Skip to Content

Monthly archive

FÚTBOL TYDE

O equipo alevín do Tyde disputou a pasada fin de semana O Torneo de Fútbol de Versmold xunto a equipos alemáns, polacos e serbios

 

O equipo alevín do Tyde F.C. do que forman parte varios alumnos do Ceip Nº2 de Tui, Alejandro Areal, Itzan Nuñez, Nico Alvarez, Gonzalo Alonso e Borja Salvado, viaxaron o pasado xoves á localidade de Versmold, en Alemaña, onde de venres a domingo disputaron o Torneo U11 Champions Cup xunto a equipos alemáns, polacos e serbios. A participación do equipo tudense nesta competición xurdiu  do irmanamento entre Tui e Versmold.

Despois de varios e intensos partidos durante todo o fin de semana, o equipo tudense conseguía un destacado 6º posto. Isto supuxo toda unha experiencia para toda expedición tudense.

Noraboa a toda a expedición e ao clube polo seu bo facer.

http://www.goear.com/listen/778e7d5/programa-70-tyde-escoita-deporte-rmt

 

 

 

REMO

Campeonato de España de Remo Olímpico

Lago Banyoles Girona

20-21-22 de Xuño de 2014

     Este fin de semana celebrouse no Lago de Banyoles (Girona) o Campeonato de España de Remo Olímpico, onde o Club Remo Tui, formado por varios antigos alumnos do colexio, acadou uns satisfactorios resultados.

     Un ano máis as nosas chicas do catro scull senior femenino proclamáronse campeonas de España, tripulación formada por Nuria Dominguez, Esmeralda Santos, Mª Cristina Gonzalez e Feli Rodriguez.Pouco despois Esmeralda e Nuria subían o podio quedando subcampeonas de España no doble scull senior femenino.

     En senior masculino, Jesús Gonzalez e Sergio Perez acadaban a segunda posición no dous sin cun tempo de 6:30, sendo superados por menos de 2 segundos por Rem Tortosa, tripulación que quedou en 4º lugar no Campeonato do Mundo en peso absoluto.

     Tamén moi bos resultados fóra do podium, 5º posición para o doble scull senior masculino, tamén 5º posición en skiff xuvenil masculino, e por primeira vez representación dun clube galego no oito con timonel senior femenino, acadando a 4ª posición, resultado moi satisfactorio para toda a tripulación a pesar dos problemas durante a temporada para poder realizalo. En veteranos bronce en catro con Timonel e en oito  e 5ª posición en catro scull veterano masculino.

 

PROTOCOLO TDAH

PROTOCOLO DE CONSENSO SOBRE TDAH

NOS ÁMBITOS EDUCATIVO E SANITARIO EN GALICIA

 

     A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de facer público o resultado dun esforzo conxunto, identificado como PROTOCOLO DE CONSENSO SOBRE TDAH NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA NOS ÁMBITOS EDUCATIVO E SANITARIO, co que se pretende contribuír á mellora da atención e á redución das dificultades que este trastorno ocasiona a diario na vida de moitas nenas, nenos e persoas adolescentes.

Andaina por Malvas. Deporte en familia.

 

Dende o Departamento de Educación Física animámosvos a anotarvos nesta actividade na que podedes facer deporte en familia e  na que ides descubrir un lugar moi bonito.

Para os nenos/as de Primaria é gratis!!!



by Dr. Radut