Skip to Content

Monthly archive

QUE VIVA O MAGOSTO!

XOGOS TRADICIONAIS, CANCIÓNS, CASTAÑAS ASADAS E O QUE NON PODE FALTAR EN NINGÚN MAGOSTO, CARAS PINTADAS COA CINZA DAS FOGUEIRAS, PASÁMOLO XENIAL!!!
PRIMEIRO FIXEMOS UN PERCORRIDO POR ESES XOGOS QUE PERDURAN NO TEMPO, OS XOGOS POPULARES:
                      

COMECASTAÑAS 
  CHAPAS 
CARREIRA DE SACOS  
CASTELOS CON CAROZOS 
 
CARREIRA CON CULLER  
A CASTAÑA POR DETRÁS  
AROS
 
BOLOS 
 
PARACAÍDAS
 

                                                                    
                                                                                                                                       
A CONTINUACIÓN TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLE CANTAMOS UNHA CANCIÓN      

                  



DESPOIS DE TANTO XOGAR E CANTAR TEMOS UNHA FAME…ASÍ QUE A COMER CASTAÑAS LUCINDO O PRECIOSO RECIPIENTE QUE OS NENOS FIXERON NAS AULAS

 



COA BARRIGA CHEA XA TEMOS OUTRA VEZ GANAS DE XOGOAR, CORRE, CORRE QUE TE PILLO, PINTAMOS A CARA, ESTAMOS GUAPÍSIMOS


XA VOS AVISAMOS QUE NO COLE PASÁMOLO XENIAL

HORARIO FINAIS VOLEI DEPORTE ESCOLAR.

DEPORTE ESCOLAR.

Finais Volei Curso 14-15

O mércores día 3 de Decembro,  terá lugar a  Xoranda Final da competición escolar de volei, terá lugar no Pavillón do Ceip Randufe. O autobús sairá ás 16:10h do colexio. A volta será aproximadamente ás 19:45h.. Todos os participantes terán que traer calzado para cambiar, equipación do colexio se  tiveran e chandal do mesmo. Os/as  nenos/as que vaian a Randufe directamente terán que estar alí ás 16:45h. Para calquera dúbida poderán chamar ao teléfono: 650602161 e tamén atoparán máis información na web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipnumero2tui/blogdeportescolar

Proposta de Deporte en Familia 1º Trimestre

Proposta de Deporte en Familia para o 1º Trimestre

A Serra do Caurel

Este trimestre, Carmen de 5 Anos e Blanca de 6ºB, propóñenvos una actividade en familia, moi interesante, a visita á Serra do Caurel, onde toda a familia pode disfrutar de rutas de sendeirismo, en Btt, etc.. disfrutando do paisaxe natural, das montañas orientais da provincia de Lugo.

Nos seguintes enlaces podedes atopar información importante, que vos pode axudar a organizar a vosa actividade:

http://www.serradocourel.es/

http://www.acampamentocaurel.com/

Deporte en Familia: Visita ao Caurel de Carmen Iglesias da clase de 5 Anos

Deporte en Familia: Visita ao Caurel de Carmen Iglesias da clase de 5 Anos

Carmen Iglesias da clase de 5 Anos, visitou coa súa familia a Serra do Caurel, o pasado mes de Novembro.

Descubriu moitas cousas e pasouno xenial coa súa familia e os seus amiguiños. Deu varios paseos, apañou castañas, noces, avelás, e disfrutou moito da casiña a que foron a fin de semana.

Aquí nos deixa unhas fotos para que as vexades e vos animedes a visitar, este fermoso lugar, vos tamén.

O equipo Alevín do Tyde F.C xoga o seu octavo encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 29 de Novembro de 2014, tivo lugar o sexto encontro de liga de Fútbol, para a categoría alevín do Tyde F.C. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alejandro e Pablo de 6ºA, Nico de 5ºA, Iago, Adrián e  Izan de 5ºB e Borja e Gonzalo de 5ºC.

Nesta xornada os nosos xogadores recibiron ó Louro. Os nosos xogadores fixeron un gran partido gañando 6-1.

Noraboa Campeóns.

O equipo Alevín do Clube Balonmán Tui segue colleitando victorias

O pasado sábado 29 de Novembro, o equipo Alevín do Club Balonmán Tui e do que forman parte varios nenos do Ceip Nº2 de Tui( Xabi e Iago de 6ºB e Diego de 5ºB), recibían ao equipo do Novás. Esta vez os nosos xogadores volveron gañar. Isto fai que na xornada de hoxe, se situen segundos na táboa clasificatoria.

  Aquí podedes seguir a clasificación de toda a liga:

http://www.fgbalonman.com/clasificaciones.asp?torneo=949&x_OPCION=MC&Submit=Mostrar

Os equipos Alevín do C.B. Tui xogaron esta fin de semana o cuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 27 de Novembro de 2014, tivo lugar o cuarto  encontro de liga de Baloncesto, para a categoría alevín masculina do Club Baloncesto Tui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Jorge Carballo 6ºA e  Cristiano Artur de 5ºB. Nesta xornada o noso equipo gañou  ante o equipo de Porriño 48-68.

Por outro lado o equipo Alevín mixto no que xogan: Paula Rusell, Laura Castiñeira e Diego Carballo gañaban tamén ao equipo Porriñés por 60-09

Noraboa campións!.

 

O equipo Alevín do Club A Quinta Futsal Tui xogau esta fin de semana o Cuarto encontro da Liga 14-15.

O pasado sábado día 29 de Novembro de 2014, tivo lugar o cuarto encontro de liga de Futbol-sala, para a categoría alevín  do Club A Quinta FutsalTui. Neste equipo participan varios alumnos do noso colexio:  Alex e Beltrán de 5ºB. Nesta xornada o Club Futsal Tui viaxaba a casa do seu contrincante. O nos equipo volvía ceder os 3 puntos ao equipo local 7-1

Este curso é o primeiro ano de participación de este equipo la liga federada, o que se lle está facendo un pouco costa arriba, animamos a estes grandes xogadores a seguir xogando que seguro atoparan resultados favorables moi pronto.



by Dr. Radut