Skip to Content

BOAS VACACIÓNS!

 

 

  • Os vales de FONDO LIBOS non recollidos no mes de xullo, poderán recollerse os días 3 e 4 de setembro na secretaría do centro en horario de 12:00 a 14:00 horas.

 

  • Os libros do FONDO serán entregados polos mestres/as os primeiros días de clase.

 

  • A reunión inicial de 4º de EDUCACIÓN INFANTIL será o xoves 5 de setembro ás 10:00 horas.

 

  • O cole comeza o día 11 de setembro.

 

  • Calquera información ou dúbida atenderémosvos polo correo electrónico do centro:
ceip.novomesoiro@edu.xunta.gal

 

BOAS VACACIÓNS!

 

GRADUACIÓN 2024

Como todos os anos tócanos decir adeus ao noso alumnado de SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, aos nosos alumnos e alumnas, os cales coñecemos, acompañamos, guiamos, coidamos, respectamos, educamos... para de novo decirlles adeus.

Cada ano, cambian as caras, os nomes, as súas historias, pero de novo repetimos unha cadea de ciclos entrañables, unha e outra vez.

 

Os mestres e mestras tamén sentimos tristeza, choramos de amor e de alegría...unha mestura de emocións nos invaden, e sobre todo SATISFACIÓN, cando sentimos ao rematar o curso,  que todo o noso ESFORZO E EMPEÑO, serviu para ir máis alá da didáctica académica. Cando vemos que o noso esforzo repercute no proceso e tamén no resultado.

 

Sempre quedamos cun recordo especial que conecta con cada unha desas personiñas que pasan polas nosas aulas e o noso centro.

 

QUE TEÑADES UNHA MARABILLOSA ETAPA NO INSTITUTO!!

 

MEMORIA FINAL 23/24

O pasado venres 28 de xuño de 2024 foi presentada a claustro e consello escolar a Memoria do curso 23/24 do CEIPP Novo Mesoiro.

Estará publicada no apartado de documentación educativa para a súa consulta. Así mesmo, poden acceder, de forma provisional, dende a seguinte imaxe:

 

LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVA DE FONDO LIBROS


*Lembramos que só serán entregados os vales á persoa solicitante da axuda.

Se algunha persoa non pode recoller os cheques no plazo establecido e non quere esperar a setembro pode enviar a unha persoa adulta autorizada, entregando en secretaría a autorización firmada e fotocopia do DNI da persoa solicitante.

*Os libros serán entregados polos titores/as ao comezo das clases.

TALLERES DE FINAL DE CURSO 23/24

Para despedir este curso 23/24, no CEIPP NOVO MESOIRO, preparamos unha xornada un tanto especial na cal realizamos diferentes talleres ao longo da mañá, coa temática principal:

GALIZA!

Dende talleres para explorar coas herbas do San Xoán, crear pulseiras coas cores da nosa bandeira, xogos populares, como "Mariola" ou a "Chave", ata contos populares galegos ou karaoke.

Mirade que ben o pasamos!

"A voz de Mesoiriño"

 Mesoiriñas e mesoiriños, xa podedes ver a II Edición da Revista Escolar Dixital:

"A Voz de Mesoiriño"

Atoparedes actividades de todo o alumnado de educación infantil e primaria, do profesorado especialista, dos diferentes equipos docentes, etc.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

 

 

 

AULA DE MÚSICA

A mestra de Música do centro móstravos que durante esta semana pasada, na clase de Música, tuveron o pracer de contar coas actuacións dos irmáns Mateo e Marcos Barreal. Moitas grazas por compartir o voso talento.

DÍA DA LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA

Estimadas familias:

Deixámosvos este pequeno homenaxe a esta data tan especial, querendo destacar a importancia e dar visibilidade ao coñecemento destas linguas e a súa transcendencia para o noso alumnado xordo e tamén para as persoas da sociedade xordas e xordocegas; adoptando actitudes de tolerancia e empatía.

#YoconlaLS

 

Distribuir contido


by Dr. Radut