Skip to Content

Conmemoración 30 de xaneiro

Esta semana o noso centro comemorou a efeméride DÍA DA PAZ, levando a cabo varias propostas que poderedes ver no seguinte vídeo:

 

- Todas as aulas observaron curtometraxes sobre valores e fixeron nunha exposición unha mostra fotográfica representando os mesmos.

*Cadena de favores

*Momondo the DNA journey

*Bluey

*Joy story

 

-Carreira solidaria en colaboración coa ONG do barrio "¿Por qué no?" co obxectivo de recaudar fondos para os seus proxectos en Guatemala. Para dita carreira contamos coa presencia de Cecy, unha das alumnas guatemaltecas becada na nosa cidade e que estuvo dando as saídas na carreira.

-Unha charla para 6º de Educación Primaria de Cecy, onde lles explicaba a situación educativa no seu país, o tratamento e a violencia que sofren as mulleres e os seus proxectos e prácticas na nosa cidade.

PLAN DE HÁBITOS DE VIDA ACTIVA, DEPORTIVA E SAUDABLES

O pasado luns 29 de xaneiro aprobouse en consello escolar outro documento que recolle parte da filosofía do noso proxecto educativo, un plan de hábitos  que fomenta a actividade física, o deporte, o benestar emocional e mental, o coidado da alimentación e a importancia que isto ten para a nosa saúde.... Poden consultar este documento de forma pública, clicando na imaxe e tamén estará subido no apartado : CENTRO-DOCUMENTACIÓN.

 

PIM PAM EXPERIMENTA 2023

O pasado curso 2022-2023 o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria participou no programa Pim Pam Experimenta.

A cadea finalmente decidiu emitilo na nova canle "agalega.gal"; dentro do "xabarín.gal".

Poderedes ver na seguinte ligazón os programas emitidos ata día de hoxe:

https://xabarin.gal/videos/category/15022-pim-pam-experimenta

Felices festas e próspero ano 2024!

Para ter un remate de ano estupendo, deixámosvos un vídeo coas imaxes da nosa festa de Nadal, na que festexamos todos xunt@s a visita do APALPADOR (en Bibliomesoiriño: o alumnado de infantil e 1º-2º ciclo de E.P.); un inxenioso SCAPE ROOM (alumnado de 3º ciclo de E.P.) cos respectivos premios por aula e, por suposto, a tradicional CHOCOLATADA con churros no comedor.

 

GRAZAS á nosa ANPA Monte do Muíño pola colaboración e ás familias que puideron axudarnos na propia festa.

 

**FELIZ ANO 2024** 

 

(Clic na imaxe) 

 

 

 

25 de NOVEMBRO- Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

 Tod@s unidos creamos un mural con 52 bolboretas, símbolo da loita de liberdade e de búsqueda do benestar das mulleres.

En total 52 mulleres vítimas desta violencia no que vai de ano.

 

(Pincha na imaxe para ver o vídeo)

 

#TOLERANCIACEROCONTRAAVIOLENCIA#

AGRUPACIONES DE CENTROS: EMOCIÓNATE

Acaba de saír a resolución definitiva de "Agrupaciones de Centros Educativos do Ministerio de Educación"que indica que estamos admitidos no proxecto conxunto presentado con outros centros de España.

Continuando cas liñas dos patios dinámicos e inclusivos do anterior proxecto (RECRÉATE), estes próximos dous cursos traballaremos polo benestar emocional do alumnado e a convivencia positiva co novo proxecto "EMOCIÓNATE".

Documentación de centro

Estimadas familias:

Informarlles que no claustro e no consello escolar, celebrado o pasado día 23 de Outubro, aprobáronse os seguintes documentos de gran relevancia para o centro:

- As concrecións curriculares.

- O Proxecto Lingüístico de centro.

- O Plan de Igualdade.

 

Podedes consultar os mesmos no noso apartado de "Documentos de Centro".

 

Un cordial saúdo,

O equipo Directivo.

Experiencias en Arts and Crafts

O noso alumnado de 2 E.P. (A-B) estuvo experimentando, en ARTS AND CRAFTS, coa pintura, as canicas e creando as súas propias obras de arte.

 

 

 

 

PXA

Tedes a vosa disposición a Programación Xeral Anual para este curso académico 2023-2024. 

Foi aprobada polo Consello Escolar o día 2 de Outubro de 2023. 

 

Podedes acceder a ela dende o apartado de documentos de centro. 

 

PUBLICACIÓN PROGRAMACIÓNS

No apartado de documentos de centro tedes dispoñibles as programacións da etapa de Educación Infantil e as de 1º,3º e 5º de Educación Primaria

 

As programacións dos restantes cursos tal e como indica a ORDE do 3 de maio de 2023 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2023/24 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia, poden ser elaboradas ata o 1/12/2023. Polo tanto avisaremos da súa publicación. 

Distribuir contido


by Dr. Radut