Skip to Content

LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVA DE FONDO LIBROS


*Lembramos que só serán entregados os vales á persoa solicitante da axuda.

Se algunha persoa non pode recoller os cheques no plazo establecido e non quere esperar a setembro pode enviar a unha persoa adulta autorizada, entregando en secretaría a autorización firmada e fotocopia do DNI da persoa solicitante.

*Os libros serán entregados polos titores/as ao comezo das clases.

TALLERES DE FINAL DE CURSO 23/24

Para despedir este curso 23/24, no CEIPP NOVO MESOIRO, preparamos unha xornada un tanto especial na cal realizamos diferentes talleres ao longo da mañá, coa temática principal:

GALIZA!

Dende talleres para explorar coas herbas do San Xoán, crear pulseiras coas cores da nosa bandeira, xogos populares, como "Mariola" ou a "Chave", ata contos populares galegos ou karaoke.

Mirade que ben o pasamos!

"A voz de Mesoiriño"

 Mesoiriñas e mesoiriños, xa podedes ver a II Edición da Revista Escolar Dixital:

"A Voz de Mesoiriño"

Atoparedes actividades de todo o alumnado de educación infantil e primaria, do profesorado especialista, dos diferentes equipos docentes, etc.

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

 

 

 

AULA DE MÚSICA

A mestra de Música do centro móstravos que durante esta semana pasada, na clase de Música, tuveron o pracer de contar coas actuacións dos irmáns Mateo e Marcos Barreal. Moitas grazas por compartir o voso talento.

DÍA DA LINGUA DE SIGNOS ESPAÑOLA

Estimadas familias:

Deixámosvos este pequeno homenaxe a esta data tan especial, querendo destacar a importancia e dar visibilidade ao coñecemento destas linguas e a súa transcendencia para o noso alumnado xordo e tamén para as persoas da sociedade xordas e xordocegas; adoptando actitudes de tolerancia e empatía.

#YoconlaLS

 

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 24/25

PRAZO DE MATRÍCULA ENTRE 20-30 XUÑO

Os alumnos/as de novo ingreso admitidos formalizarán a súa inscrición na secretaría do colexio.

Se finalizado este prazo non se formalizase a matrícula, decaerá o dereito á praza obtida.

documentación a presentar para a formalización da matrícula é a seguinte:

- Impreso de matrícula (recoller en Conserxería ou en adxuntos). (Traede unha copia para cuñarvos e levar de xustificante).

- Impresos de autorizacións (recoller en Conserxería ou en adxuntos).

- Impreso de pregunta ás familias do alumnado de 4º nivel de E.Infantil sobre a lingua materna (recoller en Conserxería ou en adxuntos).

- 2 fotografías tamaño carnet.

- Fotocopia tarxeta sanitaria. (Traede copia e orixinal).

- Fotocopia do boletín de vacinas(Traede copia e orixinal).

- Copia do boletín de avaliación final do curso 2023/2024 (só para alumnos xa escolarizados noutro colexio).

O horario de atención ao público de secretaría para a matrícula do alumnado será:

 

  • Do 20 e 21 de xuño de 13:10 a 14:00.

 

 

  • Do 25 ao 28 de xuño de 09:30 a 11:00.

Calquera dúbida  contactade vía e-mail.

*Non se realizarán fotocopias de documentos persoais no centro*

EXPOSICIÓN FINAL PROXECTO DE INVESTIGACIÓN

Estimadas familias:

Comprácenos invitarvos á nosa exposición final do

PDI "MESOIRIÑO VIAXA POLA HISTORIA".

Poderedes acceder á mesma os

días 10 e 11 de xuño de 16:00 a 19:00.

Deixámosvos toda a info no seguinte cartel:

 

 

 

SENÓN PODES VIR A VISITARNOS, NON TE PREOCUPES, AQUÍ CHE DEIXAMOS OS ENLACES AOS TRABALLOS DE INVESTIGACIÓN DO NOSO ALUMNADO!

PINCHA AQUÍ!

CANTAMOS COAS MANS

Estimadas familias: 

Deixamos un vídeo resumo da experiencia da nosa aventura á entrega de premios da VII Edición do Concurso Escolar de Cancións en Lingua de Signos Española "Cantamos coas mans", organizado pola Faxpg en Santiago de Compostela.
 
A continuación, podedes ver a actuación en directo do pasado 30 de maio, a foto do alumnado participante e as familias que puideron acompañarnos, e algún vídeo anecdótico da viaxe.
Distribuir contido


by Dr. Radut