Skip to Content

GRADUACIÓN 2024

Como todos os anos tócanos decir adeus ao noso alumnado de SEXTO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, aos nosos alumnos e alumnas, os cales coñecemos, acompañamos, guiamos, coidamos, respectamos, educamos... para de novo decirlles adeus.

Cada ano, cambian as caras, os nomes, as súas historias, pero de novo repetimos unha cadea de ciclos entrañables, unha e outra vez.

 

Os mestres e mestras tamén sentimos tristeza, choramos de amor e de alegría...unha mestura de emocións nos invaden, e sobre todo SATISFACIÓN, cando sentimos ao rematar o curso,  que todo o noso ESFORZO E EMPEÑO, serviu para ir máis alá da didáctica académica. Cando vemos que o noso esforzo repercute no proceso e tamén no resultado.

 

Sempre quedamos cun recordo especial que conecta con cada unha desas personiñas que pasan polas nosas aulas e o noso centro.

 

QUE TEÑADES UNHA MARABILLOSA ETAPA NO INSTITUTO!!

 



page | by Dr. Radut