Skip to Content

                              

ALIMENTOS PARA FAMILIAS VULNERABLES E AFECTADAS POLA CRISE DO COVID

O Covid-19 cambiou a vida de todos, pero hai persoas que de repente perderon a súa estabilidade económica,  minorando os seus ingresos, nun momento convulso e no que a incertidume impera.

Por iso, dende o Concello de Boborás queren seguir colaborando coas persoas máis vulnerables, que agora o son máis se cabe, e tamén coas que debido a estas circunstancias se están vendo afectadas duramente.

Se algunha persoa ou familia, precisa alimentos ou ten algún problema pode chamar o Concello, tanto o teléfono 988 402 008 como o 667 552 726 e o Departamento de Servizos Sociais atenderá as súas demandas.

 

Non estades sós.

APOIO PSICOLÓXICO

A MANCOMUNIDADE DE CONCELLOS DO CARBALLIÑO PON EN MARCHA UN DISPOSITIVO DE ATENCIÓN PSICOLÓXICA GRATUITO POLO COVI-19.

A Mancomunidade de Concellos do Carballiño a través do Servizo de Atención Temperá, pon este dispositivo en marcha para todos aqueles nenos e nenas  e as súas familias que por situación do COVI-19 o necesiten. O dispositivo conta cun sistema de atención psicolóxica dirixido ao manexo do estrés e malestar derivado das experiencias xeradas pola exposición á pandemia que estamos a vivir e as súas consecuencias.

Está dirixido especialmente a poboación infantil entre 0 e 6 anos, por consideralos especialmente vulnerables o poder ter familiares falecidos, familiares enfermos, familiares intervindo en primeira fila, familiares traballando en residencias de maiores, persoal de corpos e forzas de seguridade, persoal de administraciones públicas con servizos directos á ciudadanía, persoal de limpeza, cadea de distribución alimentaria, … e todos aqueles que vexan que os seus menores e eles mismos están  a vivir situación que lle provocan ansiedade e estrés.

O teléfono de contacto é o 671635183.

NOTA INFORMATIVA PARA AS FAMILIAS

Estimadas familias:

Como xa sabedes e debido a situación tan complexa que vivimos, nos últimos dias enviamos un cuestionario co fin de recoller unha serie de datos que nos axuden a tomar decisións de maneira mais precisa e axeitada, xa que non sabemos canto durará esta situación. Dende o equipo directivo, queriámosvos comentar varios aspectos sobre este cuestionario:

1.  Debido a que dende a Consellería as instrucións que envían están moi pouco definidas, sobre todo polo carácter especial da situación, e porque son decisións que se van tomando a medida que se sucede a crise, criamos necesario ter unha base de datos para poder facer un plan de acción axeitado.

2.   Esto non significa dar materia nova, nin dar clase online, xa que este cuestionario ven a referendar que a fenda dixital existe. Sería inxusto e desigual ampliar contido e dende a escola pública non podemos ser partícipes de agrandar esa desigualdade de oportunidades.

3.  Son datos que unicamente axudarán, a cada titor/a concreto e especialista, a deseñar aquelas actividades que considere importantes co único fin de axudarvos neste confinamento, e, ademais, a poder actuar máis personalizadamente, con aqueles casos onde os recursos tecnolóxicos son máis escasos.

4.   Non é tempo de preocuparse dos contidos, é tempo para os mestres/as  de axudarvos, aconsellarvos, acompañarvos a través de diferentes actividades. As vídeo chamadas non son para clases online, e menos para os máis pequenos, pero a posibilidade de facer un encontro online cos alumnos/as podería ser moi positivo para eles, verse as caras, notar algo de normalidade.

Sen máis, nos despedimos, desexándovos que todas as familias estean ben e ofrecendo a nosa axuda naquilo que precisedes.

 

Un forte abrazo e ánimo

 

Boborás

13 de abril de 2020

 

                                                                     O equipo directivo

ENTREGA DE MATERIAL EDUCATIVO

AXUDA COORDINADA CO CONCELLO PARA A FACILITACIÓN DO MATERIAL EDUCATIVO DO ALUMNADO SITO NAS AULAS:

Dadas as circunstancias de prórroga do estado de alarma polo COVID-19, a partir do vindeiro mércores 15 de abril, o centro educativo, en coordinación co Concello de Boborás, facilitará o material educativo do alumnado que quedou nas clases baixo os principios de obxectividade, igualdade e non discriminación.

Será unha entrega ordenada e baixo solicitude de cada familia, na que Protección Civil poderá acercar este material coas medidas de protección estandarizadas oficialmente para garantir a adecuación da medida e a seguridade de toda a comunidade.

As solicitudes poderán facerse deixando constancia delas a través das seguintes formas:

 

·  A través do correo electrónico do centro: ceip.nosasenhora.xuvencos@edu.xunta.es

· A través do whatsapp do centro : 626 336 107

 

A presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento dos datos mínimos necesarios (direccións dos domicilios e teléfonos de contacto) para facer a entrega, por parte de Protección Civil. En caso de cambio de domicilio pola situación de confinamento, deberá informarse do cambio na propia solicitude. Non se facilitará o material doutro xeito, por estar prohibido no estado actual de alarma.

Cabe destacar que o material educativo como os libros de texto, non son o currículo educativo oficial do Estado, senón unha ferramenta máis do currículo. Atendendo ás recomendacións actuais da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, recomendamos utilizalos para repaso de contidos dados ata a data do estado de alarma, non para avanzar en contidos novos. O centro educativo non se fai responsable de calquera outro uso que poidan facer as familias, fora do currículo educativo oficial da Xunta de Galicia.

Por último. lembramos, especialmente a aquel alumnado que debe entregar os libros de texto ao finalizar o curso escolar, a importancia do coidado dos mesmos no seu uso cotiá.

 

Boborás, a 7 de abril de 2020

 

O director

 

Javier Álvarez

AXUDAS COMEDOR COVID19

AXUDAS SOLICITADAS NO CENTRO EDUCATIVO PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SITUACIÓN DE SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO PECHE DO CENTRO EDUCATIVO A RAÍZ DO COVID-19.

Comunicamos ás familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro no servizo de comedor do colexio que foron tramitadas correctamente todas as solicitudes presentadas no centro educativo.

MÁIS INFORMACiÓN na seguinte ligazón:  ORDE do 27 de marzo 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas de carácter directo as familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19 con levantamento dos prazos de suspensión do procedemento (DOG do 30 de marzo de 2020).

O prazo máximo para resolver a concesión de axudas, por parte da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, será de 10 días dende a data de finalización do prazo de solicitudes (6 de abril). Entenderase como medio de notificación da concesión o aboamento da compensación realizada pola administración educativa na conta corrente do beneficiario.

Boborás, a 7 de abril de 2020

 

O director

 

Javier Álvarez

XUNTÉMONOS @S NEN@S DE BOBORÁS

ESTE VÍDEO É UNHA MENSAXE DE ÁNIMO PARA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO COLEXIO NOSA SEÑORA DE XUVENCOS.

A CANCIÓN CORRESPÓNDESE CO NOSO HIMNO CREADO PARA OS XOGOS OLÍMPICOS "O PODER DE CRER EN TI", canción versionada de "DANCE MONKEY" de TONES AND I.

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL AUTISMO

Mañá día 2 de abril é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

        Este ano , baixo o lema: " Podo Aprender. Podo Traballar"

 
 
Dende o colexio decidimos sumarnos a esta conmemoración, compartindo e participando 
nesta iniciativa proposta dende ARASAAC
 
 
 
          XA SABEDES, ANIMÁDEVOS E FACEDE O VOSO "MINI MUÍÑO" 
AZUL  PARA POÑER NAS VOSAS FIESTRAS

 

Deixámosvos tamén algúns contos relacionados, para que entendan un pouco mellor o autismo:

 

ACADEMIA DE ESPECIALISTAS :

 

 

EL VIAJE DE MARÍA: 

 

 

 EL CAZO DE LORENZO: 

 

 

ACTUALIZACIÓN: ALGUNHAS FAMILIAS ENVIÁRONNOS FOTOS DOS SEUS PAPAVENTOS E DOS SEUS MURAIS:

 

 

GRAZAS!!!!!!

 

 

 

 

ENTREGA NOTAS 2º TRIMESTRE E VACACIÓNS DE SEMANA SANTA

Infórmase a todas as familias, dada a situación de excepcionalidade na que nos atopamos actualmente, do seguinte:

1.    A xuntas de avaliación do 2º trimestre, tanto de educación infantil como de educación primaria, realizáronse tendo como límite a data de declaración do estado de alarma polo COVID-19, esto é, o 13 de marzo de 2020.

2.    O venres 3 de abril, estarán dispoñibles as notas do alumnado en ABALAR MÓBIL, a partir das 11.00 da mañá. Se algunha familia ten dificultades para acceder a través de Abalar móbil, debe poñerse en contacto co equipo directivo,  a través do teléfono ou do correo electrónico do centro (ambos figuran na páxina web do centro). O horario de atención telefónica continuará sendo de 10.00 a 13.00 horas.

3.    As vacacións de Semana Santa comenzan o 6 de abril e rematan o 13 de abril, ámbolos dous incluídos, segundo a ORDE do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2019/20 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. Porén, estamos pendentes de posibles prórrogas do devandito estado de alarma que poderán alargar a volta ao centro educativo, segundo o estimen necesario as autoridades correspondentes. Calquera información nova estará exposta na páxina web do centro educativo.

4.    Dependendo de todo esto, queda pendente a forma a utilizar (presencial ou telemática) para falar cos titores sobre a marcha académica dos vosos fillos e fillas, neste 2º trimestre.

Todo o persoal docente e non docente quere expresar e transmitir un gran sentimento sincero de ánimo, de gratitude ante a comprensión e o esforzo que estades a facer desde os vosos domicilios e de forza ante esta situación tan difícil e angustiosa que nos está a golpear dun xeito tan forte e real nas nosas vidas.

Un saúdo.

Boborás, 1 de abril do 2020

O director

CÓMO SOLICITAR AS AXUDAS DE COMEDOR

AXUDAS PARA AS FAMILIAS DO ALUMNADO BENEFICIARIO DE BOLSAS DE COMEDOR ESCOLAR DURANTE A SITUACIÓN DE SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE COMEDOR COMO CONSECUENCIA DO PECHE DO CENTRO EDUCATIVO A RAÍZ DO COVID-19.

 

COMO SOLICITAR AS AXUDAS NO CENTRO EDUCATIVO

 

Para as familias ás que lles resulte difícil acceder á sede electrónica ou completar o anexo e remitilo ao centro educativo considérase válida a obtención do consentimento da familia e dos seus datos mediante os seguintes métodos:

 

a)    Correo electrónico (preferentemente) no que conste a intención da familia de solicitar a axuda e os datos seguintes:

 

·         Nomes, apelidos dos proxenitores.

 

·         Nomes, apelidos e condición de comensal do alumnado (dicir se é comensal gratuíto ou, en cambio, semigratuíto de 1 €).

 

·         Número de conta bancaria para o aboamento da axuda.

 

·         Vontade de solicitar a axuda de comedor polo COVID-19.

 

A dirección de correo electrónico para enviar estes datos é a seguinte:

ceip.nosasenhora.xuvencos@edu.xunta.es

 

b)    No caso de que non sexa posible enviar o correo electrónico, poderanse enviar os mesmos datos ó teléfono móbil do colexio, a través da aplicación whatsapp.

 

                                                        O número do móbil do centro é :  626 336 107

 

 

Boborás, a 1 de abril de 2020

 

O director

 

 

Javier Álvarez

 

 

COMO ENTRAR NA AULA VIRTUAL

CÓMO ENTRAR NA AULA VIRTUAL

Se picades no título anterior poderedes ver as instruccións que nos fixo a compañeira Vanesa para acceder a aula virtual do cole. Cada un ten que seleccionar o curso que lle corresponde.

Saúdos.

Distribuir contido


by Dr. Radut