Skip to Content

                              

VISITA AO CASTRO DE CAMEIXA

O xoves 5 de decembro o alumnado de 5º e 6º de primaria visitaron o Castro de Cameixa (Boborás).

Jorge Lamas, arqueólogo que dirixe a excavación, explicoulles a construcción circular "castrexa" e a cuadrangular que se superpuxo en épocas posteriores, así como as costumes relacionadas co espazo onde se facía o lume ou coa numerosa cerámica e adornos da vestimenta. Posteriormente, o alumnado fixo unha actividade de excavación e comentouse algunhas pezas de cerámica co arqueólogo.

NOTA INFORMATIVA

COMUNICAMOS ás familias que o vindeiro venres 6 de decembro é día non lectivo (Día da Constitución) polo que non haberá clases.

Este festivo está recollido pola Consellería de Educación na Orde do 20 de xuño de 2019, pola que se aproba o calendario escolar para o presente curso académico.

Un saúdo.

Boborás, a 2 de decembro de 2019

O director

 

Javier Álvarez Reza

XOGANDO AO ATLETISMO

O xoves 14 de novembro, o noso centro desprazouse ata a Pista de Atletismo Cuberta de Ourense

O evento estaba dentro do programa de actividades do III Salón de Deporte e Turismo Activo "Sportur Galicia" co fin de fomentar a práctica do atletismo nos centros escolares no ciclo de primaria da provincia de Ourense.

Participaron centros escolares da zona do Arenteiro e do Ribeiro nas modalidades de 10x10, xavelina, triplo, balón, saltos e gran prix.

Pincha na foto para ver máis.

MAGOSTO 2019

O mércores 13 de novembro celebramos o Magosto no colexio. Pola mañá decoramos o mural da entrada do colexio con castañas decoradas, refráns e figuras decorativas feitas con castañas.

 

Despois participamos na carreira de San Martiño, organizada polo mestre de Educación Física. Pola tarde despois de xantar, xogamos a varios xogos populares, onde os monitores eran o alumnado de sexto curso de primaria, e tamén saltamos a fogata. Pinchade nas fotos para ver máis.

 

 

CARREIRA SAN MARTIÑO

O mércores 13 de novembro celebramos a Carreira de San Martiño no noso colexio. Foi unha mañá diferente na que participou todo o alumnado. Ademáis tamén se fixo entrega das correspondentes medallas e premios.

Pincha na foto para ver toda a reportaxe.

SAMAÍN-HALLOWEEN 2019

O martes 29 de outubro celebramos o Samaín-Halloween no cole. Ademáis tamén entregamos os diplomas aos millores relatos terroríficos e as cabazas máis votadas.

 

No seguinte vídeo podedes ver o ben que o pasamos.

FESTIVALIÑO ON THE ROAD

O xoves 17 de outubro estiveron no cole os de FESTIVALIÑO ON THE ROAD XACOBEO 2021.

O Festivaliño on the road é un proxecto de distribución, exhibición e creación de cine infantil para nenos e nenas, nunha caravana itinerante por toda Galicia.

Os nenos puideron ver diferentes curtametraxes, facer entrevistas, rodaxes e máis sorpresas .....

No seguinte video podedes ver algunhas fotos do ben que o pasaron.

FESTIVALIÑO ON THE ROAD

O xoves 17 de outubro teremos no noso cole a autocaravana  do FESTIVALIÑO (festival internacional itinerante de cinema infantil).

As 10 h será para o alumnado de educación infantil.

As 11 h para o alumnado de 1º, 2º e 3º de educación primaria.

As 12 h para o alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.

NOTA INFORMATIVA

Estimadas nais,pais, titores e titoras de alumnos:

Como ben saben, unha das prioridades do centro é a adquisición de hábitos saudables, incluíndo unha dieta equilibrada e completa. Por iso, comunicámoslles que o colexio, en colaboración co Consello Escolar, elaborou unha proposta de calendario de merendas para levar a cabo nos recreos. Trátase de que os nenos que traen algo para comer neses momentos de lecer, tomen alimentos que complementen os menús do comedor, completando unha dieta variada e equilibrada. Por exemplo, como os martes e xoves as sobremesas do comedor son lácteos, parece axeitado que traian neses días unha froita, mentres que o resto da semana poden traer lácteos xa que a froita está de sobremesa no menú escolar.

O calendario de merendas proposto é o seguinte:

CALENDARIO DE MERENDAS PARA OS RECREOS

 

LUNS MARTES

MÉRCORES

XOVES

VENRES

LÁCTEO

(iogur, batido, queixo, etc)

FROITA

ou froitos secos

 

LÁCTEO

(iogur, batido, queixo, etc)

 

FROITA

ou froitos secos

LIBRE

En todo caso, convén recordar que pediatras e nutricionistas recomendan eliminar ou reducir ao máximo o consumo de bollería industrial (pasteliños de chocolate, napolitanas, sandwiches de nocilla, galletas, etc...), así como zumes de brik polo seu alto contido en azucres.

Agradecendo unha vez máis a súa colaboración, reciban un cordial saúdo.

VISITA AO RÍO VIÑAO

O xoves 3 de outubro o alumnado de 5º e 6º de educación primaria do noso cole fixeron unha saída para coñecer o río Viñao.

Esta saída estivo organizada por Herminio Fernández, presidente da Sociedade de pesca deportiva do río Viñao. El trouxo a uns biólogos de Santiago que lles explicaron aos nenos como averiguar a calidade da auga dos ríos.

Unha vez feita a clase teórica, o alumnado comprobou a calidade do río Viñao, que foi o que visitamos. Despois das oportunas investigacións por parte dos nenos e coa axuda dos biólogos, o resultado foi unhas augas de boa calidade, con pouca contaminación.

No seguinte video podedes ver todo o que fixeron.

Distribuir contido


by Dr. Radut