Benvid@s á web do CEIP Xuvencos de Boborás. Nesta páxina podedes atopar información acerca do centro, así como recursos e actividades que se irán facendo ao longo do curso. Esperamos que vos guste!
O alumnado de 5º e 6º cursos de Ed. Primaria, asistiu o pasado mércores 6 de novembro a unha charla sobre os perigos en internet, en redes sociais, videoxogos e ciberacoso.
O mércores 30 celebramos no colexio a festividade do SAMAÍN/HALLOWEEN con diferentes actividades, ademais da exposición de sombreiros terroríficos elaborados polas familias do alumnado.
No seguinte video podedes ver o ben que o pasaron.
Hoxe 24 de outubro conmemoramos o día das BIBLIOTECAS ESCOLARES, que da lugar ao inicio das actividades na nosa B.E.
O lema deste ano nas bibliotecas é: "Biblioteca escolar, a escena" e non hai mellor xeito de facelo que mediante unha representación teatralizada por parte do alumnado do 3º ciclo
para falarnos de como funciona a nosa B.E e tamén para introducir cal vai ser o P.D.I deste curso "Móvete e emociónate con Xuve".
Como prolongación do Xuve Saudable do curso pasado e para centrarnos especialmente na saúde mental e na actividade física, como ben explicou o alumnado do 3º ciclo.
Agradecemos tanto ao alumnado coma as súas titoras Asun, María e Carmela por todo o traballo realizado e o ben que nolo fixeron pasar...
Comezamos a mañá cunha visita (por ciclos) á nosa B.Epara lembrar as normas, utilización, a CDU, as cores e as idades asociadas a cada unha delas... as quendas de recreos na biblio, funcións do voluntariado e moitas cousas máis...
Tamén se falou da importancia de coidala, xa que é para o uso e disfrute de toda a comunidade educativa.
Como xa vén sendo tradición, houbo un "pincho saudable" para inaugurar a nosa B.E para todo o alumnado (e tamén para o profesorado).
Despois do recreo, chegou o momento de ir ó comedor para que o alumnado de 3º ciclo representase, dun xeito teatralizado o funcionamento da nosa B.E e a temática do P.D.I deste curso, como explicamos anteriormente.
Fixéronnos rir moito a todos e todas, moitos parabéns!!!
Finalizamos a xornada cunha das actividades que, iniciamos a finais do curso pasado e vai formar parte deste curso tamén: o "descanso activo" proposto pola profe Carmela, para exercitarnos, divertirnos e pasar un momento en comunidade.
Aquí vos quedan unhas poucas fotos do día de hoxe.
Queridas familias, queremos convidarvos a reunión xeral de principio de curso que terá lugar o vindeiro martes 10 de setembro as 16:00 h no colexio. Teremos unha breve presentación do claustro de profesorado e a continuación cada familia subirá as titorías correspondentes.
Queda publicada a listaxe definitiva de fondolibros, que non presenta ningunha diferencia coa provisional. Ao longo do día procederase a imprimir os vales correspondentes. O luns polo tanto estarán xa a vosa disposición no centro.
Queda publicada no interior do CEIP Nosa Señora de Xuvencos a listaxe provisional de FONDOLIBROS. Existen dous días para posibles reclamacións e o venres sacaremos a LISTAXE DEFINITIVA. A semana que ven, estarán os cheques á disposición das familias para recollelos.