Dende o CEIP Xuvencos, convidamos a toda a comunidade educativa e á cidadanía interesada, ao faladoiro "Medrar: autoestima e límites", impartido por Alexandre García Caballero, psiquiatra, doutor en mediciña e coordinador de Saúde Mental do Servizo Galego de Saúde.
Venres 10 de maio, de 16.00 a 18.00 horas
no CEIP Xuvencos
Esta charla forma parte do desenvolvemento do programa educativo INCLÚE-T no noso centro educativo, dentro dos contratos-programa INCLÚE, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, encamiñados a acadar o éxito escolar a través dos obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS) da Axenda 2030, concretamente dos obxectivos 4 (Educación de calidade) e 5 (Igualdade de xénero).
RECOMENDAMOS A ASISTENCIA!!!
Algunhas fotos do obradoiro: