Iniciamos esta semana o préstamo individual e hoxe tamén a viaxe das nosas "mochilas viaxeiras".
Este ano, por mor do Plan de Adaptación ao Covid 19 non puidemos facer a nosa tradicional festa de celebración no comedor escolar ( o noso salón de actos particular)
Pero non podíamos deixar de celebrar esta data, polo que decidimos facer unha sorte de "apadriñamento lector" e cada unha das clases ía "apadriñar" a outra, así, cada quen elaborou un pequeno vídeo para a clase que lle foi asignada, houbo cancións, bailes, contos, e moitas cousas máis.
A asignación foi a seguinte:
O alumnado de 6º de primaria "apadriñou" ó alumnado de 1º de primaria , e viceversa.
O alumnado de 5º de primaria "apadriñou" ó alumnado de 2º de primaria, e viceversa.
O alumnado de 4º de primaria "apadriñou" ó alumnado da clase mixta de 3 e 4 anos de ED. Infantil, e viceversa.
O alumnado de 3º de primaria " apadriñou" ó alumnado da clase de 5 anos de ED. Infantil, e viceversa.
E hoxe cada aula visionou o vídeo correspondente ó seu "padriño".
Gustoulles moitísimo, dende o equipo de biblioteca, damos as grazas a cada unha das aulas, aos seus titores e titoras e especialistas que colaboraron con eles e elas.
Tanto nos gustou, que decidimos que todas e todos debíamos ver os vídeos que elaboraron os demais, e aquí vos quedan. Para que os desfrutedes!!!!
Nos últimos días coñecemos a existencia de dous positivos no grupo de pais e nais colaboradores do comedor e de catro positivos no alumnado.
Desde o centro, estase a actuar segundo o protocolo, con adecuación e proporcionalidade así como coa maior coordinación posible coas autoridades sanitarias e educativas.
Como consecuencia, seguindo as instrucións recibidas polas devanditas autoridades, illáronse aqueles membros da comunidade educativa, neste caso, pais e nais colaboradores do comedor e alumnado, por ser contactos estreitos. Todas estas persoas foron, de acordo ó protocolo, informadas e comunicadas adecuadamente.
Pregamos, desde o centro, que continuemos a extremar as medidas de precaución e de seguridade por parte de todos e todas e facemos un chamamento á prudencia e á normalidade para garantir o bo funcionamento do centro educativo.
Ante calquera dúbida, lembramos a conveniencia de solventala directamente co centro, a través do correo electrónico, do teléfono e, de non ser posible, presencialmente, con cita previa.
A adaptación a este curso tan atípico e delicado está a complicar en exceso as labores docentes e de garda do alumnado en servizos como o comedor escolar.
Debido á situación excepcional pola Covid-19 e por falta de recursos de espazo, atendendo a criterios de adecuación e de seguridade, agradecemos ás familias que, no caso de que sexa posible, recollan ás 14:30 h ós fillos e fillas que coman no 1º turno de comedor.
As familias que teñan fillos/as nos dous turnos non estarían afectadas por esta nota informativa.
LEMBRÁMOSVOS QUE CAMBIAMOS O HORARIO DO COLEXIO, O NOVO HORARIO É:
TODOS OS DÍAS DE 9:30 A 14:30: HORARIO LECTIVO
14:30 A 16:00: COMEDOR
(TENDE EN CONTA O QUE VOS EXPLICAMOS NAS REUNIÓNS DESTA SEMANA, QUE FACEMOS DOUS TURNOS DE COMEDOR E QUE ROTAMOS OS CURSOS PARA QUE NON PERDAN A ÚLTIMA SESIÓN SEMPRE OS MESMOS).
ESTA SEMANA (10-11 SETEMBRO) COME NO 1º TURNO (13:40 H): INFANTIL, SEGUNDO, TERCEIRO E QUINTO. E NO SEGUNDO TURNO (14:30 H): PRIMEIRO, CUARTO E SEXTO.
A SEGUINTE SEMANA (14-18 SETEMBRO) COME NO 1º TURNO (13:40 H): INFANTIL, PRIMEIRO, CUARTO E SEXTO. E NO SEGUNDO TURNO (14:30): SEGUNDO, TERCEIRO E QUINTO.
Segundo a Resolución do 1 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece a incorporación gradual do alumnado para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
A Orde do 25 de xuño de 2020 establece o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. A disposición adicional terceira da citada orde autoriza á persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para ditar as disposicións que sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.
En virtude da citada disposición e co fin de facilitar a incorporación do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/21 e a adaptación ás Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública (DOG nº 174 bis do 28-08-2020)e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da Covid 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso2020-2021,
DISPOÑO:
Punto único. Incorporación gradual do alumnado
1. O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil, 1º, 2º e 3º curso de educación primaria e educación especial.
2. O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.