Skip to Content

                              

LISTAXE DE ADMITIDOS PROVISIONAL E DEFINITIVA

A listaxe de admitidos no CEIP Xuvencos para o curso 2021/2022 estará publicada no taboleiro de anuncios do colexio.

Todos os alumnos/as que solicitaron a praza están admitidos/as.

Existe un prazo de 5 días de reclamación.

Antes do 15 de maio publicarase a listaxe definitiva.

 

O prazo de formalización de matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

 

Boborás 26 de abril de 2021

Vacacións de Semana Santa

Estimadas familias, neste final do 2º trimestre, queremos comunicarvos que  o venres, día 26 de marzo de 2021, entréganse as notas da 2ª avaliación ao alumnado (dispoñibles en ABALAR MÓBIL, a partir das 12.00 do mediodía).

As vacacións de Semana Santa comezan o 29 de marzo e rematan o día 5 de abril, comezando as clases o martes, día 6 de abril de 2021.

Máis información premendo na ligazón.

 

Un saúdo.

 

Boborás, 24 de marzo do 2021 

 

O director 

Javier Álvarez Reza

Día non lectivo 19 de marzo

NOTA INFORMATIVA

COMUNICAMOS ás familias que o vindeiro venres 19 de marzo de 2021 é día non lectivo (Día de San Xosé) polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o luns 23 de marzo.

Estes festivos están recollidos pola Consellería de Educación na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021.

Un saúdo

Boborás, a 17 de marzo de 2021

 

O director

 Javier Álvarez

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O vindeiro xoves 25 de febreiro celebraremos o DÍA DE ROSALÍA cun concerto didáctico, no que estarán SÉRGIO TANNUS e MARTA BRAVO,  en colaboración con outros centros da contorna.

 

Días non lectivos Entroido 2021

 

COMUNICAMOS ás familias que os vindeiros luns 15, martes 16 e mércores 17 de febreiro son días non lectivos (Entroido) polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o xoves 18 de febreiro.

Estes festivos están recollidos pola Consellería de Educación na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021.

Un saúdo

Boborás, a 12 de febreiro de 2021

 

O director

 Javier Álvarez 

Gala do Ensino

 

O vindeiro martes, 22 de decembro de 2020, terá lugar a  Gala Anticovid do Ensino, desde o Auditorio Municipal de O Carballiño.

Esta gala reunirá a máis de 2400 estudiantes de edades comprendidas entre os 3 e os 18 anos, que estarán en conexión de forma interactiva desde os diferentes centros educativos implicados.

No Auditorio, ademais da presentación do evento, tamén terán lugar actuacións en directo de magos, artistas de circo, cantantes e músicos e emitiranse, ó longo do festival, os vídeos coas diferentes actuacións dos centros educativos.

A gala de Infantil e Primaria terá lugar de 10.00 a 11.30 horas para posteriormente dar paso, de 11.45 a 13.10 horas, á Gala de Secundaria, Bacharelato, FP e Conservatorio.

Tamén poderase ver a gala en directo (a través de YouTube) desde as residencias de maiores e haberá 60 invitacións, para acudir presencialmente ó evento, para as familias dos centros educativos. Proporcionalmente, ao CEIP Xuvencos correspóndennos dúas entradas, entregadas ao Consello Escolar.

Xa é posible ver a gala a través da seguinte ligazón:   

 

                                https://www.youtube.com/watch?v=YPPfMHBXv9M&ab_channel=GalaAnticovid

 

Gala do Ensino 

NOTA INFORMATIVA

 

VACACIÓNS DE NADAL

 

Estimadas familias, queremos informar do seguinte:

 

  • O martes, día 22 de decembro de 2020, o alumnado de Educación Infantil e de Educación Primaria recibirá o boletín de notas do primeiro trimestre, que tamén poderán ver as familias en abalar móbil a partir do mediodía.
  •  O horario de atención ás familias para a entrega do xustificante das notas e para falar cos titores e titoras sobre a evolución académica dos seus fillos e fillas será o primeiro martes lectivo de xaneiro, día 12 de xaneiro, ás 16.00 horas.
  • No caso de non poder asistir este día por forza maior, deberán poñerse en contacto coas respectivas titorías.
  • O martes 22 de decembro é día lectivo, polo tanto o alumnado seguirá o horario ordinario. Se ben, será un día especial no que, entre otras cousas, visionaremos a Gala do Nadal emitida en directo desde internet, sobre a que vos daremos máis información nos vindeiros días.
  • As vacacións de Nadal comezarán o 23 de decembro de 2020 e rematarán o 7 de xaneiro de 2021, comezando as clases o venres 8 de xaneiro de 2020, segundo a Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/2021 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ante calquera novidade durante as vacacións, manteremos actualizada toda información a través da páxina web e de abalar móbil.

  

Un saúdo e Bo Nadal!

 

Boborás, xoves 17 de decembro de 2020. 

 

O director 

Javier Álvarez

NOTA INFORMATIVA

 

 

COMUNICAMOS ás familias que os vindeiros luns 7 e martes 8 de decembro son días non lectivos (Día do Ensino e Día da Inmaculada Concepción) polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o vindeiro mércores 9 de decembro.

 

Este festivo está recollido pola Consellería de Educación na Orde do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o presente curso académico.

 

 

Boborás, 3 de decembro do 2020

 

 

                                                                                                                   

DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS ENTRE O ALUMNADO

Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

 

A SOLICITUDE será presencial no centro educativo ata o 27 de novembro de 2020.

Preme na ligazón para máis información

Luns 2 de novembro día non lectivo

 

NOTA INFORMATIVA

COMUNICAMOS ás familias que o vindeiro luns 2 de novembro é día non lectivo polo que non haberá clases. Retomaremos as clases o martes 3 de novembro.

Este festivo está autorizado pola Consellería de Educación en base ao artigo 7 da ORDE do 25 de xuño de 2020 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2020/21 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Boborás, 29 de outubro de 2020

 

O director

Javier Álvarez

Distribuir contido


by Dr. Radut