Estimadas familias:
Como xa sabedes e debido a situación tan complexa que vivimos, nos últimos dias enviamos un cuestionario co fin de recoller unha serie de datos que nos axuden a tomar decisións de maneira mais precisa e axeitada, xa que non sabemos canto durará esta situación. Dende o equipo directivo, queriámosvos comentar varios aspectos sobre este cuestionario:
1. Debido a que dende a Consellería as instrucións que envían están moi pouco definidas, sobre todo polo carácter especial da situación, e porque son decisións que se van tomando a medida que se sucede a crise, criamos necesario ter unha base de datos para poder facer un plan de acción axeitado.
2. Esto non significa dar materia nova, nin dar clase online, xa que este cuestionario ven a referendar que a fenda dixital existe. Sería inxusto e desigual ampliar contido e dende a escola pública non podemos ser partícipes de agrandar esa desigualdade de oportunidades.
3. Son datos que unicamente axudarán, a cada titor/a concreto e especialista, a deseñar aquelas actividades que considere importantes co único fin de axudarvos neste confinamento, e, ademais, a poder actuar máis personalizadamente, con aqueles casos onde os recursos tecnolóxicos son máis escasos.
4. Non é tempo de preocuparse dos contidos, é tempo para os mestres/as de axudarvos, aconsellarvos, acompañarvos a través de diferentes actividades. As vídeo chamadas non son para clases online, e menos para os máis pequenos, pero a posibilidade de facer un encontro online cos alumnos/as podería ser moi positivo para eles, verse as caras, notar algo de normalidade.
Sen máis, nos despedimos, desexándovos que todas as familias estean ben e ofrecendo a nosa axuda naquilo que precisedes.
Un forte abrazo e ánimo
Boborás
13 de abril de 2020
O equipo directivo
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |