Complementarias
ROTEIRO DOS SOUTOS
Enviado por Anónimo o Lun, 31/05/2021 - 11:51Este venres, 28 de maio, decidimos coller as mochilas e botarnos ao monte polo roteiro dos Soutos.
Un precioso paseo no que percorremos un pedaciño da Vía Kunig e voltamos merendar á vila. Bueno, un pedaciño... os maiores case chegamos a Pedrafita !!
Á volta, esperábannos uns riquísimos boliños xentileza da Panadería Ricardo, á que dende aquí lle mandamos o noso agradecemento.
O noso encargado da limpeza dos montes, Carlos, voltou cunha bolsa chea de lixo que depositou nun contenedor da vila. Bo traballo, Carlos !!
CERTAME DE DEBUXO E NARRATIVA DAS LETRAS GALEGAS - BIBLIOTECA DE AS NOGAIS
Enviado por Anónimo o Lun, 10/05/2021 - 10:30O pasado venres, 7 de maio, aproveitando que tiñamos que entregar os nosos traballos para o Certame de Debuxo e Narrativa do Día das Letras Galegas convocado pola Biblioteca de As Nogais, fixemos unha pequena excursionciña pola vila quenos encantou a tod@s.
O Concello, dan man do seu alcalde, concelleir@s, e resto de traballadores, invitounos a coñecer o seu edificio, e mesmo nos deixaron presidir o pleno de recollida dos nosos traballos, dirixidos pola nova alcaldesa provisional, a nosa compañeira María.
Cando rematou o "pleno", aproveitamos o día para merendar e xogar un pouquiño no parque da vila. Pasámolo xenial !!
DÍA DA NAI
Enviado por Anónimo o Sáb, 01/05/2021 - 14:26Durante esta semana, as nenas e nenos do cole estiveron a preparar agasallos para festexar o Día da Nai.
Secaron frores, plastificáronas, fixeron marcos, traballaron con goma-eva, envolveron prantas con papel celofán, montaron, desmontaron, subiron, baixaron... É que nai non hai máis que unha.
Aquí deixamos unhas fotiños dos seus traballos.
Ata a próxima !!
TALLER DE TURISMO "DESTINO LUGO"
Enviado por Anónimo o Mér, 28/04/2021 - 10:43O alumnado de 4º5º6º ven de participar no Taller de Turismo na Deputación de Lugo que este ano leva por título "DESTINO LUGO".
13 MILLÓNS DE GRAZAS
Enviado por Anónimo o Xov, 22/04/2021 - 11:32Ola familias,
informávosvos que no día de hoxe enviamos a recaudación da Carreira Solidaria Save The Children, que ascendeu a 225,82€, grazas ao esforzo de toda a comunidade educativa.
Isto implica que vimos de pagar o tratamento antibiótico e as vacinas de 56 nenas e nenos que estaban irremediablemente condeados a morrer por falta de recursos, así que moitas grazas no nome das 13 millóns de persoas que dependen da axuda humanitaria no mundo.
Pasiño a pasiño faise o camiño.
Apertas e grazas a todos/as pola vosa aportación !!!
CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN
Enviado por Anónimo o Sáb, 17/04/2021 - 15:18Este venres celebramos a Carreira Solidaria a beneficio da ONG SAVE THE CHILDREN, co fin de traballar no cole os valores de solidariedade e axuda aos máis necesitados.
As nenas e nenos de 4º5º6º fixeron unha gran carreira, seguidos de preto pola súa titora:
Oa rapaces de 1º2º3º tampouco se quedaron atrás, completando o circuíto coma auténticos atletas olímpicos:
E os máis pequenos tampouco quixeron ser menos e fixeron unha grande carreira, moi aplaudida polos seus compañeiros e mestres:
CONCURSO DE DEBUXO "MURALLA DE LUGO"
Enviado por Anónimo o Mar, 06/04/2021 - 15:31As nenas e nenos do cole participamos nun concurso sobre a Muralla de Lugo. Os pequenos fixemos uns debuxos chulísimos e os maiores uns relatos cortos moi interesantes.
Para poder facer os nosos debuxos, na aula de infantil tivemos que investigar que é unha muralla. Primeiro falamos sobre a Muralla de Lugo e vimos varios vídeos nos que ata a puidemos ver dende o aire. Despois de vela e falar sobre ela tocou vivenciala a través das pezas de construcción que temos na clase, pasámolo moi ben, mirade!
DÍA DO PAI
Enviado por Anónimo o Sáb, 20/03/2021 - 12:43Esta semana, nos tempos de lecer, as nenas e nenos do cole estiveron preparando unha sorpresa moi especial para celebrar o día do pai.
Moitos parabéns!!!
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA
Enviado por Anónimo o Lun, 15/03/2021 - 22:55No cole de As Nogais vimos de traballar coa "Semana da Prensa na Escola".
As nenas e nenos de 4º5º6º len todas as semanas o xornal, e traballan cuestións relacionadas coas novas que seleccionan... e esta semana dun xeito máis especial analizaron a prensa e as distintas seccións que inclúe.
Pola súa parte, na aula de 1º2º3º tamén analizaron as seccións que hai nos xornais e entre todos fixeron un xornal de aula seleccionando unha nova de cada sección. Recortaron e pegaron as novas escollidas e montaron a edición especial "Semana da Prensa do Cole das Nogais." Quedoulles ben chulo !!