Complementarias
Estefanía Padullés: A manchas e a raias
Enviado por Anónimo o Mar, 18/12/2018 - 13:54O martes 18 de decembro visitounos a ilustradora Estefanía Padullés, para presentar o seu libro "A manchas e a raias". No acto estiveron os nenos de As Nogais acompañados polos nenos e nenas do CPI Uxío Novoneira de Pedrafita do Cebreiro. Estefanía explicou como se realiza un libro, o que é unha editorial...pero o mellor de todo e que demostrou as súas habilidades debuxando unha parte do seu conto no chan. Bravo!
Nadal no CEIP As Nogais
Enviado por Anónimo o Mar, 18/12/2018 - 13:42Para celebrar o período de vacacións do nadal, o CEIP As Nogais realizou este singular abeto desexándolles os mellores propósitos e desexos para estas e próximas datas. Vémonos no 2019!
Nadal 2018
Enviado por Anónimo o Xov, 13/12/2018 - 13:12O equipo de actividades complementarias e extraescolares diseñou este precioso mural para o tempo de Nadal.
Os nenos e nenas tamén crearon un recuncho coas manualidades e con postais creadadas por eles.
XOGADE: Bádminton Cervantes 2018
Enviado por Anónimo o Mar, 04/12/2018 - 00:23Xa temos o bo costume, de por estas datas, acudir ao CPI de San Román de Cervantes, coa finalidade de pasar un bo día entre todos os colexios da comarca dos Ancares (Cervantes, Navia, Pedrafita, Courel e As Nogais) e o bádminton como fío conductor de todo isto.
Un ano máis, Lucía Lombardía organizou as distintas competicións (niveis medio e baixo, tanto en individual coma en parellas). Antón e Jose Antonio xestionaron todos os trámites necesarios para facer posible este encontro (autobús, mutualidades...). O resto contribuímos có noso gran de area. Grazas a todos e todas.
#ProxectoEqualiter
Enviado por Anónimo o Lun, 26/11/2018 - 14:20Para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero, o CEIP As Nogais participou, por segundo ano, no proxecto equaliter. Este proxecto creado polo CEIP Aquilino Iglesia Alvariño de Abadín cada ano aumenta a cantidade de centros participantes e a calidade das accións. Nós queremos darlle as grazas a Marta polo seu esforzo como impulsora desta bonita iniciativa a prol de concienciar ás futuras xeracións no eido da igualdade e respeto entre sexos.
O planetario de Íñigo
Enviado por Anónimo o Mar, 20/11/2018 - 12:29O 15 de novembro tivemos a oportunidade de desfrutar da presenza no noso colexio de Íñigo, fillo do famoso Miguel de la Cuadra Salcedo.
Mostrounos un planetario móbil, onde vimos a Terra, o Sol e outros astros da nosa galaxia como antes nunca viramos. Viaxamos o futuro e fixemos moitas máis cousas...
Moitas grazas a Íñigo por vir!
Samaín 2018
Enviado por Anónimo o Lun, 29/10/2018 - 13:35A celebración da festa do samaín no CEIP As Nogais comezou cunha exposición de froitos de tempada e a decoración do centro.
Lipdub do CEIP As Nogais
Enviado por Anónimo o Xov, 25/10/2018 - 20:50Tras un tempo de espera...ao final temos aquí o Lipdub das emocións realizado ao final do curso 2017/2018. Esperemos que vos guste...
Estamos de volta
Enviado por Anónimo o Xov, 20/09/2018 - 12:24Hai uns días que xa estamos de volta á rutina...e para comezar este novo curso, fixémolo cós nosos tesouros máis prezados do período estival.
Festival fin de curso
Enviado por Anónimo o Mar, 26/06/2018 - 11:50O xoves 21 de xuño celebramos o festival fin de curso no CEIP As Nogais.
Para comezar, o alumnado de 4º, 5º e 6º representou unha obra teatral de creación propia: "Clínica As Nogais".
Seguidamente, as nenas de 5º e 6º puxeron en práctica as súas dotes artísticas realizando un baile coa canción "Tu cintura".
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- seguinte ›
- última »