TALLER DE TURISMO "DESTINO LUGO"
Enviado por Anónimo o Mér, 28/04/2021 - 10:43
O alumnado de 4º5º6º ven de participar no Taller de Turismo na Deputación de Lugo que este ano leva por título "DESTINO LUGO".
Esta campaña está centrada no turismo de proximidade e o seu obxectivo primordial é favorecer e promover o coñecemento por parte das nosas nenas e nenos da súa contorna. Entendemos que promover o turismo de proximidade é un xeito de axudar á reactivación da economía da provincia, pero tamén unha maneira de promover un lecer seguro en tempos de restricións de mobilidade.
A nosa aportación foi este precioso lapbook no que describimos e mostramos as principais marabillas da nosa contorna:
Ata a próxima !!