Animación á lectura
Furgoteca
Enviado por ceip.nogais o Mér, 18/10/2023 - 11:45Mañá vén a Furgoteca ao cole!!!!
Paula, a bibliotecaria, virá acompañada da escritora Alba Carballal. Estarán con nós de 12:00 a 13:00 e será unha actividade aberta ao público, polo que os que queirades achegarvos ao centro, podedes facelo no horario da actividade.
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA
Enviado por Anónimo o Lun, 15/03/2021 - 22:55No cole de As Nogais vimos de traballar coa "Semana da Prensa na Escola".
As nenas e nenos de 4º5º6º len todas as semanas o xornal, e traballan cuestións relacionadas coas novas que seleccionan... e esta semana dun xeito máis especial analizaron a prensa e as distintas seccións que inclúe.
Pola súa parte, na aula de 1º2º3º tamén analizaron as seccións que hai nos xornais e entre todos fixeron un xornal de aula seleccionando unha nova de cada sección. Recortaron e pegaron as novas escollidas e montaron a edición especial "Semana da Prensa do Cole das Nogais." Quedoulles ben chulo !!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA COMEZAR O ANO
Enviado por Anónimo o Xov, 31/12/2020 - 10:22O Equipo de Dinamización da Lingua Galega deséxavos FELIZ ANO!
E para que pasedes uns días entretidos deixámosvos unhas recomendacións de lectura e algunha que outra sorpresa musical. Agardamos que vos gusten!!
PARA OS MÁIS PEQUENOS DO COLE
PARA PRIMEIROS LECTORES
E PARA LECTORES EXPERTOS
VÉMONOS NO 2021 !!