CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN
Este venres celebramos a Carreira Solidaria a beneficio da ONG SAVE THE CHILDREN, co fin de traballar no cole os valores de solidariedade e axuda aos máis necesitados.
As nenas e nenos de 4º5º6º fixeron unha gran carreira, seguidos de preto pola súa titora:
Oa rapaces de 1º2º3º tampouco se quedaron atrás, completando o circuíto coma auténticos atletas olímpicos:
E os máis pequenos tampouco quixeron ser menos e fixeron unha grande carreira, moi aplaudida polos seus compañeiros e mestres:
Ao final, todos gañamos neste reto onde o importante non era chegar de primeiro, senón facer un esforzo para axudar a saír adiante aos nenos e nenas do Congo, que recibiran as súas vacinas contra a neumonía grazas á axuda dos nosos campións.
Ata a próxima, familias !!