Skip to main content

EMPATÍA

OS NOSOS DESEXOS NA RADIO EXPERIMENTAL #Radionabiblio #Nadal #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os desexos desta rapazada viaxan xa nas sacas de paxes, carteiras e carteiros,

diríxense ás tres estrelas. Pero quixeron que as ondas da nosa Radio Experimental

tamén soaran coas súas verbas. Esta rapazada non pide moitos xoguetes,

piden necesidades, dereitos e piden moito para os demáis,

porque ninguén pode ser feliz se o que está ao seu carón non o é tamén!

Paz, amor e bos desexos para todas e todos!

 

 

 

 

 

 

CLUB DE LECTURAS "Chocolate con libros" #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os clubs de lectura continúan gozando das palabras, de cada historia

e de compartir xuntos as emocións que neles provocan.

Última tertulia de "O misterio do fillo de Lúa" de Fina Casalderrey.

Marchan con "A verdadeira historia da mosca da tele" de María Solar.

De seguro sacará máis dun sorriso!

 

 

 

 

O PODER DAS PALABRAS #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Dúas mestras do equipo de biblioteca realizamos un Erasmus Plus en Pistoia.

Chegamos con ideas renovadas e libros!

Gracias ao alumnado de 1º de Educación Primaria, hoxe dámoslle voz á primeira historia.

Unha historia que está enmarcada no Día da Infancia e que será o comezo de algo fermoso!

Escoitade a historia e estade moi atentas e atentos!

En breves teredes novidades!

 

 

 

 

PATIOS VIVOS! RESPECTUOSOS COA INFANCIA #bibliotecainclusiva #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Os espazos se deseñan para que a través do xogo xurda a aprendizaxe.

A motivación é o motor. 

 

 

 

 

GRUPOS INTERACTIVOS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #PlanLIA #Axenda2030 #FamiliasnaBE #bescolatesgal #bescolaresgalabertas

 

Ramón Flecha, catedrático da universidade de Barcelona é o creador do proxecto das comunidades de aprendizaxe.

Dentro delas, temos aos grupos interactivos, que pretenden  reducir conflitos e o fracaso escolar.

Apostando polo diálogo como forma de enriquecemento. Pero non son polvos máxicos é ciencia.

A investigación INCLU-ED, realizada en 15 países, entre eles España, demostrou que ante

diversas formas de organización de aula, os grupos heteroxéneos con familias voluntarias

dan os mellores resultados de aprendizaxe e convivencia

(pese a que a pandemia estragou a súa presencialidade, pero volverán).

Os grupos interactivos:

 

 

 

- AUMENTAN O NIVEL DO GRUPO.

 

-REDUCEN CONFLITOS.

 

O potencial da familia no entorno escolar, é un recurso que non se pode desaproveitar.

Fai uns anos que se realizan na biblioteca, dependendo do curso, semanalmente

ou quincenalmente. E tamén se empezaron a incorporar na formación de usuarios da biblioteca do inicio do curso.

 

Hai uns 5 grupos cooperativos na biblio que rotan cada 20 minutos.

En cada espazo da biblioteca hai 5 actividades diferentes organizadas.

En cada espazo hai un familiar adulto voluntario que se asegura de fomentar

o diálogo igualitario, asegurándose que todos dan a súa opinión.

A súa función é dinamizadora e o mestre programa, organiza e está presente

guiando e atendendo onde xorden dificultades.

Os voluntarios son moi bos reforzadores e cada un pode aportarlle diferentes modelos ao alumnado.

 

 

As familias voluntarias reciben un par de tardes de formación e asinan un contrato de confidencialidade.

 

 

Distribuir contido