Skip to main content

TRABALLO COOPERATIVO

LER PERSOAS! - BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

O pasado 8 de xuño celebramos a segunda xornada da Biblioteca Humana.

Tivemos o pracer de escoitar tres títulos fermosos da voz das súas autoras.

Historias que perdurarán en audio, no noso catálogo Meiga,

para escoitar sempre que se desexe.

A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que

ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo

o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes.

Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor

moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo.

 

 

Agradecer a Rebeca León Graña, Ánxela Lema París

e Ermitas García Rios todas e cada unha desas verbas.

 

 

 

 

 

AS BRUXAS - V XORNADAS DE TEATRO #teatronaBE #aBEtenapalabra #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

 

Este venres o alumnado de 4º C representará "As Bruxas",

unha adaptación do conto de Roald Dahl. En dous pases no Auditorio

de Cedeira amosarán o traballo dun ano. Un traballo feito enteiramente

por eles: decorados, encargaranse do son... e coa colaboración

das familias para os disfraces.

Os inicios comezaron coa lectura do libro e

onte mesmo así estaban na biblioteca.

Moita merda rapazada!!

 

 

 

 

Obradoiro de baile - #euquedonacasa

Na última quincena de cole, Aroa e Elisa, viñeron todos os recreos á biblioteca para deseñar un obradoiro de baile.

Xa estaban cos últimos retoques no seu cartaz cando tivemos que marchar.

Neses dous últimos días de clase, outras compañeiras e compañeiros uníronse ao obradoiro, para poder levalo a cabo con máis soltura.

A súa proposta é semanal. Todos os xoves.

Intentando continuar coa rutina e sempre que vos apeteza.

Aquí vai a proposta!

Prepara unha coreografía dunha destas cancións.

Se che apetece podes mandar o teu vídeo a un deste enderezos:

https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/…

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

 

Distribuir contido