Skip to main content

ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL

DÍA MUNDIAL DA AUGA - FALADOIRO "O dereito á auga" #DíaMudialdaAuga #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Polo Día Mundial da auga tivemos a visita de Miño Guerreiro,

voluntario da ONGD Enxeñería sen Fronteiras.

Realizou un faladoiro sobre o dereito do acceso á auga.

Quedamos con moitas ganas de saber da súa experiencia en Honduras,

así que volveremos a velo.

AMI: RUTINAS DE PENSAMENTO #bescolaresgalabertas

O alumnado de 1º C, os Vagalumes, inician unha longa investigación, sobre un tema que hoxe está "na boca de todas e todos".

 

 

 

Comezan con esta rutina de pensamento, coa que aprenden a pensar e plantexarse preguntas. Tamén a razoar onde atoparán as respostas máis fiables.

Que é o que saben do virus Sarc-Cov-2/Covid19? Saben moitas cousas que parecen impensables con só cinco ou seis anos de vida. Ollade!

As oracións gardan fidelidade ás súas verbas e expresións.

 

 

 

Coinciden en pleno, que o que máis lles interesa saber é cando remata esta dura historia.

Todo o planeta daría moito por obter esa resposta, grandes problemas se avistan para dar coa resposta.

E o plano emocional, a palabra, morte lese entre liñas.

 

 

 

Hai dúas profesións claves para solucionar o problema e valoran moito a súa opinión.

Tamén hai un lugar que ten gran importancia para a documentación: a biblioteca!

 

 

 

Este é o comezo dunha investigación complicada e que toca o corazón de todos.

Saben de certo que será longa no tempo, a rapazada é moi lista!

 

Aprenderán nese camiño. Cada vez que din algo, teñen que xustificalo, explicar porque o dixeron, porque defenden esa postura. O mesmo espíritu crítico pediráselles na lectura ou escoita de calquera noticia, comunicado... coa intención de crear unha infancia que poña en dúbida a información, porque non todo vale.  Para que mañá sexan adultos intelixentes e competentes, que entendan a diferencia entre unha información con datos contrastados e fiables dunha noticia falsa ou  unha estafa.

 

A NOVA VIAXE DE PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

A introducción da actividade de hoxe semella un novo capítulo do conto recén publicado. Pois a decir verdade, viaxe o que se dí viaxe entendido como o movemento dun lugar a outro podería ser. E todo isto por arte de maxia da nosa biblioteca escolar e a vosa axuda, por suposto. Entre todos imos facer que Percebiño viaxe por todos os sitios que se vos ocurran. 

Preguntarédesvos como. Aquí vai a explicación da proposta de hoxe:

 

1. O primeiro que temos que facer é proporcionarlle ao noso percebe favorito un medio de transporte, que polo que podemos supoñer, no que máis lle presta viaxar pode ser un barco.

Xa temos o primeiro paso: construír un barco de papel.

 

2. Cando teñamos o barco feito, metemos nel a Percebiño, e facémoslle unha foto. 

 

3. O último paso pode ser o máis complicado: decidir onde imos mandar a Percebiño.

Premede na imaxe para comezar a tarefa. Se precisades axuda, podedes acceder ao vídeo titorial que atoparedes un pouco máis abaixo.

Ao entrar dádelle a EDITAR.

 

 

 TITORIAL GOOGLE MY MAPS:

 

 

Compartide as vosas creacións:

https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/

@beCarlosLabrana

biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

SEMANA DA ALFABETIZACIÓN EN MEDIOS E INFORMACIÓN

DENTRO DA MATERIA DE LIBRE CONFIGURACIÓN: APRENDER A INVESTIGAR (QUE O ALUMNADO DE 4º E 6º DE PRIMARIA LEVAN A CABO NAS TITORIAS) TIVEMOS UNHAS SESIÓNS ESPECIAIS ONDE RAMÓN LOUREIRO, ESCRITOR E PERIODISTA NA VOZ DE GALICIA, VEU ACHEGARNOS A SÚA PROFESIÓN. ESTAS SESIÓNS ESTÁN ENMARCADAS NA CELEBRACIÓN DA SEMANA MUNDIAL DA ALFABETIZACIÓN EN MEDIOS E INFORMACIÓN A PROPOSTA DA UNESCO.

 

 NOTICIA MAR DE CEDEIRA DE RAMÓN LOUREIRO

MIÑA TERRIÑA - MEU LAR

PROXECTO MEDIO AMBIENTE

O día 27 de setembro escolares, mestres e familias participaron nunha charla-coloquio no auditorio municipal. Os nosos obxectivos: ver cales eran as ideas do alumnado respecto ao cambio climático, a perda de biodiversidade, as posibles actuacións dende a escola,...

A charla foi guiada por un traballador do Concello, habitual colaborador nas actividades escolares: Quique Vázquez. O fío conductor do debate foi o vídeo titulado: "Miña terriña, meu lar", que convidaba a reflexión. Foi este día o que xurdiron as bases sobre as que se asentará o proxecto anual de biblioteca.

Os escolares teñen bastante claro o que debemos Reducir - Reutilizar e Reciclar.

Xa iremos vendo como o facemos...

TV GALIZA VAGALUMES

COINCIDINDO COAS XORNADAS QUE MARES DE CEDEIRA MUSEO ORGANIZOU PARA OS CENTROS ESCOLARES DA VILA, OS VAGALUMES DE 3º A DECIDEN DEIXAR CONSTANCIA DO SUCESO E PREPARAN UN TELEXORNAL.

A RAPETA É UN ARTE DE PESCA (PROHIBIDA AGORA NA VILA), PERO QUE PERMITÍU CREAR MEMORIA COLECTIVA NO POBO.  ESTE ALUMNADO, INMERSO NUN PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, DECIDÍU SACARLLE O MÁXIMO PROVEITO.

CON ANTERIORIDADE Á RAPETA REALIZARON RUTINAS DE PENSAMENTO EN GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS.

Distribuir contido