Skip to main content

LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE

POESÍA E BIMBIO CON GERALDINE JONES #DiadeRosalia #FamiliasnaBE #PDI #ciencia #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

A xornada de bimbio amosou o verdadeiro poder da arte.

O alumnado dirixido por Geraldine Jones e coa guía e acompañamento

dos axudantes da artista e das mestras, foron quen de dominar o material

para convertelo en fermosas estrelas, que logo adobiaron con cintas brancas

e azuis, as de  Galicia e de Rosalía. Non esqueceron, non, realizar uns recitados

 de poesía para celebrar o seu día, o seu nacemento.

 

Agradecer a Geraldine Jones e  Lugares Comúns este fermoso obradoiro.

 

 

 

 

DÍA DA PAZ #ODS16 #Axenda2030 #ALFIN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Valorando a nosa terra berramos alto para sementar a PAZ a cada paso.

Unha actividade coordinada por tódolos equipos do centro onde xuntos

ilustramos un desexo.

Debuxemos a paz tódolos días!

Non hai fronteiras! Terra! Tanxungueiras!

 

Pequena mostra de fondos polo Día da Paz.

COÑECES A BE "CARLOS LABRAÑA"? #bescolaresgal #bescolarersgalabertas

Somos sabedores das dificultades das familias para acudir á nosa biblioteca de xeito aberto,

como antes da pandemia, debido ás restriccións. Moitas delas incorporáronse xusto neste período

e non saben nin coñecen os espazos dos que gozan os seus fillos e fillas.

Queremos poñer un pequeno parche e abrir un buratiño na Biblioteca Carlos Labraña,

así podedes ollar como é un Laboratorio Creativo de Aprendizaxe, a nosa biblioteca Lía.

Imos recuperar algúns arquivos para amosarvos...

Polo 2019 veñen gravarnos dende a Asesoría de Bibliotecas e publican este vídeo tan bonito.

Dende aquela xa choveu e a biblioteca sufriú novas remodelacións. 

Nunha das salas incorporamos ata unha cociña, si na mesma biblioteca non lestes mal, non!

Nela tamén hai uns asentos bancadas para escoitar exposicións, autores, contacontos e mesas de

montaxe rápida para realizar os obradoiros. As mestras/es e incluso alumnado deseñan

estas actividades para poder gozalas todas as semanas. É un espazo que oferta múltiples usos.

 

Tamén temos un xardín interior para ler, conversar e facer zumes de limón no verán!

A Biblioteca "Carlos Labraña" está aberta a todo o alumnado e profesorado.

Por suposto tamén a toda a comunidade educativa. Temos habilitados uns

foros para que calquera persoa que se identifique faga as súas consultas.

Tamén podedes facelo a través do correo da biblioteca: biblio.nicolas.del.rio@gmail.com

ou seguirnos no Facebook ou no Twitter.

Nestes cursos buscamos proxectos para ter ás familias moi presentes e achegalas o máis que nos permiten,

como é o caso da Biblioteca Humana e que vos convidamos a participar.

Confiamos que para o vindeiro curso, o burato se abra totalmente deixando que a vosa marea nos inunde

e que as portas abertas para as familias sexan a nosa nova realidade.

 

 

II XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - FOTOGRAFÍAS

O 31 DE MAIO CELEBRÁRONSE AS II XORNADAS ESCOLARES DE TEATRO.

NENAS E NENOS ENGAIOLARON E CONSEGUIRON NAMORAR A TODO O PÚBLICO COAS OBRAS

- MOITO MORRO CORPORATION, SOCIEDADE ILIMITADA! DE CARLOS LABRAÑA. VAGALUMES 3º A

- ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS, TEATRO NEGRO (ADAPTACIÓN DO TEXTO DE LEWIS CARROLL ) 6ºC

AGRADECER A ANDY A REPORTAXE FOTOGRÁFICA E GRAVACIÓN DOS VÍDEOS, QUE EN BREVES, SERÁN COLGADOS.

GRACIAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN E IMPLICACIÓN.

PARABÉNS Á RAPAZADA POLO TRABALLO BEN FEITO E AO PROFESORADO IMPLICADO.

E UNHA REFLEXIÓN, PARABÉNS A ESE PÚBLICO DE MAÑÁ QUE SOUBO RESPONDER, RIR E GARDAR UN RESPECTUOSO SILENCIO CANDO ERA NECESARIO...

POR QUE NON PASA O MESMO COS MÓBILES DOS ADULTOS?

 

FOTOS II XORNADAS DE TEATRO

ALFABETIZACIÓN INFORMACIONAL

ALGO ESTAMOS FACENDO BEN! ENTRAR NUNHA DAS NOSAS SALAS DE BIBLIOTECA E VER A CATRO PEQUENAS DE 1º DE E.P. NO MEDIO DUNHA CONVERSA...

- OS RATOS QUE COMEN?

- QUEIXO

- E BECHOS? UN ANACO DE FILETE?

- NON SEI...

- MIRAMOS NUN LIBRO?

ALÓ VAN, CARA A ESTANTERÍA E PREGUNTAN...

- PROFE, COMO BUSCO?

- POIS, NACEN DE OVOS OU DO VENTRE DA NAI, PORQUE ENTÓN EN MAMÍFEROS...

-SI, MAMÍFEROS!

IRENE COLLE O LIBRO E AS CATRO BUSCAN. ATOPAN RATA E VARIOS APARTADOS, UN DA ALIMENTACIÓN. POÑEN O RATO QUE RECORTARON EN TEA ENRIBA DO LIBRO, XUNTO Á INFORMACIÓN. ENSÍNANME O LIBRO QUE ESTÁN CREANDO, SON RECORTES EN TEA DE ANIMAIS COS NOMES E A SÚA FORMA DE ALIMENTACIÓN. OUTRA DEBUXOU UNHA TABLETA, SEICA QUE PARA FACER QUE BUSCA A INFORMACIÓN NA INTERNET. XA SABEN QUE É OUTRO RECURSO AO SEU ALCANCE. SABEN ONDE BUSCAR E ONDE ATOPAR.

O NOSO LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE CUN USO AO 100%. ESTAS COUSAS OCORREN ASÍ, PORQUE A MOTIVACIÓN DE ESAS NENAS É ALTA E PORQUE OS MATERIAIS ESTÁN DA SÚA MAN. PODEN PEDIR AXUDA E COLABORAN PARA ACADAR O ÉXITO.

UN ORGULLO PARA A NOSA BIBLIOTECA O ALUMNADO QUE DISFRUTAMOS.



Distribuir contido