Skip to main content

RADIO EXPERIMENTAL

UN DESEXO DE NADAL - RADIO ANUNCIO

Unha época para estar en familia, pero azoutados por unha pandemia que nos afasta.

O alumnado de 1º de primaria: Esquíos, Duendes e Vagalumes queren quentar os corazóns

da vila mandando un desexo de Nadal.

Canción de fondo: RUDOLPH THE RED NOSED REINDEER CON GAITA!! tocada por Antonio Rodríguez Bustabad

E agasallar os oídos das cedeiresas e cedeireses cun programa especial de Nadal,

do seu programa "O pregoeiro da Vila".

Para a súa realización recolleron documentación nunha ficha:

como vivían as festas avoas e avos, familias con comercios e datos,

asociacións relacionadas co noso alumnado...

É un programa longo para escoitar mentres tomas un chocolate con churros,

pretende informar de como serán as festas na nosa vila nestes tempos tan delicados.

Mestura entrevistas, anuncios realizados pola rapazada, música e o Nadal de sempre.

Agradecemos a colaboración de todas e cada unha das persoas que se brindaron a ofrecernos datos e entrevistas.

Por e para Cedeira unha actividade de aprendizaxe e servizo.

Que o amor invada o corazón de todas e todos os Discalzos e Discalzas.

 

Collage dos debuxos do alumnado con fondo dunha fotografía das vistas dende a aula.

Programa Canva

PODCAST "PEGADAS NA IAUGA: A SEMENTE QUE AGROMA" #euquedonacasa #bescolaresgalabertas

PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO SEN RADIO.

REALIZADO POLO ALUMNADO DE 4º A (OS VAGALUMES) E DE 1º DE BACHERELATO

DO IES PUNTA CANDIEIRA, DENTRO DO PROXECTO "PEGADAS NA IAUGA: A SEMENTE QUE AGROMA".

 

 

Podcast Día da Muller 8 M

Desta volta cinco rapazas dos Vagalumes empodéranse e

realizan un podcast para explicarnos porque celebramos o 8 de marzo.

Comentan accións e actitudes para conseguir a igualdade.

Aínda queda moito por facer, pero aquí vai a súa aportación!

Marina como moderadora da entrevista, Noa, Sara, Elena e Marta entrevistadas.

Dende as Bibliotecas Escolares colaboramos co Concello de Cedeira no préstamo de fondos relacionados con esta temática.

Noticia Concello

 Por todas!

Mulleres na ciencia. Material para traballar na aula.

 

RADIO ENTREVISTA Á ASOC. ARCE

OS VAGALUMES CONTINÚAN DOCUMENTÁNDOSE EN PROL DO MEDIO AMBIENTE.

NESTA OCASIÓN CONVIDAN A BELÉN, MEMBRO DA ASOCIACIÓN ARCE, PARA O COIDADO DO RÍO CONDOMIÑAS E DO MEDIO AMBIENTE.

PARTICIPAN NA ENTREVISTA UNAI E JOSÉ ANTONIO, DOS VAGALUMES, QUE REALIZARON A ESCALETA DE PREGUNTAS.

AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE MIGUEL E ANXO COMO TÉCNICOS DE SON.

ENTREVISTA AO ALCALDE - RADIO EXPERIMENTAL - MEDIO AMBIENTE

DENTRO DO PROXECTO DA BIBLIOTECA "CONTRA O CAMBIO EU CAMBIO... E TI?" OS VAGALUMES REALIZAN UNHA ENTREVISTA NA RADIO EXPERIMENTAL, AO ALCALDE DE CEDEIRA, PABLO MOREDA, PARA COÑECER CALES SON AS ACCIÓNS LEVADAS A CABO POLO CONCELLO NO QUE SE REFIRE AO COIDADO DO MEDIO AMBIENTE. AGRADECER AOS TÉCNICOS MIGUEL E ANXO POLA SÚA COLABORACIÓN E, POR SUPOSTO, AO ALCALDE POR ADICARNOS O SEU TEMPO.

 

TERTULIAS DO NICOLÁS. O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE

HOXE INICIAMOS AS "TERTULIAS DO NICOLÁS".

 

REPRESENTANTES DE DIFERENTES GRUPOS ACUDIRON Á RADIO ESCOLAR.

 

 

FALARON DO QUE ACONTECEU ESTES DÍAS NA NOSA BIBLIOTECA.

 

CONTARON O QUE FIXERON ANTE TREMENDA SITUACIÓN.

 

E EXPLICARON AS CONSECUENCIAS QUE TEÑEN AS NOSAS ACCIÓNS NO MEDIO AMBIENTE,

NO FUTURO DO PLANETA.

XA VOS IREMOS CONTANDO. 

 

DEBATE RADIOFÓNICO LAVADO NA FONTE OU NA LAVADORA?

DENTRO DO PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, OS VAGALUMES DE 3º A, REALIZAN UN DEBATE RADIOFÓNICO SOBRE QUE SERÁ MELLOR... LAVAR NA FONTE OU NA LAVADORA? PROS, CONTRAS...

CONVIDAN A UN PAI E A UNHA AVOA, CADA UN CUN PUNTO DE VISTA DIFERENTE.

GRACIAS ANDY E JOSEFA POLAS VOSAS APORTACIÓNS!

PODCAST "A VIDA DIARIA NO CASTRO SARRIDAL"

O alumnado dentro do seu proxecto intercentros sobre o Patrimonio Inmaterial, tamén traballou a alimentación e a vida diaria nun castro, no noso Castro Sarridal. Este podcast participou no I Concurso de podcast organizado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia. Parabéns a ela, por promover este tipo de concursos.

Agradecer a participación de Quique Vazquez  (o noso Bardo), o alumnado de Antropoloxía de 1º de Bacherelato, ao alumnado de 6º C, e aos Vagalumes por levarnos co radio teatro a "A vida diaria no Castro Sarridal".

Distribuir contido