Skip to main content

ENTROIDO

COSTURA FAMILIAS #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos

Familias e mestres se afanan na costura de entroido!

Os recursos do espazo argalleiro e polos creativos fan o seu traballo.

 

 

 

 

 

 

COSTURA ENTROIDO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Estes días alumnado e mestres pasamos moito tempo na zona de costura

da nosa biblioteca creativa. As máquinas de coser non dan abasto

e todos estamos preparando os disfraces do entroido.

Reciclamos todo o material que podemos e creamos boa parte dos disfraces.

É tempo de apegotas, bromas mentireiras, este mes autorizadas.

Así que coidadiño!

 

 

 

 

 

 

RICITOS DE ORO E OS TRES OSOS #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Ricitos de Oro e os tres osos é o conto escollido para as vindeiras

tertulias dialóxicas, dentro do Club de Lecturas, o alumnado realiza actividades

relacionadas co entroido e a teatrealización da historia que complementan a lectura.

 

 

 

 

Hai disfraces!!!

Neste entroido Percebín e os seus amigos trouxéronnos uns

disfraces

para que nos recreos os nenos e nenas poidan disfrazarse.

Hai disfraces como:

Brancaneves

Carapuchiña Vermella

Lobo feroz

Peter Pan ...

e moitos máis que ti tes que descubrir!!!

TEXTO: ALBA E GIULIA (5ºA)

Distribuir contido