PROXECTO DOCUMENTAL "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Como vén sendo habitual ano a ano, a biblioteca da escola embárcase
nun proxecto de traballo no que a colaboración de toda a comunidade
educativa é condición indispensable para arribar en bo porto.
Basearemos coma sempre as nosas investigacións no currículo
cedeirés e así propoñemos este curso un tema que forma
parte esencial da existencia da nosa vila A MÚSICA.
Cedeira...unha vila que non se entende sen o compoñente musical.
Foron, son e serán moitos os músicos e agrupacións que manteñen
viva a nosa tradición musical. A música é parte da vida cotiá:
cantamos cando xogamos, cando contamos contos ,
despois dun xantar compartido e mesmo cando traballamos,
forma parte das nosas vidas e da nosa historia como pobo.
Non entenderemos pois o currículo cedeirés sen o compoñente musical.
Queremos achegar aos nosos nenos e nenas a nosa tradición máis sonora,
queremos facelo dende a escola, dende a biblioteca
e coa axuda inestimable de todos vosoutros.
Ao estar en vésperas do Tempo de Nadal e coa intención de ir preparando
os cantares de aguinaldo iniciamos este proxecto. Se conservades na vosa
memoria ou na dos vosos avós algún cantar tradicional, cubride o seguinte
cuestionario que vos enviamos ou solicitade un na biblioteca ou en secretaría.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
Adxunto | Tamaño |
---|---|
CARTA ÁS FAMILIAS PROXECTO MÚSICA MAESTRO.pdf | 185.87 KB |