DÍA DAS ESCRITORAS #DíaDasEscritoras #bescolaresgal
Para ser bos escritoras e escritores hai que ler moito.
Nesta data quixemos escoller tres textos de Eli García,
Anémona de Río e Pilar Serrano. Neles comezamos a ler viñetas,
pero as historias quedaron sen rematar e a rapazada ouvinte quedou
coa "mel nos beizos" desexosos por saber como continuaría a historia.
Agora enganchados teremos que rematala nos vindeiros días.
Aproveitamos para conversar dos bocadillos dos cómics das nosas historias,
da súa forma, dos sons que lemos, o seu significado... e logo quixemos
iniciarnos na creación, así fixemos uns bocadillos para Percebiño,
a nosa mascota da biblioteca.
FORMACIÓN DE USUARIOS #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
APERTURA DA AULA SENSORIAL #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Nestes días o alumnado da escola está a coñecer a nova aula sensorial.
Un espazo creado con tenrura, para promover a calma e a inclusión.
É unha sala agradable chea de recursos sensoriais: luces, música, texturas,
imaxes, sons, proxectores, unha mesa sensorial para crear minimundos,
un recuncho de lectura, coxíns, alfombras táctiles, unha barra, espellos, xogos e
xoguetes sensoriais ... para potenciar o desenrolo cognitivo e emocional da rapazada.
Unha sala para estimular os sentidos, para favorecer a atención, a exploración,
o pracer e as sensacións de benestar.
Un lugar onde a comunicación é posible de xeito diferente.
A este recuncho relaxado, seguro, tranquilo e inclusivo,
o alumnado accedera de varias maneiras: sempre que o necesite,
en sesións con especialistas de PT e AL, en grupos reducidos con
titoras ou especialistas e na hora do recreo por quendas.
É un lugar para todas e todos, pero pensando no diversos que somos
e en cubrir as necesidades de cada un dos que convivimos na escola.
REUNIÓN VOLUNTARIADO ESCOLAR #voluntariadonaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
BIBLIOTECA HUMANA A CIDADANÍA VOLTA Á ESCOLA! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #poloscreativos #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
A Biblioteca Humana, dentro do programa Lectura e Familias,
volve outro ano máis para facer escola entre todos e todas!
Está claro que as nosas xentes son fonte de recursos diversa.
Ademáis a biblioteca, as mestras e os mestres somos conscientes do poder motivador
que pode exercer que a avoa, o tío, a madriña, a veciña, o curmán, mamá, papá...
se achegue á escola e forme parte dela, que cree, ensine, lea, constrúa coñecemento.
Por todas estas razóns e moitas máis, abrimos novamente o banco humano
que abarca tres grandes obxectivos:
a)Continuar ampliando as persoas libro (contar oralmente unha vivencia, experiencia, saber...
a un grupo pequeno de persoas que logo teñen opción a facer preguntas sobre o comentado).
b)Acudir na hora de ler a contar unha historia a tódolos
compañeiros e compañeiras da aula do seu familiar.
c)Realizar un ou varios obradoiros sobre a temática que se solicita co alumnado.
A escola conta cunha gran dotación de recursos materias de Polos Creativos e da biblioteca escolar.
Somos moi afortunadas e afortunados pois temos un centro con gran cantidade de material.
Agora é necesario sacarlle o máximo partido para aprender do mellor xeito que sabemos, Xuntos!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
DÍPTICO COMUNIDADE EDUCATIVA.pdf | 5.26 MB |
TRUE TRUE ROBÓTICA #poloscrativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Na Biblioteca Creativa a programación de robots é unha das
actividades máis demandada pola rapazada, a tecnoloxía
leva implícita a motivación. Con esta premisa por diante,
iniciamos ao alumnado na lectura e interpretación de
secuencias de programación.
Nesta ocasión sobre a Prehistoria.
HORA DE LER #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
A hora de ler é unha actividade imprescindible, dinámica e diversa,
pode desenvolverse en múltiples espazos, con diversidade
de textos, a calquera idade, pode ser individual, compartida...
O importante é brindarlles unha boa selección e que sexa
comprendida polo lector ou que teña outra
persoa que lle tenda unha ponte para interpretala.
GRUPOS INTERACTIVOS DE XOGOS #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Comenzan os grupos interactivos, primeiro con dúas profes
e temática lúdica. En breves, coas familias que desexen
acompañarnos este curso.
Fixemos unha construción floral para despedir ao verán, atamos zapatos
e outros broches, fixemos orbits e agochamos bichiños que tivemos
que atopar e logo sen mirar escribir os nomes e cantidades,
pintamos as unllas e deixamos que nolas pintaran, fixemos un mundo
natural de outono para darlle a benvida.
Tedes máis información sobre os grupos interactivos nestas ligazóns:
Os primeiros interactivos da escola:
https://www.youtube.com/watch?v=MTGMTj9JocU
Ramón Flecha. Grupos interactivos:
https://www.youtube.com/watch?v=BlovbmPSn3c
SE QUERES FALAR DE LIBROS, APÚNTATE AO CLUB DE LECTURA! #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
OBRADOIRO DE XADREZ #bibliotecacreativa #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas
Durante a semana pasado o alumnado tivo a
oportunidade de xogar ao xadrez nos recreos na biblioteca.
Da man do profe Juan, e con diversos taboleiros e
pezas xigantes, xogamos ao xadrez, pensamos,
razonamos... convertémonos en pezas vivintes.
Benvidos os xogos de mesa! Gracias
Juan por unhas xornadas tan estupendas!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- …
- seguinte ›
- última »