Título | Resumo |
---|---|
EXPERIMENTANDO #BibliotecaCreativa #bibliotecainclusiva #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
MARI LUZ - PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Mari Luz Lorenzo amosounos dúas cancións para tocar coa pandeireta, de seguro que moitas e moitos as recordades. Coa intención de facer que as tradicións perduren, refresquemos a memoria e practiquemos en familia! Proxecto "Música, Maestro!"
|
FORMACIÓN AFECTIVO SEXUAL - ALUMNADO 6º #educaciónafectivosexual #bescolaresgal #bescolaresgalabertas | |
SEMENTEIRA DOS APADRIÑAMENTOS LECTORES #Lecturascompartidas #TecendoRedes #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
PREPARANDO OS APADRIÑAMENTOS LECTORES #Lecturascompartidas #TecendoRedes #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
CLUB DE LECTURAS - TALLER DE MEMORIA #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Unha parte do alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con libros" achegouse ata o edificio do Auditorio manter unha xornada de convivencia coas avoas e avós do taller de memoria que organiza a mestra Marta. Foi unha experiencia moi gratificante na que, despois das presentacións, a rapazada máis pequena contoulles, en pequenos grupos o conto de "Arturo e Clementina" de Adela Turín. Logo os avós contaron tamen outros de tradición oral, máis tarde tivemos sesión de xogos de mesa e rematamos todos xuntos ao compás de "A praia do Varadeiro".
|
TERTULIAS DIALÓXICAS 2º T. |
NOVAS TERTULIAS DIALÓXICAS DOS VAGALUMES E "EL LIBRO DE LA SELVA". UNHA DAS SESIÓNS...
BLOG DOS VAGALUMES: http://vagalumes.net/2019/04/03/tertulias-dialoxicas-2o-t/ |
ALFABETIZACIÓN DIXITAL |
O alumnado de 1º de E.P. realizou varios obradoiros de Lego WeDo, coa intención de tratar a brecha dixital e formar dun xeito crítico ás nenas e nenos de cara á tecnoloxía.
A intención non é seguir simplemente as instruccións de montaxe, senón ser quen de programar outras ordes para conseguir que o robot creado realice.
Hai que pensar, reflexionar, tamén equivocarse e volvelo intentar. Aprender a traballar xuntos e compartir esa información con outros e, así, poder mellorar as ordes entre todos, para que o robot realice algo útil para nós.
|
2º e 3º XORNADAS BIBLIOTECA HUMANA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O mércores 8 e o xoves 9 de xuño escolle un libro e apúntate no 615143625, mandando unha mensaxe de Whatsapp poñendo o teu nome e apelido e o libro que queres ler/escoitar. Aberto a tódolos públicos. Non perdas a ocasión! Cada libro dura uns 15 minutos e logo terás uns 5 minutos para preguntar e conversar. Cantas veces tiveches a posibilidade de conversar co seu autor/a? Desta volta será na Biblioteca Escolar Punta Candieira, no Ies.
|
ÁLBUM CROMOS FLORA E FAUNA DA CONTORNA - PDI #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Un soño cumprido! O proxecto documental sobre a flora e fauna da nosa contorna merecía un produto final divertido, pero á mesma vez rigoroso. Contamos coa colaboración de Rafael López Loureiro, naturalista e mestre xubilado da nosa escola, que aportou as fotografías e documentación sempre que o necesitamos. O Concello de Cedeira subvencionou as impresións do álbum. A equipa da biblioteca "Carlos Labraña" xunto con Carmen Lorenzo, parouse na escolla das especies, nos textos... E Akelarre deulle forma e deseño baixo as pautas acordadas. Un traballo intenso e inmenso, froito da colaboración de varios axentes sociais, para obter ilusión por aprender. Esta é unha das reaccións dunha aula ao atoparse con inmellorable sorpresa. Durante estes días iredes vendo moitas máis. Agradecer a colaboración de todos e cada un dos participantes. Esta rapazada leva un curso somerxido no estudo da fauna e da flora. Coñece, sabe describir e identificar a meirande parte das especies que saen no álbum. Rematado o proxecto levará este álbum para compartir coa súa familia e transmitir, compartir o aprendido. Poderá espallar cultura naturalista!!
|
XINCANA COMUNIDADE EDUCATIVA #FamiliasnaBE #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Unhas imaxes da xincana sobre o noso PDI, pola praia e coas familias.
|
MAIO #BibliotecaCreativa #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Olivia e Ramón veñen a montar o Maio co alumnado de tres anos. As familias na escola! As tradicións sempre presentes!
|
XERMINACIÓN CON SEMENTES DA ESCOLA #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Continuando co proxecto das plantas que o alumnado de quinto comezou no primeiro trimestre, no que traballaron diferentes modos de xerminación. No Samaín plantaron as sementes secas e posteriormente hidratada e aquí teñen as súas primeiras flores. Despois de seguir os procesos do método científico, agora comezan a analizar os datos e sacar conclusións.
|
LITERARRÚA - LETRAS GALEGAS #LetrasGalegas24 #ConcellodeCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado da escola e do Ies, a proposta do Concello de Cedeira, escribe e deseña cartaces con poesías relacionadas coas nosas rúas, coa intención de engalanar e dar valor aos seus nomes. Deste xeito, traballamos tamén o rueiro, atopando a nosa rúa e levando o cartaz á situación real na que se colocará.
|
FEIRA DOS LIBROS - OBRADOIRO CÓMIC #bibliotecacreativa #Fomentodalectura #Mediaciónlectora #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Unha das actividades da Feira do Libro foi o obradoiro de cómic de Ares e Alicia Freire, unha fixo o guión e outro encargouse da ilustración. Foi fantástico!
|
AVALIACIÓN CLUBS DE LECTURA 2º PRIMARIA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
GRUPOS INTERACTIVOS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE |
SESIÓNS DO MES DE XANEIRO DOS GRUPOS INTERACTIVOS DOS VAGALUMES COAS FAMILIAS VOLUNTARIAS.
|
RIMAS CON LETRAS NA HORA DE LER! |
Na hora de ler pódense facer actividades moi diversas, pero en ocasións as sorpresas son tan gratas coma esta. Sara, Celia e Martina abaneando a poesía coas súas máns. Poñendo música ás verbas! Gracias rapazas pola vosa creatividade! Gloria Sánchez e as súas Rimas con letras estarán felices de escoitarvos.
|
VOLUNTARIADO NA BE "Carlos Labraña" #VoluntariadonaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O voluntariado en acción, sen elas e eles os recreos serían moi diferentes. Gracias por facer da biblioteca un espazo de aprendizaxe e xogo.
|
CONTACONTOS O GRÚFALO #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal |
Karen e Amaya cóntanlle a 4 anos "O Grúfalo". Lecturas e familias. Biblioteca Humana/Polos Creativos.
|
PROTOTIPOS #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto está deseñando o seu propio prototipo inventando unha máquina que presentarán aos compañeiros e compañeiras. Ademáis de poñerlles un nome e explicar para que serven, teñen que incluír nela unha panca, un plano inclinado e unha polea como mínimo. Desexados ver os proxectos finalizados!
|
TRABALLANDO NA HORTA #BibliotecaCreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de quinto prepara o bancal e planta sementes de melóns e cabazas.
|
CANCIÓNS DE CORRO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aprendemos dúas cancións para xogar en corro coa axuda de Mari Luz Lorenzo. Que ben o pasamos e canto rimos! Novos xogos para o patio!
|
EXPOSICIÓN E ACTO PROXECTO INTERCENTROS |
QUEDADES TODAS E TODOS CONVIDADOS! |
GRUPOS INTERACTIVOS |
Os Vagalumes continúan cos grupos interactivos (aínda sen poder convidar ás familias) pero co mesmo entusiasmo por aprender, colaborar e compartir o aprendido. A biblioteca, centro de recursos e espazo.
Máis información no anexo |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- seguinte ›
- última »