Título | Resumo |
---|---|
COLOREAR CEDEIRA |
A PINTURA TEN UNHA GRANDE IMPORTANCIA DENTRO DO CURRÍCULO CEDEIRÉS. NON TIVEMOS MELLOR OPORTUNIDADE PARA PROMOCIONALA QUE OFERTAR OS "COLOREO CEDEIRA", QUE SON UNS CADERNOS DE DEBUXOS DA NOSA VILA REALIZADOS POR ADRIÁN TARACIDO FERNÁNDEZ E PROMOCIONADOS POLO COLECTIVO RAMPLA. TAL FOI A CALIDADE QUE ADRIÁN NON SOUBO QUE OBRA ESCOLLER E PREMIOU A TODA A "BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA" CUNS MALETÍNS DE DEBUXO E UNHA OBRA DO ILUSTRADOR. QUEN O DESEXE PODE VER A EXPOSICIÓN NO HOTEL HERBEIRA. XA ESTAMOS DESEXANDO VER UNHA NOVA TIRADA DE CADERNOS!
|
JOSÉ AGUSTÍN GOYTISOLO. OBRADOIRO DE POESÍA! |
"EL LOBITO BUENO" É A POESÍA TRABALLADA NESTE OBRADOIRO. AXUDADOS POLAS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS DESEÑAMOS UN MARCAPÁXINAS, APRENDEMOS A POESÍA E A CANTAMOS. GRACIAS JOSÉ AGUSTÍN GOYTISOLO!
|
EL LIBRO DE LA SELVA. |
UNHA NOTICIA PROVOCA A EMOCIÓN DO ALUMNADO NAS TERTULIAS. EN GALICIA VIVE UN SEÑOR QUE SE CRIOU ENTRE LOBOS! A VER SE O LOCALIZAMOS... CADA VEZ SON MÁIS AS FAMILIAS QUE COMPARTEN AS TERTULIAS E HAI QUE AMPLIAR O ESPAZO.
|
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL - CON POESÍA!! |
CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL RECITANDO E LENDO POESÍA! A ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA PROFUNDIZARON NA LECTURA DA OBRA "BOLBORETAS NO PAPEL" DE ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. O ALUMNADO DE 1º DE PRIMARIA SEMENTOU POESÍA DA MAN DE GLORIA FUERTES "COMO SE DIBUJA UN CASTILLO". QUE OS VERSOS VOEN! POESÍA PARA SENTIR, LER, ESCOITAR, ULIR, DEBUXAR... POESÍA PARA VIVIR!
|
O Coronadiario |
A semana do 8 ao 12 de marzo conmemórase a Semana da Prensa e, o voluntariado da biblioteca participou creando esta exposición que vos ensinamos hoxe. Concretamente, traballaron con prensa escrita escollendo en diferentes xornais novas destacadas relacionadas có coronavirus, a vacinación, o traballo dos sanitarios... |
DÍA DAS ESCRITORAS - INTERVIMOS O COLEXIO! |
O 18 de outubro celébrase o Día das Escritoras. Dende a nosa biblioteca queremos visibilizar a súa labor, para iso intervimos o centro cuns marcapáxinas realizados por todo o alumnado e expostos á vista de toda a comunidade educativa. Este é o resultado!
|
VOLUNTARIADO |
Recén saída a convocatoria para o voluntariado na biblioteca informámos ao noso alumnado sobre os dereitos e os deberes que conleva colaborar nesta tarefa. Este ano escolar, por mor da Covid19, poderá participar tamén o alumnado de 3º e 4º.
|
FORMACIÓN PROFESORADO - BIBLIOTECA CREATIVA #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Os mestres tamén recibimos formación contínua. |
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 6 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A comunidade educativa agasalla con poesía a Rosalía! O fai a través do programa Música, poesía e estrelas! Hoxe imos co podcast nº 6. Agradecer a todas e cada unha das persoas que fixeron que isto fose posible. Parabéns Rosalía! Seguide nas nosas ondas, pois isto aínda non rematou. Volvemos o xoves que ven con máis Música, poesía e estrelas!
|
OS NOSOS LIBROS HUMANOS - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
BIBLIOTECA HUMANA
23 de maio, de 10:00 a 13:00h.
Apúntate a ler un libro humano!
Manda un whatsapp ao 615143625, co teu nome e apelidos
e o título que queres escoitar. Aforo de 10 persoas por libro!
Carlos Labraña 10:00h. Fabiana Feijóo Musi 11:00h
Bibiana Córdoba Piñeira 12:00h Jose de Vigo 13:00h
|
"UN MAR DE VIDA... E MORTE" POR RAÚL NEBRIL - BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
"Un mar de vida... e morte" de Raúl Nebril.
O seu mundo é o mar. Viviuno dende moitas ópticas. Viviu del e tamén para el.
E hoxe traballa por mirar dos que están no mar, de salvalos cando as
inclemencias e adversidades dun mundo tan difícil poden custarche non voltar a velo.
O 9 de xuño ás 12h na Biblio do IES.
Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
|
"COMA CABRAS" POR NOA LÓPEZ VIDAL - BIBLIOTECA HUMANA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 20 de xuño ás 17:00 horas na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" Apúntate! Aberto a tódolos públicos. Manda unha mensaxe de whatsapp ao 615143625, pon o título do libro que queres ler e o teu nome e apelido.
Unha historia de saúde mental, sen que asuste. Porque é un mundo do que hai que falar.
|
GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A investigación INCLU-ED, realizada en 15 países, entre eles España, demostrou que ante diversas formas de organización de aula, os grupos heteroxéneos con voluntarios daban os mellores resultados de aprendizaxe e convivencia.
do instituto, membros de asociacións, avos, tíos, mestres xubilados...
SÚA FUNCIÓN É FOMENTAR O DIÁLOGO IGUALITARIO E A PARTICIPACIÓN. Iniciamos as primeiras sesións na aula para pasar posteriormente á biblioteca.
|
GRUPOS INTERACTIVOS NA BIBLIOTECA - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Desta volta os interactivos dos Vagalumes xiraron ao redor de "Carrapuchiña Vermella". Coa axuda das familias fixeron pizzas de Carrapuchiña e o lobo, leron outra versión do conto "¿Qué me cuentas Caperucita" de José Carlos Andrés, escribiron palabras arredor do conto cun xogo de letras e fixeron un obradoiro cos protagonistas.
|
GRAVACIÓNS FILME ALICIA FREIRE #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A semana pasada remataron as gravacións do filme que Alicia Freire está realizando co alumnado voluntario da biblioteca escolar. A rapazada está moi ilusionada coa rodaxe e con moitas ganas de ver o producto final. Un traballo árduo que Alicia Freire afronta día a día. Horas de gravacións, dedicación, repasando cada unha das tomas, escollendo cada segundo, estabilizando imaxes, cores, sons... de 53 navegantes. Non serán eles sós os protagonistas tamén veremos adultos. Xa queda menos para a estrea, estade moi pendentes ás próximas publicacións. A Alicia Freire e ao seu Sherpa, Ares, gracias por tanto!
|
PETER. O MUSICAL #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DE EIRUGA A BOLBORETA #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Xa as temos aquí, o ciclo está na súa fase final. Moitas delas xa puxeron os ovos e outras están a punto.
|
OBRADOIRO AUDIOVISUAL 6º #voluntariadonaBE #arte #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este 12 de xuño o voluntariado escolar de 6º gozou do seu premio, uns obradoiros de audiovisuais a cargo de Alicia Freire. Presentóuselles o comezo do guión e eles tiñan que resolvolo, posteriormente escoller profesións e gravalo. Un traballo de escritura creativa e audiovisual co que quedamos abraiados.
Ademáis o alumnado sacou tódalas fotografías, seguido as indicacións de Alicia, en canto a planos, luz... Podedes descargar o ficheiro zip con todas. Aquí unha pequena mostra do que fixeron.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - AS AVOAS #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Cinco mulleres empoderadas:
|
XOGOS DE MESA - ESPAZO ARGALLEIRO #STEAM #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
No espazo argalleiro temos unha inmensidade de xogos, tanto para xogo libre como para levar en empréstito. É unha actividade que promove valores, aprendizaxe de habilidades sociais, lectura de instrucións, xogo en equipo ou colaborativo. Moitas destrezas e motivación.
|
CELEBRACIÓN PREMIO RADIO NA BIBLIO - LUISA VILLALTA #Radionabiblio #AMI #LetrasGalegas24 #LuísaVillalta #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
ESTREA O RATO PÉREZ #teatronaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
"O Rato Pérez" fermoso traballo do alumnado de 3º C. Moitos parabéns rapazada!
|
AVALIACIÓN CLUBS DE LECTURA 5º E 6º PRIMARIA #Clubsdelectura #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
DE NOVO NA BIBLIOTECA!!! |
O NOSO AMIGO PERCEBÍN ESTÁ ENCANTADO! DESPOIS DAS VACACIÓNS DE VERÁN, A BIBLIOTECA VOLVE ENCHERSE DE NENOS E NENAS! DURANTE ESTES DÍAS TODO O ALUMNADO PASARÁ XUNTA COS PROFES PARA COÑECER OU RECORDAR AS NORMAS. E QUEN QUEIRA PODE VIR NOS RECREOS A LER, DEBUXAR, ESCRIBIR, MANEXAR O ORDENADOR, DISFRAZARSE, LEVAR LIBROS OU PELÍCULAS PARA A CASA, XOGAR COS MONICREQUES...
|
OBRAS NA BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA |
A DOTACIÓN DO PLAN LÍA PERMITE IMPORTANTES MELLORAS QUE ESTAMOS LEVANDO A CABO. PROCURAMOS CREAR O MENOR TRASTORNO NO FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA E AO MESMO TEMPO INVERTIR ESA DOTACIÓN, TENDO EN CONTA AS RECOMENDACIÓNS DA ASESORÍA E AS ACTIVIDADES QUE LEVAREMOS A CABO NA NOSA BIBLIOTECA. UNHA PRIORIDADE FOI O SANEAMENTO DA PAREDE E RETIRADA DE ESTANTERÍA. ESTA PAREDE ESTABA TOTALMENTE ESTROPEADA POLA SALINIDADE E HUMIDADE.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- 44
- 45
- 46
- 47
- seguinte ›
- última »