Título | Resumo |
---|---|
Carlos Labraña. E ti, de quen vés sendo? |
|
EXPOSICIÓN E ACTO FINAL |
O 19 DE XUÑO O ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DE 1º DE BACHERELATO E OS VAGALUMES DE 3º A DIFUNDIRON UN ANO DE TRABALLO. O FIXERON A TRAVÉS DUNHA EXPOSICIÓN (que aínda permanece aberta a todo o público), O VISIONADO DUN DOCUMENTAL E UNHA PEQUENA MOSTRA DE CANTOS E BAILES TRADICIONAIS. "PEGADAS NA IAUGA". PATRIMONIO INMATERIAL: A SEMENTE. A AUGA COMO FÍO CONDUCTOR.
|
III XORNADAS DE TEATRO ESCOLAR - PROCESO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Os Vagalumes xa teñen algunhas táboas cando falamos de teatro, pero este ano rompeu os esquemas de toda unha humanidade. Realizaron os seus comezos, coma sempre, na Biblioteca Carlos Labraña.
Recibiron a visita do autor da obra escollida: Carlos Labraña. Un grande. Tiveron o privilexio de recibir unhas clases de expresión por parte de Quique Vázquez. Inmenso Quique! Ensaiaron a obra e xa tiñan decidido o atrezzo e a caracterización da compañía cando unha pandemia azoutou o mundo enteiro e mandounos a todos para casa.
Na protección do fogar e da familia, idearon, pensaron e tomaron unha decisión: seguir adiante co seu soño, transformalo e facer RADIO TEATRO!
Unha das grandes preocupacións era a parte artística da obra. Non dera tempo a facer a caracterización das personaxes a través do debuxo, como outros anos. Así, acudiron ao mellor ilustrador que podiamos ter: Diego Cheda, quen dá forma e caracteriza a cada unha das personaxes. Gracias, Diego, por tanto! Posteriormente, nenas e nenos coas súas familias crean a caracterización dos actores e actrices. Os Vagalumes deseñan fondos, árbores, carretillas... de atrezzo. Xa por último, e usando varios programas como: Audacity, Imovie, Canva, Remobe-bg, Cut past photo... créase o Radio Teatro Estrela... fugaz?
Este é o tríptico, ese que repartirían para que todos tivesen constancia do seu proceso.
PARABÉNS VAGALUMES!!
|
ESPAZO ARGALLEIRO |
NA NOSA BIBLIOTECA TEMOS UN "ESPAZO ARGALLEIRO", ONDE PODER POÑER EN PRÁCTICA A CREATIVIDADE COS ESCORNABOTS E PEZAS ENCAIXABLES. ÁS VECES, PODERANSE REALIZAR OUTRAS CONSTRUCIÓNS COA AXUDA DAS PROFES. NESTA OCASIÓN MONTOUSE DUN BRAZO ROBÓTICO. |
RADIO ENTREVISTA Á ASOC. ARCE |
OS VAGALUMES CONTINÚAN DOCUMENTÁNDOSE EN PROL DO MEDIO AMBIENTE. NESTA OCASIÓN CONVIDAN A BELÉN, MEMBRO DA ASOCIACIÓN ARCE, PARA O COIDADO DO RÍO CONDOMIÑAS E DO MEDIO AMBIENTE. PARTICIPAN NA ENTREVISTA UNAI E JOSÉ ANTONIO, DOS VAGALUMES, QUE REALIZARON A ESCALETA DE PREGUNTAS. AGRADECER A PARTICIPACIÓN DE MIGUEL E ANXO COMO TÉCNICOS DE SON. |
PARABÉNS, PIPPI! #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Foi o aniversario de Pippi. Desde a nosa biblio mandámoslle moitos bicos. Parabéns! Astrid Lindgren escribiu as aventuras desta rapaza como agasallo para a súa filla, fai xa 75 anos.
Tamén podedes desfrutar dos capítulos da serie de televisión.
Mais...sabedes cal é o nome completo de Pippi? Pippilota Victualia Cortinela Piperminta Efraímez Mediaslongas, filla do capitán Mediaslongas. Sodes quen de repetilo de memoria?
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
SAÍDA DO VOLUNTARIADO A FERROL |
O ALUMNADO VOLUNTARIO DE 5º E 6º DESPRAZOUSE ATA FERROL PARA REALIZAR VARIAS ACTIVIDADES RELACIONADAS COA VIDA DA BIBLIOTECA. - VISITA Á BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE FERROL - COMPRA DE FONDOS EN DIVERSAS LIBRERÍAS - OBRADOIRO DE REALIDADE AUMENTADA NO CIS DE A CABANA. UN PRACER DE VOLUNTARIADO!!
|
ENQUISA PARA MESTRAS/ES |
AXÚDANOS A MELLORAR A NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR. |
EU APRENDO ARTE NA CASA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Que vos parece se nos unimos a esa tendencia que anda polas redes na que se representan obras famosas da historia da arte? Uns fan as fotos con portadas de libros, outros con cadros de autores coñecidos… Quen non quixera ser parte da obra de autores como Velázquez ou Sorolla, por exemplo? Dende a Biblioteca da Escola pensamos que esta podería ser unha boa maneira de achegar aos nenos e nenas a obras de pintores da historia da arte. Así que hoxe propoñémosvos que escollades unha obra dun pintor, que vos poñades no lugar dos protagonistas do cadro e fagades a foto para enviar. Os adultos tamén estades convidados a participar nesta actividade cos vosos fillos e fillas, por suposto. Seguro que o pasamos moi ben! Os nenos e as nenas de cinco anos xa teñen a súa galería nas Aulas no Aire. Se queredes ideas, podedes pasar, a entrada é de balde.
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
PATRIMONIO INMATERIAL |
AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA VOLTAN A FUNDIRSE NUN NOVO PROXECTO. ALUMNADO DE ANTROPOLOXÍA DO IES PUNTA CANDIEIRA E OS VAGALUMES DE 3º A QUEREN SABER DO PATRIMONIO INMATERIAL. ASÍ É O SEU INICIO. |
UN DESEXO DE NADAL - RADIO ANUNCIO |
Unha época para estar en familia, pero azoutados por unha pandemia que nos afasta. O alumnado de 1º de primaria: Esquíos, Duendes e Vagalumes queren quentar os corazóns da vila mandando un desexo de Nadal. Canción de fondo: RUDOLPH THE RED NOSED REINDEER CON GAITA!! tocada por Antonio Rodríguez Bustabad E agasallar os oídos das cedeiresas e cedeireses cun programa especial de Nadal, do seu programa "O pregoeiro da Vila". Para a súa realización recolleron documentación nunha ficha: como vivían as festas avoas e avos, familias con comercios e datos, asociacións relacionadas co noso alumnado... É un programa longo para escoitar mentres tomas un chocolate con churros, pretende informar de como serán as festas na nosa vila nestes tempos tan delicados. Mestura entrevistas, anuncios realizados pola rapazada, música e o Nadal de sempre. Agradecemos a colaboración de todas e cada unha das persoas que se brindaron a ofrecernos datos e entrevistas. Por e para Cedeira unha actividade de aprendizaxe e servizo. Que o amor invada o corazón de todas e todos os Discalzos e Discalzas.
Collage dos debuxos do alumnado con fondo dunha fotografía das vistas dende a aula. Programa Canva |
VISITA DE MANOLO RIVAS |
|
DÍA DO LIBRO |
CAL É O TEU LIBRO FAVORITO? http://www.diadellibro.eu/dia-del-libro-2016
VENRES, 22 DE ABRIL DO 2.016
En conmemoración do Día Internacional do libro
anímase a toda a comunidade educativa a
acudir ao colexio co seu libro favorito
e facerse unha foto con el nun recuncho habilitado na biblioteca.
Con todas as fotos farase un gran mural. Adaptación da actividade http://bibliovivaulaboral.blogspot.com.es/2015/04/preparativos-para-celebracion-do-dia-do.html
|
LECTURAS VIAXEIRAS |
O ALUMNADO DE 3 ANOS DE E.I. LEVA TODO O CURSO VIAXANDO CUNHAS PEQUENAS MOCHILAS DE LECTURAS AO SEU FOGAR. A LECTURA A AGARDAN CON AGARIMO, É UN AGASALLO.
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS POLO NADAL | |
GRUPOS INTERACTIVOS COAS FAMILIAS |
OS VAGALUMES CONTINÚAN COAS SÚAS ACTIVIDADES COAS FAMILIAS. AQUÍ UNHA PEQUENA MOSTRA.
ENTRADA DO BLOG DOS VAGALUMES: http://vagalumes.net/2019/04/02/interactivos-2o-t/
|
DEBATE RADIOFÓNICO LAVADO NA FONTE OU NA LAVADORA? |
DENTRO DO PROXECTO INTERCENTROS SOBRE O PATRIMONIO INMATERIAL, OS VAGALUMES DE 3º A, REALIZAN UN DEBATE RADIOFÓNICO SOBRE QUE SERÁ MELLOR... LAVAR NA FONTE OU NA LAVADORA? PROS, CONTRAS... CONVIDAN A UN PAI E A UNHA AVOA, CADA UN CUN PUNTO DE VISTA DIFERENTE. GRACIAS ANDY E JOSEFA POLAS VOSAS APORTACIÓNS! |
VISITAS DOS GRUPOS |
OS DISTINTOS GRUPOS VISITARON A BIBLIOTECA DURANTE O MES DE SETEMBRO PARA FORMARSE COMO USUARIOS. APRENDERON E RECORDARON AS NORMAS, OS ESPAZOS, O USO DE MARCADORES CANDO VEÑEN LER Á BIBLIOTECA, COMO LEVAR LIBROS OU PELÍCULAS EN PRÉSTITO PARA A CASA...
TAMÉN VISITAMOS A BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE CEDEIRA "LÓPEZ CORTÓN" |
RADIO EXPERIMENTAL - CREACIÓN DE ESCALETAS |
|
PROXECTO RECICLAXE |
Dentro do proxecto da reciclaxe, o alumnado de quinto de Educación Primaria, recibíu unha charla sobre a economía circular e o proceso de reciclado dos neumáticos. Tarefa á que se adica a empresa, da que Isabel López-Rivadulla é a súa Directora de Comunicación e Marketing. Este coloquio tivo lugar despois de ler o conto de Signus titulado: "El increíble viaje de Neuman Tikín", agasallo enviado con anterioridade polo empresa. Gracias a Signus e a Isabel, por tan valiosa información.
|
CLUB DE LECTURA |
O ALUMNADO NUNHA SESIÓN DO CLUBE DE LECTURA.
|
RAMOS "De festas pola vila!" |
Mes de Marzo, outra nova data para o proxecto "De festas pola vila". Os ramos de Cedeira, pólas de loureiro enxoitadas con fermosas cintas de seda, dan cor ao inicio do ciclo do maio. Documentados por Rafael López Loureiro, o alumnado de 2º A, vivencia a festa.
|
OBRADOIRO DE COSTURA STEAM - ANTÓN FRAGUAS - LETRAS GALEGAS |
O interese dun grupo do noso alumnado estaba encamiñado á costura, así naceu este obradoiro. Durante os mércores do 3º trimestre asistirán a un obradoiro no horario de recreos para coñecer os materiais a empregar e usalos con propiedade (recordemos a Antón Fraguas, que nos seu estudos xa afirma a importancia de coñecer a materia prima). Este obradoiro require de moito labor, terán que facer patróns, sacar fios de liño, ... e conseguir elaborar as pezas do noso traxe tradicional. Isto tan só é unha pequena mostra, máis adiante ensinaremos o resultado final.
|
CLUB DE LECTURA - VALORACIÓN DO LIBRO "MATILDA" |
|
BÚSQUEDA DO TESOURO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Un dos obxectivos fundamentais da biblioteca escolar é o de contribuír á mellora das capacidades lectoras do alumnado. Porén, falar de lectura nesta altura do século XXI é falar de multialfabetismos. Unha persoa alfabetizada nestes momentos é aquela que amosa “comprensión, utilización e avaliación crítica de diferentes formas de información, incluídos os textos e imaxes, escritos, impresos ou en versión electrónica”, segundo a definición do Consello de Europa en 2012. Plan LÍA 2016-2020 A interpretación de mapas é un bo exemplo de alfabetizacións múltiples.
As nenas e nenos de 4 anos realizaron unha búsqueda do tesouro...nas súas casas!
Que atoparían?
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/
@beCarlosLabrana
biblio.nicolas.del.rio@gmail.com |
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »