Título | Resumo |
---|---|
"AS MURALLAS DE CEDEIRA" |
DENDE A BIBLIOTECA ESCOLAR "CARLOS LABRAÑA" APOIAMOS A ENSINANZA DUN "CURRICULUM CEDEIRÉS" POR MEDIO DUNHA METODOLOXÍA DE APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS E NA APRENDIZAXE COOPERATIVA. UN EXEMPLO CLARO É O TRABALLO DESENVOLVIDO POR DULCE E O SEU ALUMNADO DURANTE OS DOUS ÚLTIMOS CURSOS ESCOLARES: INVESTIGARON, FORON ÁS FONTES DOCUMENTAIS, ORGANIZARON A INFORMACIÓN RECOLLIDA E OFRECERON O APRENDIDO PARA QUE TODOS POIDAMOS SABER MÁIS. O PROXECTO "CEDEIRA É UNHA VILA" INCLÚE VARIAS TAREFAS. NESTA OCASIÓN CENTRÁRONSE NAS MURALLAS MEDIEVAIS DA VILA DE CEDEIRA E AS SÚAS PORTAS DE ACCESO. A ANDAINA DESTE PROCESO INICIOUSE COA VISITA DE DON RAFAEL USERO, HISTORIADOR QUE AXUDOU AO ALUMNADO A ACUDIR ÁS FONTES PARA PODER DOCUMENTAR O SEU PROXECTO "CEDEIRA É UNHA VILA" E COA INFORMACIÓN RECOLLIDA ELABORARON UN LAPBOOK.
MAIS QUERÍAN COMPARTIR TODO ESE COÑECEMENTO, ASÍ QUE DESEÑARON UN TRÍPTICO EDITADO POLO CONCELLO COA AXUDA INDISPENSABLE DO NOSO BENQUERIDO QUIQUE. ADEMAIS DE ELABORAR OS TEXTOS, GRAVARON UNS VÍDEOS EXPLICATIVOS DE CADA UNHA DAS PORTAS AOS QUE SE PODE ACCEDER A TRAVÉS DUN CÓDIGO QR.
TODAS AS TAREFAS DE APRENDIZAXE REMATAN CUN PRODUTO SOCIALMENTE RELEVANTE. ADEMAIS DOS TRÍPTICOS, O CONCELLO COMPROMETEUSE A COLOCAR UNHAS PLACAS INFORMATIVAS EN CADA PORTA DA VILA CO TRABALLO REALIZADO POLO ALUMNADO AO LONGO DESTES DOUS CURSOS. QUIQUE FIXO O DESEÑO (unha vez máis, grazas) E OS OPERARIOS DO CONCELLO COLOCARON AS PLACAS NOS LUGARES CORRESPONDENTES.
XA TODOS, OS DE AQUÍ E OS QUE NOS VEÑAN VISITAR, PODEMOS COÑECER UNHA PARTE IMPORTANTE DA HISTORIA DA NOSA VILA. GRAZAS. BO TRABALLO!
PODEDES DESCARGAR O LECTOR DE CÓDIGOS QR NOS VOSOS DISPOSITIVOS MÓBILES E TABLETAS http://www.codigos-qr.com/lectores-codigos-qr/
FINALIZARON ESTA AVENTURA CONVIDANDO ÁS FAMILIAS A UN PASEO |
DESPEDIDA DOS PRIMEIROS COLABORADORES |
Os colaboradores da BIBLIOTECA do 1º trimestre remataron o seu traballo cun video de despedida onde lles fixemos unha pequena entrevista. Podes ver o video abaixo premendo en PLAY. Para descargar aquí.
|
BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA" |
Hoxe tivo lugar a inauguración da biblioteca escolar; xa é a Biblioteca "Carlos Labraña"!!! Nesta xornada tan especial estivemos moi ben acompañados: pola mañá acudiron diversas personalidades locais e do ámbito educativo (o inspector de educación, o alcalde, concelleiros, bibliotecarias municipais, asesora do CFR, responsable da biblioteca do IES Punta Candieira, representante da ANPA Picapeixe, Quique, Fusa, familia Labraña...) e pola tarde o cole encheuse de familias. E durante todo o día estivo con nós o noso protagonista CARLOS LABRAÑA a quen só lle podemos dar as GRAZAS.
Fotos: Andrés Brañas |
APADRIÑAMENTOS LECTORES E SEMENTEIRA DE LIBROS |
UNHA VEZ MÁIS, AS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE CEDEIRA COLABORAMOS NA ORGANIZACIÓN DUNHA ACTIVIDADE DE FOMENTO DA LECTURA (e algo máis) PARA FESTEXAR O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. AS RAPAZAS E RAPACES DE 2º DE BACHARELATO DO IES PUNTA CANDIEIRA EXERCERON DE MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES DO ALUMNADO DE 3 ANOS DO CEIP NICOLÁS DEL RÍO. O PRIMEIRO CONTACTO VIVÍRONO A SEMANA PASADA A TRAVÉS DUN VÍDEO DE PRESENTACIÓN. E HOXE PRODUCIUSE O ENCONTRO ENTRE MADRIÑAS/PADRIÑOS E AFILLADAS/OS, CON INTERCAMBIO DE AGASALLOS, UNHA SEMENTEIRA DE LIBROS POLA VILA, XOGOS, RISAS E, POR SUPOSTO, LECTURA
|
XORNAL ESCOLAR 2.015-2.016 | |
FEIRA DOS LIBROS |
A visita de Gerónimo Stilton á feira dos libros foi todo un acontecemento. Moitas familias achegáronse para ver a este personaxe tan famoso e de paso para que lles firmara os seus libros favoritos. O gran traballo realizado polos mestres do equipo da biblioteca do noso centro veuse recompensado pola felicidade e ilusión dos nenos e nenas cando se atoparon con este rato tan singular.... Preme na imaxe para ver un video. |
VISITA DE JUAN RODRÍGUEZ |
HOXE TIVEMOS A SORTE DE CONTAR COA VISITA INESPERADA DE JUAN RODRÍGUEZ. O FUTBOLISTA CEDEIRÉS DO SPORTING DE XIXÓN ESTIVO ASINANDO UN MOOOOONTÓN DE AUTÓGRAFOS. MOITAS GRAZAS JUAN POLA TÚA AMABILIDADE. PERCEBÍN QUEDOU ENCANTADO! |
PARTES DUNHA NOTICIA |
|
XOGOS EDUCATIVOS |
|
CONTOS DO CAMIÑO E OUTRAS HISTORIAS |
Se che gustaron os contos do camiño, preme aquí para ver moitos mais |
OBRADOIROS PARA O ALUMNADO VOLUNTARIO |
ESTE MARTES O ALUMNADO VOLUNTARIO PUIDO DESFRUTAR DUN AGASALLO BEN MERECIDO COMO RECOÑECEMENTO Á LABOR QUE DESEMPEÑA NOS RECREOS AO LONGO DE TODO O CURSO ESCOLAR (e xa van catro). 25 ESCOLLIDOS (por sorteo) EXERCERON DE INVESTIGADORES NUN OBRADOIRO ARREDOR DA OBRA CONTOS POR PALABRAS DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ. E TODOS XUNTOS (máis de 90 rapaces e rapazas) COMPARTIRON UN OBRADOIRO DE XOGOS TRADICIONAIS. MOITAS GRAZAS A NEREA DO GRUPO XANDOBELA POR ACHEGARNOS ESTAS ACTIVIDADES E A ASESORÍA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA POR FACELO POSIBLE. E GRAZAS, SOBRE TODO, AO ALUMNADO VOLUNTARIO QUE FOMENTA A LECTURA (e moito máis) NO NOSO CENTRO.
|
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES |
A NOSA BIBLIOTECA ENCHEUSE DE CIENCIA EN GALEGO DURANTE O MES DE NOVEMBRO: EXPOSICIÓN DE LIBROS, CREACIÓN DE TECNOLOXÍA ASEQUIBLE A TRAVÉS DO PROXECTO "ESCORNABOTS NA BIBLIOTECA ESCOLAR" E CHARLAS DIVULGATIVAS POR PARTE DO ALUMNADO DE FP BÁSICA DO IES PUNTA CANDIEIRA.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR O SABER! |
LETRAS GALEGAS 2.016 - MANUEL MARÍA |
MANUEL MARÍA from PERCEBÍN LECTOR on Vimeo. |
LAS PROVINCIAS |
|
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS |
O PASADO 24 DE OUTUBRO FESTEXAMOS O DÍA DAS BIBLIOTECAS. O ALUMNADO ELABOROU NUBES DE PALABRAS
OS GRUPOS DE 5º NIVEL DE EDUCACIÓN PRIMARIA ACUDIRON Á BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL "LÓPEZ CORTÓN". E OS GRUPOS DE 6º VISITARON A BIBLIOTECA ESCOLAR DO IES PUNTA CANDIEIRA, ONDE XOGARON, APRENDERON E RECIBIRON AGASALLOS.
|
BOLSIÑAS DE CONTOS EN 4 ANOS |
VAIA SORTE TEÑEN OS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS E AS SÚAS FAMILIAS! AS PROFES PREPARARON UNHAS BOLSIÑAS PARA LEVAR ÁS CASAS; ESTÁN CHEAS DE CONTOS MARABILLOSOS E ALGUNHA SORPRESA!
PARECE QUE A ANDRÉS LLE GUSTOU! GRAZAS POR COMPARTILO!
MOITAS GRAZAS, LUCAS E DIANA, POR COMPARTIR CONNOSCO ESTE MOMENTO TAN DIVERTIDO.
|
FALTA 1 DÍA! #euquedonacasa #besclaresgalabertas |
FALTA 1 DÍA!
“A ver, a ver…Cantos debuxos ten este conto?” Cantas veces faríamos iso ao abrir un libro? E cando lemos un conto aos nenos e nenas na escola…pois cando lemos un conto, sempre hai unha voz miúda polo medio que pregunta: -A ver…lo enseñas? Os ilustradores, eses grandes artistas que poñen imaxes ás palabras. As imaxes…o poder das imaxes…Aquela expresión que di: “Unha imaxe vale máis que mil palabras” ás veces resulta certa. En todo caso hai que saber contar moi ben as cousas para que reflictan exactamente o que queremos decir, e coas imaxes podemos velo con un só golpe de vista. Aí o grande traballo dos ilustradores…facernos ver nun abrir e pechar de ollos exactamente aquilo que din os textos escritos. Hoxe, terceiro día da nosa Semana do Libro, abriremos as nosas portas virtuais a outro artista: Diego Cheda, debuxante da nosa mascota da biblioteca. Sen dúbida algunha, na súa cabeza hai un espazo ben recollido onde foi gardando centos de imaxes de cómics ao longo da súa vida, imaxes das que bota man cada vez que fai unha das múltiples ilustracións de Percebiño. Hoxe temos e tedes a sorte de contemplar como é o proceso do traballo que fai. Mirade, tomade nota, aprendede e intentade debuxar…
Certo que as mans de Diego gozan dun talento especial para facernos ver exactamentente que é o que Percebiño sinte en cada momento.
E agora, a proposta de actividade de hoxe: Preme na imaxe para xogar. |
XA PASOU! E AGORA QUE? |
|
FELIZ ANO NOVO! |
O Concurso de debuxo para as postais de felicitación foi todo un éxito. Brais Sedes Hermida (5 anos C) e Lucía Bellón Rodríguez (6ºA) son os artistas gañadores!
O CEIP Nicolás del Río quere desexarvos un feliz 2017! |
PLAN LÍA |
O PLAN LÍA PERMITIUNOS DOTAR Á BIBLIOTECA DO EQUIPAMENTO NECESARIO PARA ACHEGAR AO ALUMNADO UN LABORATORIO CREATIVO DE APRENDIZAXE ABERTO A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR.
|
ANTROIDO 4 ANOS |
|
A MASCOTA DA BIBLIOTECA!!!! |
XA TEMOS MASCOTA NA BIBLIOTECA Os nenos que quixeron participaron no concurso para elixir mascota do cole. Participaron nenos de diferentes idades debuxando cada un un percebe. Votouse a partir de duas eleccións, a primeira votárona os profesores do equipo da biblioteca, e a segunda os nenos do voluntariado da biblioteca deste trimestre. Os finalistas foron oito e o gañador deses oito foi o debuxo feito por Maria Candelaria Santana Santamaría, de 6ºB Nome dos debuxantes finalistas:
|
ESTE É O MEU LIBRO FAVORITO!!! |
O noso cole encheuse de libros para festexar unha data tan importante. Cadaquén trouxo o libro que máis lle gusta para facerse a foto e poder compartir un bo momento de lectura cos compañeiros e compañeiras. Aí vai un adianto
E tamén trouxeron o seu libro favorito...
GRAZAS POR PARTICIPAR E FELIZ DÍA DO LIBRO!!!
|
ENQUISA SOBRE A NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR |
|
VISITA DE CARLOS LABRAÑA |
ESTE XOVES RECIBIMOS A VISITA DE CARLOS LABRAÑA. ACOMPAÑOUNOS AO LONGO DA XORNADA E AGASALLOUNOS CO SEU NOVO LIBRO "O VALO".
|