Título | Resumo |
---|---|
MOCHILAS VIAXEIRAS #Lecturascompartidas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
As mochilas viaxeiras seguen a súa ruta pola casas do alumnado. Aquí unha mostra da mochila de 5 anos.
|
ÁRBORE DE NADAL CON REFUGALLOS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A creatividade non ten límites! Uns paos, anaquiños de teas, arames sobrantes e moreas de imaxinacións. Adobíos para as celebracións! Bo Nadal!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - ALUMNADO 2ºA #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Desta volta os protagonista das cancións infantís son Iñaki, Carme e Simón. Esta é unha actividade enmarcada no proxecto documental "Música, maestro!".
|
BIBLIOTECA HUMANA - MEY LIN APAC RIVERA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O pasado 28 de maio celebramos unha xornada da Biblioteca Humana con Mey Lin Apac Rivera, co seu libro "Caminos para reconocer tu título universitario". Atracou na nosa biblioteca da man da súa autora. Historia que perdurará en audio, no noso catálogo Meiga, para escoitar sempre que se desexe. A palabra foi a protagonista da data, pero tamén o que ela teceu, pois unha manchea de rapazada grande e pequena e xente da vila que tivo o interese de escoitar achegouse e entre libro e libro, as verbas crearon redes. Estas redes para todas e todos, pero en especial para a rapazada miúda ten un valor moi especial. Son os lazos de pertenza, de identidade, de cariño e agarimo. Hoxe podemos compartir o seu libro con todos vos! Agasallando verbas!
|
UNHA HISTORIA DE POMBAS - LECTURA E FAMILIAS #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Este venres, na Biblioteca Humana, tivemos a Marta Cheda e unhas convidadas moi especiais. Elas son quen de enviar fermosas epístolas!
|
LEGO WEDO PROGRAMANDO #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
En grupos cooperativos o alumnado segue as instruccións, monta e programa con Lego Wedo.
|
XII LIMPEZA SIMULTÁNEA DE PRAIAS @ADEGAgz #LimpezaPraias #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Para conmemorar a XII limpieza simultánea de praias, os nenos e nenas de 2° e 3° de Educación Primaria, foron a praia da Magdalena e os seus arredores onde recolleron preto de cinco quilos de lixo.
|
PREPARANDO LECTURAS COMPARTIDAS #EnGalego #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Ler con sentido, para agradar, para facer rir ou chorar, para que che escoiten... Preparando historias para contar.
|
PROGRAMANDO #Ciencia #poloscreativos #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado programa aos robots creados para realizar diversos movementos, xiros... experimentan e varian as diversas ordes para ver que efecto teñen no robot. Aprender gozando coa tecnoloxía, brindando un bo uso dela.
|
LECTURA E FAMILIAS CON ALMUDENA MOLINA #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Almudena Molina agasalla á rapazada de segundo cun contacontos "La mochila invisible" de Stefanie Sherbon Editoria: Independently published.
|
INTERCAMBIO DE EPÍSTOLAS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A escritura e a lectura son dous dos pilares máis importantes da biblioteca escolar. Conxugamos a aprendizaxe destas habilidades coa motivación do alumnado e creamos actividades que impliquen reforzar actitudes que desexamos que se reproduzan constantemente. As epístolas contribuén a todo isto, por iso é unha tarefa que replicamos unha e outra vez. A quen non lle gusta recibir unha carta? Estas son as da nosa rapazada! Engadir que o alumnado sempre ten acceso a apoios á escritura, paos correctores, infografías ortográficas... para brindar seguridade, crear un hábito de corrección e mellorar a escrita.
|
HORA DE LER #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A hora de ler é unha actividade imprescindible, dinámica e diversa, pode desenvolverse en múltiples espazos, con diversidade de textos, a calquera idade, pode ser individual, compartida... O importante é brindarlles unha boa selección e que sexa comprendida polo lector ou que teña outra persoa que lle tenda unha ponte para interpretala.
|
CÓMICS DE TERROR #bescolaresgal #UnhaBEenViñetas #bescolaresgalabertas |
Xa podedes coller na biblioteca o "Cómic de terror" deseñado polo alumnado de tres anos a sexto de primaria. Son un conxunto de historias de medo creadas con moita imaxinación e acompañadas dunhas ilustracións fermosas. Neste ano no que o leva elixido é, UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS, que pretende poñer o foco en todas as posibilidades que a a banda deseñada ofrece tanto no goce lector como na aprendizaxe curricular, dicidimos amosar unha destas posibilidades.
|
ASEMBLEAS DA INFANCIA @UNICEFGalicia #Cedeira #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despois da primeira reunión de delegadas e delegados das aulas, volvemos a reunirnos para debatir os resultados da primeira reunión. Todo o alumnado está representado e tamén tódolos equipos da escola. CONVOCATORIA
|
NOVIDADES EN BANDA DESEÑADA - CÓMIC #UnhaBEenViñetas #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
VOLUNTARIADO - RECREOS NADAL #VoluntariadonabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
QUE TÓDOLOS BOS DESEXOS SEXAN SEMPRE CONCEDIDOS! PAZ NO MUNDO PARA TODAS E TODOS! GRACIAS POR AXUDAR E COMPARTIR!
|
REUNIÓN VOLUNTARIADO ESCOLAR #voluntariadonaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
MAMBRÚ VOLVEU DA GUERRA - CARLOS LABRAÑA #Cedeira #LecturasRecomendadas #Clubsdelectura #Igualdade #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A pasada semana recibimos a visita dun autor moi importante para nós, o dramaturgo que da nome á nosa biblioteca! Carlos Labraña realizou unha mini representación da súa obra "Mambrú volveu da guera", unha historia lida en diferentes cursos e con diferentes idades, pero nas que todas suscita unha conversa que convida á reflexión. Que pasou? Porqué o soldadiño estaba enterrado? Era unha persoa esquecida, pero xa non o é. Imos coñecelo, voltarlle o seu nome, coñecer que pasou. Reflexións que se abordaron nas aulas, na escola, na visita e que de seguro, estenderanse ás familias. Porque falar é un moi bo comezo. Sementemos a PAZ.
|
APADRIÑAMENTOS LECTORES - IES E 3 ANOS E.I. #Lecturascompartidas #TecendoRedes #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Unha das actividades de lectura Plambe máis tenras é o Apadriñamento Lector, co alumnado de 3 anos e o do Instituto. Nesta ocasión, os padriños e madriñas foi o alumnado de 1º de Bac. de Artes Escénicas. As crianzas, de 3 anos este curso propuxeron ser elas e eles os que visitasen aos seus padriños no instituto e aló foron, coñecéronse en persoa, conversaron e despois leron os seus libros favoritos. Xa pasada media xornada estaban preparados para compartir xuntos lecturas con toda a vila. Así que achegáronse ata San Isidro e sementaron contos, libros, historias... e moitas risas, para que calquera bo lector, pequeno ou grande, leve ese libro e o lea, co mesmo cariño que eles o deixaron. Despois queda co compromiso de volver sementalo, pois a lectura hai que espallala. Gracias a padriños e apadriñados por tanta tenrura, verbas e risas. Os lazos que onte creastes que vos duren sempre!
|
OBRADOIRO DE MÁSCARAS DE ENTROIDO #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
|
UN ACIVRAL PARA A INFANCIA - 9 M DÍA DO NATURALISMO GALEGO - DÍA DE MARTÍN SARMIENTO #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Vintecatro acivros chegaron ás mans da rapazada, un agasallo de Rafael López Loureiro (mestre en xúbilo) e o Concello de Cedeira, son vintecatro seres vivos que teremos que coidar con dozura e esmero, para transplantalos en xuño na 1ª Xornada das Árbores Nosas, coincidindo coa data do Día Mundial do Medio Ambiente. Unha encarga de responsabilidade coa nosa flora. Ampliamos información a través do blog "Ao Noroeste do Noroeste" de Rafa (Calel)
Nós, esperamos á rapazada este próximo luns, para continuar coñecendo e gozando da natureza neste obradoiro no recreo.
|
SALA DE CINE - POLOS E BIBLIOTECA CREATIVA #Cedeira #poloscreativos #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Salas versátiles! O cine na escola!
|
GRUPOS INTERACTIVOS DE XOGOS #FamiliasnabE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Comenzan os grupos interactivos, primeiro con dúas profes e temática lúdica. En breves, coas familias que desexen acompañarnos este curso.
Fixemos unha construción floral para despedir ao verán, atamos zapatos e outros broches, fixemos orbits e agochamos bichiños que tivemos que atopar e logo sen mirar escribir os nomes e cantidades, pintamos as unllas e deixamos que nolas pintaran, fixemos un mundo natural de outono para darlle a benvida.
Tedes máis información sobre os grupos interactivos nestas ligazóns: Os primeiros interactivos da escola: https://www.youtube.com/watch?v=MTGMTj9JocU Ramón Flecha. Grupos interactivos: https://www.youtube.com/watch?v=BlovbmPSn3c
|
FONDOS DÍA DA PAZ #DíadaPaz #VokuntariadonaBE #BibliotecasSolidarias #bescolaresgal #bescolaresgal #bibliotecainclusiva #bescolaresgalabertas |
Exposición de fondos preparada polo voluntariado de biblioteca. Temos moitos máis! Consúltanos!
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CHOCOLATE CHOCOTETE #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- 41
- 42
- 43
- …
- seguinte ›
- última »