Título | Resumo |
---|---|
BIBLIOTECA HUMANA A CIDADANÍA VOLTA Á ESCOLA! #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #bibliotecacreativa #poloscreativos #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A Biblioteca Humana, dentro do programa Lectura e Familias, volve outro ano máis para facer escola entre todos e todas!
Está claro que as nosas xentes son fonte de recursos diversa. Ademáis a biblioteca, as mestras e os mestres somos conscientes do poder motivador que pode exercer que a avoa, o tío, a madriña, a veciña, o curmán, mamá, papá... se achegue á escola e forme parte dela, que cree, ensine, lea, constrúa coñecemento. Por todas estas razóns e moitas máis, abrimos novamente o banco humano que abarca tres grandes obxectivos:
a)Continuar ampliando as persoas libro (contar oralmente unha vivencia, experiencia, saber... a un grupo pequeno de persoas que logo teñen opción a facer preguntas sobre o comentado).
b)Acudir na hora de ler a contar unha historia a tódolos compañeiros e compañeiras da aula do seu familiar.
c)Realizar un ou varios obradoiros sobre a temática que se solicita co alumnado.
A escola conta cunha gran dotación de recursos materias de Polos Creativos e da biblioteca escolar. Somos moi afortunadas e afortunados pois temos un centro con gran cantidade de material. Agora é necesario sacarlle o máximo partido para aprender do mellor xeito que sabemos, Xuntos!
|
CADERNO DE CAMPO - 3 ANOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 3 anos remata o seu caderno de campo, un dos produtos finais do noso proxecto documental integrado, sobre a flora e a fauna da nosa contorna. Parabéns a estes pequenos naturalistas!
|
MUSEOS CORUÑA #MesDaCienciaEnGalego #Ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 5º escolleu o mes das Ciencias para realizar unha saída didáctica a tres museo da Coruña. No Domus visionaron temática da alimentación, nutrición, a evolución dende os primeiros homínidos e realizaron xogos interactivos de olores, neurons, actividades sobre xenética e adn. Na Casa das Ciencias gozaron unha manchea co péndulo de Foucault ata aplaudiron ao caer o pivote, encantoulles! Posteriormente, traballaron de xeito interactivo péndulos, gravidade e no planetario (que tiveron o privilexio de ollar os dous, un recén estrenado!) disfrutaron do anoitece e amancer no ceo, mentres escoitaban explicacións sobre os astros, os puntos cardinais... Por último, no acuario Finisterrae, coñeceron a Gastón, o tiburón touro que vive alíe entre outras especies típicas de Galicia. Conversaron sobre a reprodución sexual e asesual dos seres vivos. Viron os ajolotes que están en perigo de extinción e os deixaron namorados! Aprenderon unha manchea de curiosidades. E ollaron diferentes adornos realizados cos materiais que desbota o mar.
|
RECREOS NA BIBLIO! #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Así de ben o pasamos nos recreos na biblio!
|
O REI MIDAS - DÍA DO LIBRO - CONTACONTOS BIBLIOTECA HUMANA #DíadoLibro2023 #Lecturascompartidas #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #EscribiraBE #bescolaresgal #bescolaresgalaberta |
Familias e alumnado comparten tempo de lectura de calidade.
Mey Lin Apac e Magdalena Iglesias, viñeron a agasallar ao alumnado coa lectura teatralizada e posterior debate sobre
o libro "O Rei Midas". Chegaron á conclusión de que o importante non son as cousas materiais, senón a amizade, o amor...
Feliz Día do Libro! Para viaxar só hai que asomarse a unha historia. Ven á biblioteca escolar e poderás levar libros tan fermosos coma este.
Esta actividade enmárcase dentro da actividade da Biblioteca Humana/Polos Creativos, dentro do programa "Lectura e familias.
|
OBRADOIRO DE GOMINOLAS #SamaínCedeira #bescolaresgal #bescolaresgalsbertas |
Obradoiro de gominolas polo Samaín a cargo do alumnado de segundo A e B.
Un traballo en gran grupo cun resultado moi saboroso!
|
CONTACONTOS CON MARIBEL FERNÁNDEZ #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #STEAM #poloscreativos #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Este mércores visitounos outra familia,
Maribel Fernández Pazos e veu cunha sopa moi rica.
"A mellor sopa do mundo" De Susanna Issern (Autora), Editorial OQO.
Unha actividade do programa Lectura e Familias,
a través da Biblioteca Humana-Polos Creativos.
|
COSTURA FAMILIAS #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #poloscreativos |
Familias e mestres se afanan na costura de entroido! Os recursos do espazo argalleiro e polos creativos fan o seu traballo.
|
CURTAMETRAXE "PEQUENOS PERO MAIORES" #arte #radionabiblio #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de primeiro realiza unha curtametraxe sobre a realidade das aulas galegas con alumnado extranxeiro. O fai coa axuda das familias que tamén participan en diversos ámbitos, tanto na actuación como na música.
Agradecer a colaboración de todos eles, en especial de Antonio Rodríguez Bustabad.
|
XORNADA DE CONVIVENCIA E DESPEDIDA DO VOLUNTARIADO #voluntariadonaBE #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Despedimos o curso escolar cunha xornada de convivencia entre o voluntariado escolar, as súas familias e o profesorado do Ceip Nicolás del Río. Un intre para conversar, valorar e felicitar polo traballo ben feito. Parabéns rapazada!
|
CARTAS AOS REIS MAGOS #bibliotecacreativa #Nadal #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Raparigas e raparigos apuran as súas cartas aos Reis Magos. Sabemos que senón son eles, enviarán a algún paxe recoller as epístolas. Estas cartas teñen feitizos especiais, están cargadiñas da maxia do corazón das nenas e nenos. Procuraron ser comedidos, só pediron tres cousas: unha para a escola, outra para eles/elas e outra para un ser querido (familias, amigos, veciña...). Esperemos que os grandes Magos sexan quen de cumprir os seus desexos.
|
COSTURA ENTROIDO #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Estes días alumnado e mestres pasamos moito tempo na zona de costura da nosa biblioteca creativa. As máquinas de coser non dan abasto e todos estamos preparando os disfraces do entroido. Reciclamos todo o material que podemos e creamos boa parte dos disfraces. É tempo de apegotas, bromas mentireiras, este mes autorizadas. Así que coidadiño!
|
CONCELLO LOCAL DA INFANCIA E ADOLESCENCIA - PRESENTACIÓN #ConcellodeCedeira #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A rapazada do CLÍA asiste a un pleno do Consello para facer a súa presentación e expresar a necesidade de formar parte deste consello. Nen@s e moz@s teñen pleno dereito a expresar as súas opinións, sempre dun xeito respectuoso, sobre asuntos que lles afectan. O CLÍA é un órgano de comunicación entre a rapazada e o Concello, un órgano onde trasladar opinións, necesidades, inquedanzas á corporación municipal e viceversa.
Este é o 2º curso dun proceso que durará catro para instaurarse totalmente. Non vos perdades as súas intervencións. Nós estamos orgullosos da infancia e adolescencia que representa a toda a rapazada. Teñen as cousas claras e moito que aportar! Consello da Infancia e Adolescencia
|
VÍDEO DA OBRA - OS GAITEIR@S DE HAMELÍN #arte #teatro #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #FamiliasnaBE |
|
PROVOCACIÓN AO XOGO "OUTONO" #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa podedes acudir a unha nova provocación no espazo argalleiro, unha mesa de xogo, con materiais naturais e xoguetes de madeira para crear, inventar, imaxinar...
Algúns elementos como os froitos secos son utilizados baixo a supervisión do profesorado, pois non poden estar presentes con todo o alumnado para evitar alerxias.
Recordade seguir as normas de uso.
Se queredes investigar sobre este tipo de xogo con materiais naturais e pezas soltas, nesta ligazón tedes unha referente: https://www.mamaextraterrestre.com/blog/
|
CROMOS, PDI E SORPRESAS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumando de 3º continúa gozando do álbum de cromos.
Namentres, recibimos a sorpresa da familia de Xiana (unha nena curiosa e namorada da flora e da fauna).
A súa nai crea un canal de youtube chamado Caderno de campo. Entre as dúas crean uns vídeos que teñen un valor documental que dende logo aproveitaremos con toda a rapazada.
Moitas gracias a estas dúas naturalistas!
|
CAMBIANDO CROMOS #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
O alumnado de 5º e 6º recibe outro sobre de cromos e cambia os repetidos. Intres para compartir información,ampliar, investigar, conversar sobre a flora e a fauna da nosa contorna. Agradecer a colaboración de Rafael López Loureiro (aportando as fotografía e documentación sempre que se necesitou), o Concello de Cedeira e de todos e cada un dos axentes sociais implicados.
|
Vivamos como cedeireses! Sanadresiños. 1º ciclo. |
Entrada Sanandresiños de l.c.carneiro92 |
RADIO EXPERIMENTAL - NOVO ESPAZO #Radionabiblio #Cedeira #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Presentamos a extensión da Radio Experimental, un segundo espazo máis amplo, para realizar moitos podcast. Deste xeito a Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" invirte o premio gañado no Concurso de podcasts de Radio na bliblio. Animádevos a mantelo dinamizado!
|
"CAMINOS PARA RECONOCER TU TÍTULO UNIVERSITARIO" POR MEY LIN APAC RIVERA - PROGRAMA "LECTURA E FAMILIAS" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O 26 de maio ás 28:00 horas na Biblioteca Escolar "Carlos Labraña" Aberto a tódolos públicos. Achégate!
Unha experiencia de vida!
|
CARTAS A PERCEBIÑO #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
É un obradoiro de escritura, que se inicia na biblioteca,
sendo o protagonista a nosa mascota, un percebe chamado
Percebiño, ao que noso alumnado lle escribe cartas e recibe contestacións.
Esta actividade mellora a escritura e apórtanos unha información emocional
que nos permite estar atentos e coidar a saúde mental do noso alumnado.
|
PROXECTO "MÚSICA, MAESTRO!" - CANCIÓNS INFANTÍS PRIMEIRO #Cedeira #ABP #ALFIN #AMI #bibliotecacreativa #Axenda2030 #ODS #FamiliasnaBE #bibliotecainclusiva #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
|
LIMPEZA DA PRAIA #ALFIN #AMI #ciencia #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O Green Club, do Ceip Nicolás del Río, únese á proposta da Asociación Arce (Amigos dos Ríos), o Museo Mares de Cedeira e o Concello de Cedeira na xornada de limpeza da praia da Magdalena. Será o domingo 14 de xaneiro a partir das 11:00 da mañán, e só compre traer roupa e calzado axeitado. Para o alumnado que desexe participar teremos unha tirada de petos e luvas do Green Club (serán recollidos ao rematar a xornada). Engadir que esta proposta Arce xa a tiña programada antes da chegada desta "marea plástica" que nos asolaga, polo que agora, aínda máis compre aunar esforzos! Clica na ligazón para informarnos máis polo miúdo nunha publicación do naturalista Rafael López Loureiro, do seu blog "Ao Noroeste, do Noroeste".
|
ESTAMOS DE PARABÉNS! PREMIO PROXECTO "NATURALmente, APRENDENDO!" #PDI #ALFIN #AMI #ciencia #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bibliotecainclusiva #LIA #bescolaresgal |
Orgullo das nosas xentes, da nosa flora, fauna, paisaxes! Gracias a todas e todos os que sementastes neste proxecto, moita xente pasou pola biblioteca, pola escola, polos roteiros... unha vila ollou a natureza, escoitouna, mimouna, observouna. Grandes e pequenos, todos xuntos aprendemos a mirar. Hoxe estamos de parabéns! Saimos premiados no IX Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar.
Recordade seguir observando. Deixamos unha entrada do blog "Ao Noroeste, do Noroeste" de Rafael López Loureiro, de seguro vos vai gustar.
|
CLUB LECTURAS - RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal |
Un dos club de lectura da escola, o dos máis pequechos, iniciou a lectura do conto de David Mckee, "Negros e Brancos" un libro no que cada verba ten un peso e cada imaxen un tesouro. Moitas foron as lecturas e innumerables as conversas. É un libro co que poder transitar na resolución de conflitos, o uso e o valor da palabra, a reflexión... porque isto segue pasando, e non só na rapazada, tamén en adultos que ostentan grandes cargos e representan a moitas persoas (quizais moitas nin quixeran...). O caso é que sempre hai problemas e discusións, ensinar outros camiños para transitalos é necesario, e practicar co exemplo o é máis. Aproveitamos o conto para facer actividades relaxantes como é a pintura, con todos os seus matices, porque nós queremos ser eses elefantes que se internan na selva e buscan a paz, eles son de mil brancos, grises e negros.
Usamos a regla, medimos, trazamos, porque é importante que o seu uso sexa motivador, non é sinxelo, é un novo aparello que ven incorporase ao material escolar habitual.
O día 1 de febreiro realizaremos unha tertulia alumnado e familias, pero xa podedes vir ollar a súa exposición celebrando que hoxe 30 de xaneiro é o Día da Ilustración.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 32
- 33
- 34
- 35
- 36
- 37
- 38
- 39
- 40
- …
- seguinte ›
- última »