Título | Resumo |
---|---|
TERTULIAS DIALÓXICAS 2º T. |
NOVAS TERTULIAS DIALÓXICAS DOS VAGALUMES E "EL LIBRO DE LA SELVA". UNHA DAS SESIÓNS...
BLOG DOS VAGALUMES: http://vagalumes.net/2019/04/03/tertulias-dialoxicas-2o-t/ |
VOLUNTARIADO DE 5º E 6º |
O NOSO EQUIPO DE VOLUNTARIOS! GRACIAS CHICAS E CHICOS POR AGASALLAR CO VOSO TEMPO Á BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA!
|
COLOREAR CEDEIRA |
A PINTURA TEN UNHA GRANDE IMPORTANCIA DENTRO DO CURRÍCULO CEDEIRÉS. NON TIVEMOS MELLOR OPORTUNIDADE PARA PROMOCIONALA QUE OFERTAR OS "COLOREO CEDEIRA", QUE SON UNS CADERNOS DE DEBUXOS DA NOSA VILA REALIZADOS POR ADRIÁN TARACIDO FERNÁNDEZ E PROMOCIONADOS POLO COLECTIVO RAMPLA. TAL FOI A CALIDADE QUE ADRIÁN NON SOUBO QUE OBRA ESCOLLER E PREMIOU A TODA A "BIBLIOTECA CARLOS LABRAÑA" CUNS MALETÍNS DE DEBUXO E UNHA OBRA DO ILUSTRADOR. QUEN O DESEXE PODE VER A EXPOSICIÓN NO HOTEL HERBEIRA. XA ESTAMOS DESEXANDO VER UNHA NOVA TIRADA DE CADERNOS!
|
NADAL "De festas pola vila!" |
Nesta ocasión o alumnado de 2º A celebra o Nadal cunha busca do tesouro no Museo Mares de Cedeira. |
RECICLAR E REUTILIZAR 3º C |
O alumnado de 3º C comprometido co medio ambiente crea murais reciclados. |
MEDRANDO NA IGUALDADE |
DENDE A BIBLIOTECA "CARLOS LABRAÑA" APOSTAMOS POR MEDRAR EN IGUALDADE INCORPORANDO NOVAS LECTURAS SOBRE ESTE TEMA. NESTAS IDADES PARA ACTUAR CONTRA A VIOLENCIA, PRIMEIRO TEMOS QUE DAR EXEMPLO: LIBROS, XOGOS, XOGUETES... SON DE PERSOAS, NON DE NENAS E DE NENOS. DESEXAMOS CREAR E MEDRAR NUNHA SOCIEDADE XUSTA, PACÍFICA E IGUALITARIA. NON DUBIDEDES EN LER AS NOVAS ADQUISICIÓNS! |
CONTINUAMOS UN PROXECTO! INTERCENTROS IES E VAGALUMES. |
OS VAGALUMES DESPRÁZANSE ATA A BIBLIOTECA DO IES PUNTA CANDIEIRA PARA COÑECER AOS SEUS NOVOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE CAMIÑO. ESTE ANO VIAXAN 1º DE BACHERELATO DE ANTROPOLOXÍA, DE CULTURA CIENTÍFICA E OS VAGALUMES EN 4º DE PRIMARIA. ESPÉRANNOS MOITAS AVENTURAS E DESCOBREMENTOS.
|
Exposicións deste mes! |
Fai uns días vos ensinamos a exposición de libros de Rosalía e, nesta ocasión, queremos contarvos outras dúas exposicións que temos este mes! Por un lado, no noso polbo, temos unha pequena escolla de libros sobre mulleres relevantes, có motivo do Día internacional da muller (e que en breves se completará có libro que vos anunciamos aquí!!) e, na estantería, xa podedes ver materiais sobre poesía xa que o 21 de marzo conmemórase o Día mundial da poesía.
|
Día das Artes Galegas, 1 de abril #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Queremos celebrar o Día das Artes agradecendo a Diego Cheda Bustabad outro dos seus deseños. Nesta ocasión Percebín nos traslada unha mensaxe positiva cara a situación que estamos a vivir.
Para celebrar este día dende a Biblioteca Carlos Labraña propoñemos a realización de mándalas con obxectos que teñamos no fogar (procurade non usar comida). Aquí deixamos unha idea e unha entrada dunha actividade con mándalas do curso pasado.
Agradecemos enviedes fotos ou vídeos coas vosas creacións aos seguintes enderezos: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com Engadimos a proposta da Asesoría de Bibliotecas Escolares para afondar no coñecemento de Domingo de Andrade.
|
Representando obras |
Seguimos traballando con grandes textos de escritoras galegas... neste caso, a aula de 4ºC acudiu á biblioteca na hora de ler para representar "A casa de había unha vez" escrito por Ana María Fernández.
|
MOITO MORRO CORPORATION, SOCIEDADE LIMITADA |
HOXE OS VAGALUMES TIVERON UNHA ENORME SORPRESA. FORON ENSAÍAR AO AUDITORIO E ALÍ ESTABA CARLOS LABRAÑA. GRACIAS CARLOS, POR VIR E POR ESCRIBIR OBRAS TAN FERMOSAS! ISTO É UN PEQUENO ADIANTO DO QUE ACONTECERÁ O VENRES... |
A biblioteca entra nas aulas! |
Neste caso, a rapazada de 3 anos A está empezando a traballar sobre os dinosaurios e, no seu recuncho do proxecto, teñen unha pequena selección de libros informativos, contos e materiais da biblioteca cós que desfrutan un montón e se inician na búsqueda de información e no marabilloso mundo das letras! |
CONTOS POP-UP!! |
O ALUMNADO DE 5 ANOS DE E.I. E DE 1º DE EDUC. PRIMARIA REALIZOU UNHA SAÍDA DIDÁCTICA PARA DISFRUTAR DOS "CONTOS POP-UP" DE FÁTIMA FERNÁNDEZ, NA BIBLIOTECA MUNICIPAL "LÓPEZ CORTÓN". GRACIAS A FÁTIMA, ÁNGELES E LUCÍA POLO SEU RECIBIMENTO!
|
XOGAMOS COA SÉPTIMA ARTE #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
A proposta de hoxe vén da man das profes de 5 anos.
Coñecedes este xogo?
Parécese moito á zoadeira de botón. É un xoguete que consiste nun disco con dúas imaxes diferentes, unha por cada lado. Ao facelo xirar, as imaxes mestúranse e aparece o movemento. Chámase taumatropo, e pode considerarse un dos inicios do cine. O cine… a séptima arte… Hoxe, amigos e amigas… vai de cine.
Gustaríanos, coma sempre, transmitirvos unha mensaxe nestes días que empezamos a saír á rúa, e decidimos facelo tal que así:
Hoxe podedes escoller entre dúas actividades:
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
Catálogo de libros da biblioteca |
Accede ao noso catálogo de fondos aquí |
SAMAÍN 2017 - "DE FESTAS POLA VILA" |
A NOSA BIBLIOTECA APOIA A APRENDIZAXE BASEADA EN PROXECTOS, E MÁIS SE TEÑEN QUE VER COA VILA DE CEDEIRA. A COLABORACIÓN ENTRE O ALUMNADO DE 2ºA DO NOSO COLE E AS ALUMNAS DA MATERIA DE ANTROPOLOXÍA DO IES PUNTA CANDIEIRA PERMITIU ACHEGARNOS UN POUCO MÁIS AO SAMAÍN. ESTE TRABALLO É O FROITO DAS XUNTANZAS ENTRE OS EQUIPOS DAS NOSAS BIBLIOTECAS PLAMBE. |
SEMANA DO MEDIO AMBIENTE - XOGOS TRADICIONAIS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
O proxecto anual deste curso plantexado desde a biblioteca versa sobre o medio ambiente: "Contra o cambio...eu cambio. E ti?". Son moitas as actividades xa realizadas, e tamén durante o confinamento. Iremos amosando moitas destas propostas ao longo da semana.
Hoxe comezamos cos XOGOS TRADICIONAIS do alumnado de educación infantil (4 e 5 anos).
Cando chega a hora do recreo na escola é un momento de felicidade: xogar, estar con nenos e nenas doutras aulas, correr, brincar, gritar, inventar xogos... Ao ler e escoitar isto, fainos retroceder á nosa infancia, aos xogos que aprendimos e recordamos ata o día de hoxe. Dámonos conta de que algúns deles producíronse nas rúas do noso pobo, nos campos da nosa vila, na plaza do sitio onde crecimos e incluso no patio do recreo da nosa escola. Os xogos tradicionais son chamados así por ser de dominio dos nenos e nenas dunha época atendendo aos seus costumes, crenzas, reglas e variantes. Ademais de ser transmitidos oralmente polos nenos e nenas de maior idade. Moitas persoas cren que o xogo é unha perda de tempo e que non ten que ver coa aprendizaxe formal. Diversas investigacións vinculan o xogo coas matemáticas, xa que é un dos mellores vehículos que os nenos e as nenas teñen para explorar e dominar a súa contorna e, como consecuencia, para aprender gran parte das matemáticas elementais que se establecen como a base para o desenvolvemento de nocións máis complexas a desenvolver posteriormente.
Xogade que é bo para a saúde... e compartide as vosas experiencias.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
MÁQUINAS E PASO DO TEMPO |
O ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA APROVEITOU OS CONTIDOS DE C. NATURAIS E SOCIAIS PARA TRABALLAR COS ROBOTS DO ESPAZO ARGALLEIRO. CO ROBOT MIND DESIGNER FIXERON UNHA CLASIFICACIÓN DE ANIMAIS E MURAIS DE ANIMAIS E PAISAXES EMPREGANDO ELEMENTOS NATURAIS E ARTIFICIAIS. REALIZARON DIFERENTES PROXECTOS SOBRE AS CREACIÓN DE MÁQUINAS CON LEGO WEDO E OS IPADS. TRABALLARON O PASO DO TEMPO, AS MEDIDAS DOS MESES CO MIND DESIGNER. PARABÉNS RAPACES E RAPAZAS! AQUÍ TEDES UNHA MOSTRA. |
ROBÓTICA CON DOC |
O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL DE 3 ANOS TRABALLA NUMERACIÓN E LECTOESCRITURA CON DOC. PARABÉNS!
|
PRÉSTAMOS VOLUNTARIADO |
O VOLUNTARIADO REALIZA EMPRÉSTITOS NA APLICACIÓN. AS NENAS E OS NENOS SÚRTENSE DE LECTURAS PARA AS VACACIÓNS!
|
FORMACIÓN DE USUARIOS COMO INICIO DUN NOVO PROXECTO |
EMPEZAMOS O CURSO COMA OS ANOS ANTERIORES COA FORMACIÓN DE USUARIOS. APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA CONVIDAR ÁS FAMILIAS A PARTICIPAR COS NENOS E AS NENAS EN GRUPOS INTERACTIVOS. FORON REPARTIDOS NOS SEGUINTES OBRADOIROS:
CREACIÓN DUN PLANO DA BIBLIOTECA COLOCACIÓN DUN LOTE DE LIBROS TENDO EN CONTA A CDU MARCADORES PERSONALIZADOS DECORADOS AO SEU GUSTO
AS NORMAS DA BIBLIOTECA NO KAHOOT
LECTURA LIBRE BUSCA DE INFORMACIÓN ATENDENDO Á CDU PERO ADEMÁIS, APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA DAR INICIO AO PROXECTO ANUAL DA BIBLIOTECA: A EDUCACIÓN DA CONCIENCIA MEDIOAMBIENTAL.
A MODO DE EXPERIMENTO, ESTRAMOS ENVASES, PAPEIS, PLÁSTICOS... POLO CHAN (iso si, todo estaba limpo), PARA VER CAL ERA A REACCIÓN DOS NOSOS NENOS E NENAS: SE RECOLLÍAN E TIRABAN SEPARANDO PARA RECICLAR, SE NON RECOLLÍAN, SE LLES PRESTABA ESTAR NUN SITIO ASÍ OU NON...
OUTRAS NOTICIAS: CONTAMOS CON NOVOS ESPAZOS, QUE AÍNDA ESTÁN BALEIROS. PERO XA OS NENOS SE ESTÁN AFACENDO A ESTAR NELES: UN XARDÍN EXTERIOR E UNHA NOVA SALA PARA DIVERSAS ACTIVIDADES.
|
ROTEIRO: MURALLAS DE CEDEIRA - XEOGRAFÍAS LECTORAS #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 1º C (Os Vagalumes) comezan os seus roteiros pola vila, dentro do seu proxecto polo patrimonio. Cun obxectivo moi importante: ver, coñecer e valorar a nosa vila.
Este primeiro roteiro foi adicado ás murallas de Cedeira.
Deixan constancia da súa saída cun pequeno libro de comprobación. DOCUMENTACIÓN: Saída, documentación de Rafael Usero e colocación de placas nas portas das murallas (hoxe alumnado que cursa 6º de Educ. Primaria).
|
SAN XOSÉ "De festas pola vila!" |
O alumnado de 2º A celebra San Xosé da man da Asociación Arce. |
CREA BANDA DESEÑADA CON PERCEBIÑO #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Que vos parece convertir en banda deseñada o conto de Percebiño? Podedes utilizar os debuxos orixinais de Diego Cheda e engadirlles diálogos e globos, empregar esas mesmas ilustracións coloreadas por Quique Vázquez e facer a vosa creación a través de ferramentas na rede (ou aplicación para Android), facer as vosas propias historietas...
Diego e Quique regaláronnos a súa obra. Recordade nomealos sempre que a empreguedes. Hai que respectar sempre os dereitos de autor.
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
8 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Poema do libro “Poemar o mar” de Antonio García Teijeiro
“A saúde dos océanos é fundamental para sustentar a vida na Terra” (Ban Ki-Moon, secretario Xeral da ONU dende o ano 2007 ao 2016)
Os océanos son os pulmóns do noso planeta, e ao mesmo tempo son o fogar de milleiros de especies de animais e plantas. Nun curso escolar coma o presente, preocupado especialmente por todas as actividades relacionadas co coidado do medio, o día de hoxe non podía pasar desapercibido. 8 de xuño, Día Mundial dos Océanos. Unha das actividades que se fixeron nas aulas da escola, foi a seguinte:
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »