Título | Resumo |
---|---|
ARRIBA O TELÓN! |
VISITA AO AUDITORIO DE CEDEIRA PARA COÑECER AS PARTES DUN TEATRO. GRACIAS QUIQUE! |
Recreos na biblioteca |
A nosa biblioteca escolar abre as súas portas tamén nos recreos para todo o alumnado que queira facer uso dela neste período de lecer. Algúns nenos e nenas veñen a ler, outros a mirar as novidades e algún ven co seu portatil de abalar para acceder a internet ou facer traballos. Un dos nosos obxectivos é ampliar a biblioteca escolar, e convertila nun verdadeiro centro de recursos para os procesos de ensinanza-aprendizaxe do noso alumnado. |
A CASA DA MOSCA CHOSCA #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Mirade que ben contan A casa da mosca chosca as nenas e nenos de 4 anos.
https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
Novos proxectos en marcha! |
Dende o equipo da biblioteca estamos a preparar algo moi chulo que vera a luz polo Día mundial do teatro... O alumnado voluntario tamén está inmerso no traballo e, neste caso, traballaron na parte da cartelería deseñando unhas letras en 3D! Para iso, tiveron que empregar a aplicación Tinkercad e a impresora 3D que forma parte do espazo argalleiro da biblio! Quedaron ben chulas!! |
PROXECTO PARROQUIAS DE CEDEIRA - XEOGRAFÍAS LECTORAS |
O alumnado de primeiro de primaria, dentro do seu proxecto sobre as parroquías de Cedeira, argalla un quebracabezas online para incidir na localización das sete parroquias da vila. Para tal fin utlizan a aplicación Jigsaw Explorer, que permite xogar online, escoller o número de pezas, amosar só os bordes das pezas... Recomendamos iniciar o xogo con nove pezas e ir aumentando. Estes tempos tan confusos están permitindo profundizar, gozar e andar pola nosa xeografía.
Debuxo coloreado e decorado polo alumnado de 1º de Primaria. |
QUERÉMOSVOS...MÁIS #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
SEGUIMOS CANTANDO! E DESTA VOLTA... COA COMPAÑÍA DE PROFES, CONSERXE, ADMINISTRATIVA, LIMPADORAS, PERSOAL DE COCIÑA, COIDADORAS
VEÑA! A ENTONAR ESTA CANCIÓN QUE MOITAS E MOITOS APRENDIMOS FAI XA UNS ANOS E QUE SOABA TODAS AS MAÑÁS COMO TIMBRE DO COLE. ACORDÁDESVOS?
|
O voluntariado non descansa! |
A biblioteca non descansa e, a rapazada que forma parte do voluntariado tampouco!
Estes días os nosos voluntarios e voluntarias están inmersos/as en colocar os novos fondos (hai cousas ben chulas!) que se están a incorporar e que xa empezan a encher os andeis das salas!
E ademáis, están organizando o espazo de robótica! Teñen aínda cousas que colocar (algunhas levan tempo coma as pezas do Lego WeDo...) pero en breves todas as aulas poderán empezar a pasar por este espazo! |
JOSÉ AGUSTÍN GOYTISOLO. OBRADOIRO DE POESÍA! |
"EL LOBITO BUENO" É A POESÍA TRABALLADA NESTE OBRADOIRO. AXUDADOS POLAS VOLUNTARIAS E VOLUNTARIOS DESEÑAMOS UN MARCAPÁXINAS, APRENDEMOS A POESÍA E A CANTAMOS. GRACIAS JOSÉ AGUSTÍN GOYTISOLO!
|
EXPOSICIÓN E ACTO PROXECTO INTERCENTROS |
QUEDADES TODAS E TODOS CONVIDADOS! |
Obradoiro de baile - #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Continuamos coa proposta de coreografías de Aroa e Elisa, para os xoves nos recreos da biblio. Aquí vai a proposta! Se che apetece podes mandar o teu vídeo a un deste enderezos: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com |
SAÍDA E RECEITAS! |
SAÍDA E COCIÑA COMO MEDIO PARA DESENVOLVER A ESCRITURA E A ORALIDADE. ISTO ACONTECEU NAS AULAS DE 3º C E 4º A. O ALUMNADO APROVEITOU A SAÍDA DIDÁCTICA A ESENGRA PARA REFORZAR E AMPLIAR CONTIDOS SOBRE A ALIMENTACIÓN, PARTICIPANDO NUN OBRADOIRO DE COCIÑA NO QUE GOZARON E APRENDERON OS PASOS DA RECEITA DAS GALLETAS. LOGO AGASALLARON CON ELAS ÁS FAMILIAS. TAMÉN ARGALLARON CUN SIMULADOR DUNHA PONTE DE MANDO DUN BARCO, FACENDO O PERCORRIDO POLA RÍA DE FERROL (que o alumnado de 3º xa fixera na realidade o curso pasado na súa visita ao Castelo de San Felipe). NESTA OCASIÓN FORON CAMBIANDO O TEMPO ATMOSFÉRICO, REPASANDO DESTE XEITO CONTIDOS DE CIENCIAS SOCIAIS E DIFERENTES FENÓMENOS QUE LLES CHAMARON A SÚA ATENCIÓN. SEGUINDO AS INSTRUCIÓNS DA PERSOA QUE ESTABA AO MANDO MANEXARON O BARCO. POSTERIORMENTE VISTARON UNHA EXPOSICIÓN DE NUDOS E UNHA COLECIÓN DE PEIXES DA ZONA.
PARA O ALUMNADO DE 4º A, OS VAGALUMES, ESTA SAÍDA FOI A ÚLTIMA FASE DAS RECEITAS DE OUTONO, UN DOS PROXECTOS LEVADOS A CABO ESTE TRIMESTRE, NO QUE A REPOSTERÍA E OS SEU INGREDIENTES FOI UN VEHÍCULO PARA MELLORAR NA EXPRESIÓN ESCRITA DE TEXTO INSTRUCTIVOS. NO CASO DO ALUMNADO DE 3º C TRAS A SAÍDA REALIZARON DIVERSAS REDACIÓNS QUE REMATARON EN LECTURAS. |
Día do Libro. Infantil. Cita a cegas!!! |
Outra das actividades para celebrar o Día do Libro neste caso en Educación Infantil, foi a lectura dun libro sorpresa que chegou a cada clase... |
Rosalía de Castro |
Os Vagalumes achegan a biografía de Rosalía baseándose na obra da Fundación Rosalía, de Helena Villar Janeiro e Ánxeles Ferrer. Parabéns rapazada! |
Symbaloo actividades en castelán -#euquedonacasa |
Actividades en castelán contra o aburrimento. |
LEGO WEDO 3º B e C |
|
MANUALIDADES UN POUCO MÁXICAS #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
Estades preparadas e preparados para facer unha manualidade chea de maxia? Precisades:
Compartide as vosas creacións: https://www.facebook.com/bibliotecacarloslabranha/ @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com |
Redescubrindo a biblioteca! |
Os fondos da biblioteca non paran de crecer e, como sempre hai que reorganizar algúns aspectos (e máis este ano!), as formacións de usuarios son indispensables! Todo o alumnado irá pasando por turnos pola biblioteca pero hoxe tocoulle a terceiro de primaria! Ao chegar, e tras repasar unhas normas básicas do protocolo COVID, tiñan unha sorpresa esperándolles nos iPads: un Escape Room dixital creado na plataforma Genially! Repartíronse por parellas e... a descubrir a CDU e a organización da biblio grazas ao xogo! Tiveron que recorrer as diferentes salas, ler carteis e moito máis para poder completar as misións pero reto conseguido!
|
POESÍA VISUAL - DÍA DAS BIBLIOTECAS |
O alumnado de 1º C retrata á nosa mascota e todo o que ela alberga, oferta e comparte na nosa biblioteca.
Percebiño agarímanos con moitos recursos que axudan na nosa adocumentación, creatividade e imaxinación. |
Contos para pasalo de medo |
Por aquí xa andamos en temática de Samaín... e, neste caso, foi o alumnado de terceiro o que tivo a sorte de asistir a un contacontos financiado a través da biblioteca municipal: Contos para pasalo de medo a cargo de Carmen Domech!
|
PROXECTO CORRESPONDENCIA |
DESPOIS DA CREACIÓN DE BORRADORES, CORRECIÓN E PASADO A LIMPO. ESFORZÁNDOSE NA PRESENTACIÓN, AS CARTAS DO 2º TRIMESTRES XA FORON ENVIADAS AO ALUMNADO DE VIVEIRO POLOS VAGALUMES.
|
PODCAST "PEGADAS NA IAUGA: A SEMENTE QUE AGROMA" #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
PROGRAMA ESPECIAL DE RADIO SEN RADIO. REALIZADO POLO ALUMNADO DE 4º A (OS VAGALUMES) E DE 1º DE BACHERELATO DO IES PUNTA CANDIEIRA, DENTRO DO PROXECTO "PEGADAS NA IAUGA: A SEMENTE QUE AGROMA".
|
RECOMENDACIÓNS LECTORAS VERÁN #bescolaresgal #bescolaresgalabertas #recomendaciónslectoras #lecturas #libros #cultura |
|
GRUPOS INTERACTIVOS - COMUNIDADES DE APRENDIZAXE |
SESIÓNS DO MES DE XANEIRO DOS GRUPOS INTERACTIVOS DOS VAGALUMES COAS FAMILIAS VOLUNTARIAS.
|
DEREITO AO VOTO... GRACIAS CLARA CAMPOAMOR!! |
O DÍA 1 DE OUTUBRO CELEBRAMOS UNHA DATA MOI ESPECIAL. FAI 90 ANOS QUE A LOITA DA DEPUTADA CLARA CAMPOAMOR ABRÍU AS PORTAS ÁS MULLERES NO DEREITO AO SUFRAXIO. POR MOITAS MÁIS QUE VIRÁN PORQUE AÍNDA QUEDA MOITO CAMIÑO POR PERCORRER.
Podedes atopar moitos máis libros sobre valores, emocións... na nosa Biblioteca. Ven a visitarnos! |
Obradoiro "Deseña o teu contedor de plástico" |
O alunado está rematando as súas creacións para participar no RECICREA.
Ampliouse o prazo de entrega das maquetas e debuxos ata o xoves 5 de marzo.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »