Título | Resumo |
---|---|
Aprender a investigar en 4º |
O alunado de 4º de primaria na súa asignatura Aprender a investigar, programa os Mbots dende os ipads
para que realicen diferentes percorridos, acendan ou apaguen luces das cores asignadas na actividade... etc.
A tecnoloxía está en todas partes e as bibliotecas temos que ensinar a ler nos diferentes códigos que se presentan. A motivación está asegurada.
|
IV CONCURSO DE PODCASTS RADIO NA BIBLIO #Radionabiblio #ALFIN #AMI #LetrasGalegas22 #florenciodelgadogurriarán #bescolaresgal #bescolaresgalabertas @RadioGalega |
A comunidade educativa do Nicolás estamos de parabéns! O programa, Poemas Crioulos, presentado ao concurso de Radio na Biblio, polas Letras Galegas, resultou gañador na convocatoria. O podcast será difundido pola Radio Galega a través da páxina do Diario Cultural; así mesmo, será difundido a través dos medios web da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Chegado o momento será compartido no blog da BE "Carlos Labraña". Moitos parabéns!!
|
SONGS AND TALES |
|
CADERNO DE CAMPO VAGALUMES #euquedonacasa #bescolaresgalabertas |
Os vagalumes presentan o seu caderno de campo interactivo.
Esta actividade nace dentro do proxecto intercentros sobre o patrimonio inmaterial, no que participan Os Vagalumes e o alumnado de 1º de Bacharelato do IES Punta Candieira. Con anterioridade realizaron documentación e saída con Andrés Toxeiro. O traballo continuou dentro da aula cun caderno de campo e consolidouse nas casas coas achegas e vivencias diarias do alumnado de 4º.
Preme na man para localizar e usar os elementos interactivos.
|
DECONSTRUÍNDO A LUÍS SEOANE |
O Museo de Belas Artes de Coruña aproxima o proxecto Correspondencias pensando en achegar a arte á escola nestes tempos tan complicados. Luís Seoane é o artista escollido e estas son as deconstrucións dos Vagalumes de 1º C. Podedes ver máis creacións clicando na imaxe. |
Día do libro. 23 de abril. |
|
O Coronadiario |
A semana do 8 ao 12 de marzo conmemórase a Semana da Prensa e, o voluntariado da biblioteca participou creando esta exposición que vos ensinamos hoxe. Concretamente, traballaron con prensa escrita escollendo en diferentes xornais novas destacadas relacionadas có coronavirus, a vacinación, o traballo dos sanitarios... |
Experimentos de outono |
Seguimos có mes da ciencia en galego... neste caso, nunha das aulas de infantil! Os pequenos e pequenas de 4 anos están traballando có outono e qué mellor que facer pequenos experimentos para descubrir cousas novas. Aproveitando unhas follas secas que recolleron no chan do edificio do Areal traballaron unha chea de conceptos: tiveron que clasificar por cores, traballar a motricidade fina machancando as follas, facer trasvases, calcular cantidades... e, por suposto, escribir o experimento e as conclusións! Todo para descubrir cómo se forman as cores do outono!
|
FACEMOS GALLETAS. 5 ANOS |
BOAS FAMILIAS; ESTA SEMANA OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS FIXEMOS GALLETAS PARA APRENDER AS FASES DA LÚA. DEIXAMOS AQUÍ UN RESUMO DA ACTIVIDADE.
|
MÚSICA, POESÍA E ESTRELAS! ROSALÍA DE CASTRO - PODCASTS Nº 5 #DiadeRosalia #_rdc_2022 #Radionabiblio #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Aquí temos o quinto podcast para homenaxear a Rosalía de Castro, desexamos que a voz dun pobo vos faga pasar un intre agradable, que encha e quente corazóns e que manteña a expectativa para o vindeiro capítulo. Parabéns Rosalía!!
|
Descubrindo os segredos da biblio... - Formación Usuarios |
O inicio de curso implica retomar a formación de usuarios que facemos anualmente na biblioteca xa que só con alumnado informado e coñecedor dunhas pautas básicas para "funcionar" pola biblio, podemos exprimirlle todo o seu beneficio a este espazo tan marabilloso que temos no cole.
Nesta ocasión, a formación abarcou dende 5 anos ata 6º de primaria polo que mentres con algúns grupos traballamos principalmente as normas básicas, outros profundizaron na CDU... Deste xeito, houbo varias modalidades de formacións atendendo aos diferentes niveis de coñecemento da biblio: - As nenas e os nenos de 5 anos coñeceron a Percebiño, grazas a quén traballaron sobre as normas básicas da biblio, fixeron un pequeno xogo de pistas (có que reforzamos o coñecemento dos diferentes espazos) e iniciáronse no emprego dos marcadores e no buzón de Percebiño. - A rapazada de 1º Primaria traballou cun Genially moi chulo sobre as normas básicas, o emprego dos recursos, a organización por tempos dalgúns materiais coma os iPads (para facilitar que todos e todas teñan posibilidade de acceso) ou o préstamo de materiais para a casa. - Os grupos de 2º a 4º Primaria traballaron sobre os datos dos libros iniciándose ademáis no sistema de clasificación de idades recomendadas mediante cores e na CDU. - E xa por último, os e as maiores de 5º e 6º Primaria profundizaron na CDU traballando sobre os tejuelos e aportaron suxestións para montar a mini biblio no patio do Areal (destinada ao tempo de lecer e atendida por alumnado voluntario) ademais de aportar ideas para o curso e colaborar na creación dun buzón de suxerencias.
A verdade é que todos os grupos fixeron un gran traballo asi que, para que os vexades en acción, aquí vos deixamos un pequeno vídeo con imaxes recollidas durante as diferentes formacións!
Deixamos adxuntos os materiais empregados por se queredes botarlles unha ollada! E unha pequena carta para as familias.
|
Magdalenas de reno - Receitas de Nadal #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
A cociña da BE "Carlos Labraña" non parou de traballar nestas datas. A verdade é que todas as salas tiñan reservas para elaborar pratos exquisitos e practicar para logo poñer en práctica na casa. Unha destas receitas son as Magdalenas de reno do alumnado de 3º de Primaria e que non se quedou nisto só, pois aproveitou os datos numéricos para realizar problemas de razonamento matemático e traballar os verbos. Aquí tedes un pequeno vídeo do seu traballo. Para chupar os dedos!
|
Estas serán unhas "vacacións" moi especiais. #EuQuedoNaCasa #bescolaresgalAbertas |
A equipa de Biblioteca Carlos Labraña queremos desexarvos que gocedes da familia, estes días vannos ensinar a valorar cada unha das cousas que posuímos e que sempre demos por feitas. Ides aprender moito da vida en moi pouco tempo. Temos constancia de que cada un de vos está poñendo todo o seu esforzo en ser responsables. Desexamos que continuedes así: lavade as mans, non as levedes á cara, mantédevos na casa (salvo circunstancia maior)... Seguimos convosco, tédesnos no Facebook, no Twitter e no correo. Podedes preguntarnos o que desexedes, conversar con calquera de nosoutras, amosar os traballos que fixestes (sabedes que hai moitas propostas nas que podedes participar). Desta sairemos e sendo mellores! Contacto: https://facebook.com/bibliotecacarloslabranha/… @beCarlosLabrana biblio.nicolas.del.rio@gmail.com
|
OBRADOIRO PASTA DE SAL #bibliotecacreativa #STEAM #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º e 4º de Primaria segue as instruccións e realiza a receita da pasta de sal. Posteriormente realizan figuras para adornar o Nadal.
|
Diferentes formas de falar! |
O pasado día 3 de decembro celebrouse o día internacional das persoas con discapacidade e quedounos pendente falarvos dun marabilloso obradoiro que se levou a cabo nunha das salas da nosa biblioteca. O Departamento de Orientación preparou unhas actividades xeniais para o alumnado de Educación Infantil sobre outros linguaxes: a lingua de signos e os pictogramas. Así, nenas e nenos puideron coñecer un pouco máis sobre ambas e incluso formas as súas propias frases empregando pictogramas!
|
Retos argalleiros! |
A ciencia abarca moitos campos e por iso, dentro deste Mes da ciencia en galego, dende a biblioteca Carlos Labraña non quixemos deixar pasar a oportunidade de plantexar un obradoiro de robótica con un material moi chulo da biblioteca creativa: Lego WeDo.
Así, a través de diferentes e variados retos, a rapazada de 3º de Primaria tivo que poñerse mans á obra desenvolvendo habilidades STEAM e a súa capacidade de traballo en pequeno grupo, para poder levar a cabo todas as propostas e podemos dicir que o pasaron en grande! E, para mostra, aquí tendes un pequeno vídeo onde os veredes en acción!
|
ROTEIRO POR SANTO ANDRÉ DE TEIXIDO - XEOGRAFÍAS LECTORAS |
O alumnado de 1º continúa implicando ás familias nos roteiros polas nosas parroquias. Nesta ocasión Percebiño apareceu en Santo André de Teixido San Andrés de Teixido by Dulce e quen por alí pasaba en pirata acababa!
Poñendo en valor as verbas das avoas e dos avós gravaron algunhas das súas lendas. Este é o seu traballo, tamén podedes velo engadido no mapa que realizaron no primeiro trimestre. Parabéns Esquíos, Duendes e Vagalumes! |
PFPP - FORMACIÓN COCIÑA |
Formación do profesorado, dentro do PFPP, nesta ocasión Cociña: economía circular e alimentación sustentable.
|
RETO DE PESO - Biblioteca Inclusiva #biblioinclusiva #bescolaresgal |
O voluntariado toma as rendas e leva adiante o obradoiro! Que faríamos sen eles e elas?
Gracias rapazada!
|
A POESÍA TEN A PALABRA #poéticasdiversasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Lectura de poesía escollida polo alumnado. En tempos confusos como os que vivimos, cómpre viaxar polas
métaforas das imaxes e as palabras, asolagar as nosas bibliotecas
de poesía, buscar acubillo en versos reparadores, descubrir
a poética do máis pequeno e próximo...
Hai moitos ollos no mundo,
ollos ledos e baleiros,
pequerrechos, preguiceiros,
ollos tristes e profundos.
Ollos ollando os abrentes,
ollos con olladas frías,
ollos de noites e días,
olladas de ollos doentes.
Ollos claros e marróns,
azuis, negros, verde escuro,
ollos que baten nos muros,
ollos-corisco e limón.
Ollos das pombas feridas,
ollos limpos, meiguiceiros,
ollos que aluman carreiros,
ollos de olladas perdidas.
Hai moitos ollos na terra,
ollos ollando as olladas
doutros ollos e as moradas
de tantos ollos que berran.
Paseniño, paseniño. Antonio García Teijeiro
|
A biblio sempre actualizándose! |
A biblioteca é un espazo que non para de actualizarse grazas a suxerencias de mestres/as e da rapazada, melloras que se nos ocorren durante o día a día, actividades que se van demandando... Neste caso vos temos que contar que ademáis de libros novos (que damos fe que están moi solicitados!!), temos dúas cousiñas moi chulas: unha escaleira para facilitar que todo o alumnado que o desexe sexa quen de chegar a parte alta das estanterías e poida disfrutar de todos os libros que queira e, unha ampliación do espazo argalleiro que agora conta cunha zona xenial para carpintería, cunha mesa e moitos materiais adecuados a estas labores! Seguro que en breve vos contamos algún proxecto chulo resultado deste espazo!
|
PROXECTO: CEDEIRA É UNHA VILA! #ABP #ALFIN #AMI #Axenda2030 #aBEtenapalabra #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 2º de primaria investiga sobre o noso concello, o Estatuto de Autonomía de Galicia e a Constitución Española.
A biblioteca Carlos Labraña é un lugar de pesquizas e creacións. O producto final é a creación dun lapbook para recoller toda a información.
Posteriormente, aproveitan a celebración da Constitución para visitar o Concello de Cedeira. Alí ven as instalacións, coñecen a persoas que traballan no Concello, preguntan polas súas funcións, sentan na sala de pleno e realizan unha serie de preguntas preparadas na biblioteca. Deste xeito, relacionan contidos aprendidos dun xeito práctico e vivenciado.
Materias creados pola mestra Dulce e o blog de amestraCris.
|
LECTURA E FAMILIAS "Libro de familia" #LecturaeFamilias #FamiliasnaBE #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Este curso escolar, as bibliotecas escolares (BE Punta Candieira e BE "Carlos Labraña) xunto co Concello de Cedeira, aunamos esforzos para poñer en marcha o proxecto: Biblioteca Humana. Este proxecto foi seleccionado dentro da convocatoria de "Lectura e familias".
A BE "Carlos Labraña" é unha biblioteca LÍA e entre outras actuacións incide no desenvolvemento de experiencias de lectura para toda a comunidade escolar. A experiencia creativa "Libros de familia" a cargo de Pablo Otero, permitiú traballar historias cunha inmensa carga emotiva e crear un libro obxecto.
|
8 MARZO DÍA DA MULLER E DA NENA - EXPOSICIÓN #8M #8marzo #8marzodamuller #bescolaresgal #bescolaresgalabertas |
Xa podedes pasar pola biblioteca e coller fondos para a documentación da muller ou nena escollida (para o libro proposto polo equipo de dinamización lingûística e extraescolares) sobre as mulleres. Tedes libros na exposición e na CDU.
Podes atopar máis información en Nacións Unidas e Unesco.
Na escola e no Concello levaránse a cabo diversos eventos, actividades... para incidir na igualdade, algo que hai que ter presente tódolos días.
|
AMI: RUTINAS DE PENSAMENTO #bescolaresgalabertas |
O alumnado de 1º C, os Vagalumes, inician unha longa investigación, sobre un tema que hoxe está "na boca de todas e todos".
Comezan con esta rutina de pensamento, coa que aprenden a pensar e plantexarse preguntas. Tamén a razoar onde atoparán as respostas máis fiables. Que é o que saben do virus Sarc-Cov-2/Covid19? Saben moitas cousas que parecen impensables con só cinco ou seis anos de vida. Ollade! As oracións gardan fidelidade ás súas verbas e expresións.
Coinciden en pleno, que o que máis lles interesa saber é cando remata esta dura historia. Todo o planeta daría moito por obter esa resposta, grandes problemas se avistan para dar coa resposta. E o plano emocional, a palabra, morte lese entre liñas.
Hai dúas profesións claves para solucionar o problema e valoran moito a súa opinión. Tamén hai un lugar que ten gran importancia para a documentación: a biblioteca!
Este é o comezo dunha investigación complicada e que toca o corazón de todos. Saben de certo que será longa no tempo, a rapazada é moi lista!
Aprenderán nese camiño. Cada vez que din algo, teñen que xustificalo, explicar porque o dixeron, porque defenden esa postura. O mesmo espíritu crítico pediráselles na lectura ou escoita de calquera noticia, comunicado... coa intención de crear unha infancia que poña en dúbida a información, porque non todo vale. Para que mañá sexan adultos intelixentes e competentes, que entendan a diferencia entre unha información con datos contrastados e fiables dunha noticia falsa ou unha estafa.
|
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- 19
- 20
- 21
- …
- seguinte ›
- última »