Skip to main content

Letras Galegas 2024 #bescolaresgal #ConcellodeCedeira #letrasgalegas2024 #LuisaVillalta #bescolaresgalabertas

LETRAS GALEGAS 2024

Literarrúa 2024.

Víchedes algún cartel novo polas rúas de Cedeira?

O concello de Cedeira ofreceunos encher a Vila de versos galegos relacionados cos nomes das rúas e claro que quixemos participar nesta iniciativa. Aquí deixamos o vídeo do noso traballo. 

 

 

Onte, fomos ao auditorio a seguir conmemorando as Letras Galegas cunha actividade moi lúdica e creativa. Os rapaces do Correo do Vento, ensináronnos cancións, moitas palabras divertidas e sobre todo... ensináronnos a debuxar a Luisa Villalata.

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO HAMA BEADS #bescolaresgal #BibliotecaCreativa #bescolaresgalabertas

O alumnado de 2º B tivo o pracer de contar con Almudena

e Celia para facer un obradoiro de Hama beads.

Pasáronno en grande.

Agradecer ás familias a súa colaboración.

 

 

 

 

 

CLUB DE LECTURAS - TALLER DE MEMORIA #Lecturascompartidas #Clubsdelectura #FamiliasnaBE #bibliotecacreativa #bescolaresgal

Unha parte do alumnado do Club de Lecturas "Chocolate con libros"

achegouse ata o edificio do Auditorio manter unha xornada de

convivencia coas avoas e avós do taller de memoria que organiza a

mestra Marta. Foi unha experiencia moi gratificante na que, 

despois das presentacións, a rapazada máis pequena contoulles,

en pequenos grupos o conto de "Arturo e Clementina" de Adela Turín.

Logo os avós contaron tamen outros de tradición oral,

máis tarde tivemos sesión de xogos de mesa e rematamos

todos xuntos ao compás de "A praia do Varadeiro".

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COLOFÓN PROXECTO #PDI #ALFIN #AMI #Radionabiblio #bibliotecacreativa #bescolaresgal #bescolaresgalabertas

Como colofón do proxecto levado a cabo durante todo o curso escolar,

toda a comunidade do CEIP Nicolás del Río, queremos convidar ás nosas

xentes, á nosa vila a participar cantando "A praia do Varadeiro". Esta é

só unha de toda a inmensidade musical que coñecemos e traballamos

este ano, foi a canción que nos cantaron as avoas: Josefa Leonardo Díaz,

Victorina Garrote Garrote, Consuelo Quintana García (Meni), Estrella Leonardo

Martínez e Josefa López Rey. Ide practicando, que este venres 14 de xuño,

ás 9:20h, vémonos no muro da praia da Madalena, con ou sen instrumento

para cantar todos e todas xuntas.

Deixámosvos, abaixo en ficheiros adxuntos, o mp3 coa versión que cantaremos.

Se clicades arrriba veredes o vídeo coas estrofas que estamos ensaiando.

Repetiremos a canción dúas ou tres veces para gravar e quedarnos coa mellor versión.

Un proxecto de toda unha vila!

 

 

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
canción O VARADEIRO.mp31.98 MB